DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 2024 Páx. 26524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2022/372-4).

O 29.9.2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica LMT e CT A Granxa.

Tras a correspondente tramitación, o 22.12.2022, esta xefatura ditou unha resolución pola que se concedeu as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2022/372-4), que foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 17.1.2023.

O 6.2.2024, por problemas de permisos, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a declaración de utilidade pública para a instalación LMT e CT A Granxa (expediente IN407A 2022/372).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMT e CT A Granxa.

Situación: Vilanova de Arousa.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS), a 20 kV con condutor tipo RHZ1, 806 metros de lonxitude, coa orixe no apoio existente 9RNRIVM3, C-2000-18, da LMTA CBD804, no cal se realiza un paso aéreo subterráneo e se instala un interruptor telecontrolado, e final no centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación con 160 kVA, con RT 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36061A019005460000LF, no lugar da Granxa, no municipio de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2022/372-4.

Denominación: LMT e CT A Granxa.

Concello: Vilanova de Arousa.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT m2

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Cardalda-Deiro

Rústico

36061A019005460000LF

Manuel Calo Gabino e

Juan Carro Toures

14,97

2,17

8,91