DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 26 de abril de 2024 Páx. 26302

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de febreiro de 2024, polo que se outorga a autorización administrativa previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, e a prevalencia sobre un monte veciñal en man común, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada regulamentación LMTA BCR807, apoios 268-A-10, 268-A-11, 268-A-12 e 268-A-14 (Cervantes), que discorre polo termo municipal de Cervantes (Lugo), e promove UFD Distribución Eléctrica, S.A. (expediente IN407A 2022/70-2).

En cumprimento do disposto no artigo 48.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, a Xefatura Territorial de Lugo dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de febreiro de 2024, polo que se outorga a autorización administrativa previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, e a prevalencia sobre un monte veciñal en man común, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada regulamentación LMTA BCR807, apoios 268-A-10, 268-A-11, 268-A-12 e 268-A-14 (Cervantes), que discorre polo termo municipal de Cervantes (Lugo), e promove UFD Distribución Eléctrica, S.A. (expediente IN407A 2022/70-2), que se recolle como anexo desta resolución.

Contra o dito acordo do Consello da Xunta de Galicia, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Lugo, 4 de abril de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de febreiro de 2024, polo que se outorga a autorización administrativa previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, e a prevalencia sobre un monte veciñal en man común, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada regulamentación LMTA BCR807, apoios 268-A-10, 268-A-11, 268-A-12 e 268-A-14 (Cervantes),
que discorre polo termo municipal de Cervantes (Lugo), e promove
UFD Distribución Eléctrica, S.A. (expediente IN407A 2022/70-2)

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 27.6.2022, UFD Distribución Eléctrica, S.A. (en diante, UFD) presentou as solicitudes de autorización administrativa previa, de construción e de declaración de utilidade pública da infraestrutura eléctrica denominada regulamentación LMTA BCR807, apoios 268-A-10, 268-A-11, 268-A-12 e 268-A-14, coa que se pretende a mellora das instalacións existentes da LMTA BCR807 (expediente 4342 AT) por danos en varios apoios de formigón, acompañada da seguinte documentación técnica:

1. Proxecto de execución da referida infraestrutura eléctrica do 30.7.2021, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández (colexiado núm. 1534 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia) o 19.4.2022.

2. Declaración responsable do técnico proxectista (incorporada no proxecto), segundo o exixido no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

3. Separatas técnicas para as entidades afectadas pola infraestrutura eléctrica proxectada: Concello de Cervantes, Confederación Hidrográfica del Cantábrico, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal e Instituto de Estudos do Territorio.

4. Relación de propietarios de bens e dereitos afectados do 15 de xuño de 2022 (en diante, RBDA).

Segundo consta no proxecto de execución presentado, as características máis salientables da instalación son as seguintes:

– Substitución dos apoios de formigón existentes núm. 268-A-10, 268-A-11, 268-A-12 e 268-A-14 da liña de media tensión aérea LMTA BCR807 por novos apoios de celosía metálicos de tipo C-18/2000 e C-16/2000.

– Substitución do condutor existente dos vans entre os apoios núm. 268-A-10 e 268-A-11, e entre os apoios núm. 268-A-12 e 268-A-14 cunha lonxitude de 306 metros, por condutor de tipo LA-56, retensando os condutores dos vans contiguos aos apoios substituídos.

– Orzamento de execución material: 16.335,55 €.

Segundo. O 19.9.2022, a Xefatura Territorial de Lugo (en diante, XTLugo) ditou acordo polo que se someteron a información pública as solicitudes feitas por UFD, de autorización administrativa previa, de construción e de declaración, en concreto, de utilidade pública, da instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA BCR807, apoios 268-A-10, 268-A-11, 268-A-12 e 268-A-14, que se publicou en varios diarios (DOG núm. 195, do 13 de outubro de 2022, e La Voz de Galicia do 27 de setembro de 2022) e foi exposto no taboleiro de anuncios do concello afectado. Simultaneamente, como o MVMC titular do único predio afectado que figura na RBDA publicada non dispón de xunta reitora, e descoñécese por tanto o enderezo para efectos de notificación, a XTLugo ditou un anuncio o 3 de febreiro de 2023, para os efectos da súa notificación, que se publicou no DOG (núm. 33, do 16 de febreiro de 2023) e no taboleiro de edictos único do BOE (núm. 44, do 21 de febreiro de 2023).

Durante o período de información pública non se presentaron alegacións.

Terceiro. O 3.8.2022 e o 24.10.2022, a XTLugo trasladou as separatas técnicas, para os efectos de obter os seus informes ao respecto, ás seguintes entidades afectadas pola referida infraestrutura eléctrica: Concello de Cervantes, Confederación Hidrográfica del Cantábrico, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal e Instituto de Estudos do Territorio.

UFD manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos polas seguintes entidades: Concello de Cervantes, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Servizo de Montes e Instituto de Estudos do Territorio.

Non consta no expediente que teña emitido informe a Confederación Hidrográfica del Cantábrico.

Cuarto. Para os efectos de determinar a posible concorrencia de utilidades públicas da referida infraestrutura eléctrica cos terreos de montes veciñais en man común, o Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural emitiu informe ao respecto durante o trámite de separatas técnicas, do cal se deu traslado a UFD.

O Servizo de Montes de Lugo emitiu informe, o 28 de novembro de 2023, en que se fai constar a afección a un monte veciñal en man común no concello de Cervantes (Albares e Serrado).

