DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 2024 Páx. 26526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de marzo de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Pontevedra (expediente DH.A36.95737).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Mª José Martínez Bugallo.

Expediente: DH.A36.95737.

Volume total anual: 718,75 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,36 l/s.

Destino: rega.

Orixe: manancial na parcela 2, polígono 129.

Lugar: O Pazo.

Parroquia: Mourente.

Concello: Pontevedra.

Descrición:

A auga cáptase no interior da mina-galería e condúcese ata a parcela 2594001NG3929S0000IL para rega desta e da 238, polígono 129.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra), con cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal

O interesado poderá presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 22 de marzo de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur