DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 2024 Páx. 26522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2023/561-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución dos apoios A4WSF6JL//D1-24 e A4HOC1X6//D1-35 e LMTS ATI712 no Painzal.

Situación: O Porriño.

Características técnicas:

– Substitución do apoio A4WSF6JL//D1-24 da LMTA ATI7120995 por un C-2000/16 e do A4HOC1X6//D1-35 da LMTA ATI7120956 por un C-3000/16. Instalación de SXS en cada apoio proxectado.

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1 de 1.026 metros e lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-2000/16, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no apoio proxectado C-3000/16, mediante outro paso aéreo subterráneo.

– LMTS a 15 kV, con condutor RHZ1, de 23 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-3000/16, mediante paso aéreo subterráneo, e final na LMTS existente ATI7120955, mediante empalme na arqueta proxectada.

A instalación está situada no lugar do Painzal, en Atios, no municipio do Porriño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/561-4.

Denominación: substitución dos apoios A4WSF6JL//D1-24 e A4HOC1X6//D1-35 e LMTS ATI712 no Painzal.

Concello: O Porriño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

Afeccións

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Campo da Viña

Rústico

36039A006013900000DU

Descoñecido/a

1,69

3,58

165,65

10,20

2

Pego

Rústico

36039A008006440000DK

Andrés Cuevas Expósito

1,69

7,65

27,10