Quinto. Como o MVMC, titular do único predio afectado que figura na RBDA publicada, non dispón de xunta reitora, e se descoñece por tanto o enderezo para os efectos de notificación, a XTLugo deulle audiencia ao titular ditando un anuncio o 27 de xaneiro de 2023, que se publicou no DOG núm. 31, do 14 de febreiro, e no taboleiro de edictos único do BOE núm. 41, do 17 de febreiro, pero non consta contestación.

Sexto. O 3 de outubro de 2023, a XTLugo, de acordo co establecido no artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, remitiu copia completa do resultado do trámite de audiencia ao Servizo de Montes de Lugo para que emita informe sobre a compatibilidade ou incompatibilidade do aproveitamento afectado.

Sétimo. O Servizo de Montes de Lugo emitiu informe, o 29 de novembro de 2023, no que se conclúe literalmente o seguinte:

«En cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, infórmase favorablemente sobre a compatibilidade da regulamentación LMTA BCR807, apoios 268-A-10, 268-A-11, 268-A-12 y 268-A-14, sempre que se cumpra a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa, por parte do promotor, durante toda a súa vida útil, no termo municipal de Cervantes».

Oitavo. O 28.12.2022, a XTLugo informou favorablemente a autorización administrativa previa e de construción da instalación de referencia.

Noveno. O 15.2.2024, a XTLugo emitiu informe sobre a tramitación realizada en relación co referido expediente (IN407A 2022/70-2), considerando que se seguiron os trámites de procedemento legalmente establecidos.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A lexislación de aplicación aos procedementos tramitados no presente expediente é a seguinte:

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

• Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

• Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

• Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

• Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

• Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para facer esta proposta, conforme o establecido no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a súa estrutura orgánica (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e o Consello da Xunta de Galicia é competente para adoptar o acordo proposto, de conformidade co disposto no artigo 53.3 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro.

Terceiro. A respecto das entidades afectadas pola liña eléctrica proxectada que durante o trámite de separatas non se manifestaron, cómpre indicar que de conformidade co disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar, enténdese a conformidade coa liña eléctrica proxectada da Confederación Hidrográfica del Cantábrico por non contestar á petición de condicionado.

Cuarto. A respecto da concorrencia de utilidades públicas da referida infraestrutura eléctrica cos terreos dos montes afectados (montes veciñais en man común), cómpre indicar o seguinte:

• En cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, o Servizo de Montes de Lugo informa favorablemente sobre a compatibilidade da nova regulamentación LMTA BCR807, apoios 268-A-10, 268-A-11, 268-A-12 e 268-A-14, sempre que se cumpra a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa, por parte do promotor, durante a súa vida útil.

• Polo que respecta ao MVMC, a Lei 13/1989, do 10 de outubro, establece no seu artigo 6.1 que só poderán ser obxecto de expropiación forzosa ou impoñérselles servidumes por causa de utilidade pública ou interese social prevalente aos dos propios montes veciñais. En consecuencia, e para os efectos de poder iniciar, de ser o caso, o correspondente expediente expropiatorio, cómpre declarar a prevalencia da utilidade pública da instalación sobre a utilidade pública do MVMC afectado.

Quinto. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente, de conformidade co disposto no artigo 53.3 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, o que establece que nos casos previstos neste artigo (concorrencia de utilidade ou intereses públicos con MVMC), o Consello da Xunta de Galicia é o competente para declarar a utilidade pública e a eventual compatibilidade ou prevalencia da liña de alta tensión (LAT) sobre os MVMC.

De conformidade con todo o que antecede, proponse que o Consello da Xunta de Galicia adopte o seguinte

ACORDO:

– Outorgar a autorización administrativa previa e de construción para o proxecto de execución da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada regulamentación LMTA BCR807, apoios 268-A-10, 268-A-11, 268-A-12 e 268-A-14, que discorre polo termo municipal de Cervantes (Lugo) e promove UFD Distribución Eléctrica, S.A. (en diante, UFD) (expediente IN407A 2022/70-2).

– Declarar a utilidade pública, en concreto, da dita infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

– Declarar a prevalencia da dita infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica co monte veciñal en man común (MVMC) de Albares e Serrado, no concello de Cervantes (Lugo).

Este acordo axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución titulado regulamentación LMTA BCR807, apoios 268-A-10, 268-A-11, 268-A-12 e 268-A-14, do 30 de xullo de 2021, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández o 19 de abril de 2022 e con declaración responsable da mesma data, e no que figura un orzamento de execución material de 16.335,55 €.

2. A empresa promotora (UFD) asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manteñan as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, aprobados polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC RAT 01 a 23, aprobados polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

3. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante a xefatura territorial, acompañada da documentación exixible de acordo co punto 3 da ITC-LAT 04 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, quen deberá estendela tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

4. En canto aos bens e dereitos afectados por esta infraestrutura eléctrica e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, o promotor procederá a realizar os correspondentes cruzamentos e afeccións de acordo cos condicionados e informes emitidos por estes.

5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos neste acordo ou a variación substancial dos orzamentos que determinaron a súa adopción poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao promotor, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

6. Este acordo adóptase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da referida infraestrutura eléctrica, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente, tal e como dispón o título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

7. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 48.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.