Aprobado definitivamente, en virtude do Acordo plenario do 8 de febreiro de 2024, o Plan de actuación municipal fronte ao risco de inundacións do Concello de Xinzo de Limia, e de conformidade co artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, procédese á publicación do acordo para a súa entrada en vigor:
Aprobación definitiva do Plan de actuación municipal fronte ao risco de inundacións.
Expediente 6104/2023.
Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan de actuación municipal fronte ao risco de inundacións do Concello de Xinzo de Limia.
Segundo. Publicar o anuncio deste acordo de aprobación definitiva no BOP e no DOG, no taboleiro de anuncios do Concello e, xunto co documento aprobado e actualizado para consulta, na sede electrónica, e comunicar este acordo á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, á Policía municipal, a Protección Civil e demais interesados no expediente. Un exemplar do plan aprobado para consulta pública estará á disposición de calquera persoa interesada, ademais de na sede electrónica, nos servizos técnicos municipais.
Xinzo de Limia, 21 de marzo de 2024
Amador Díaz Penín
Alcalde