DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Xoves, 25 de abril de 2024 Páx. 25782

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2024/25.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, nos seus artigos 54, 55, 56 e 57 establece as bases para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores. Así mesmo, o Real decreto 1614/2009, do 26 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no seu artigo 12, modificado no artigo 5 do Real decreto 628/2022, do 26 de xuño, indica os requisitos de acceso ás ensinanzas artísticas oficiais conducentes aos títulos de grao en ensinanzas artísticas superiores dos diferentes ámbitos.

Estes requisitos recóllense igualmente nos decretos que establecen os respectivos plans de estudos das ensinanzas artísticas superiores en Galicia. O Decreto 179/2015, do 29 de outubro, establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática na Comunidade Autónoma de Galicia. O Decreto 174/2015, do 29 de outubro, establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas especialidades de bens arqueolóxicos, escultura e pintura, na Comunidade Autónoma de Galicia. O Decreto 172/2015, do 29 de outubro, establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 41/2023, do 20 de abril, polo que se modifica o Decreto 172/2015, do 29 de outubro, establece novos itinerarios. O Decreto 163/2015, do 29 de outubro, establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Música, nas especialidades de composición, interpretación, musicoloxía e pedagoxía, na Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 171/2016, do 24 de novembro, establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Música, nas especialidades de dirección e produción e xestión, e amplía os anexos do plan de estudos correspondente á especialidade de interpretación, establecido no Decreto 163/2015, do 29 de outubro, mediante a incorporación de novos itinerarios. Así mesmo, os devanditos decretos establecen que a consellería competente en materia de educación, a través da dirección xeral correspondente, convocará, organizará, desenvolverá e avaliará, con carácter anual, unha proba específica de acceso a estes estudos superiores.

As ordes do 21 de novembro de 2016 polas que se regulan as ordenacións das distintas ensinanzas superiores de Arte Dramática, de Conservación e Restauración de Bens Culturais, de Deseño e de Música, en desenvolvemento dos seus decretos correspondentes, nos seus artigos 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9 regulan, respectivamente, os requisitos xerais para o acceso, a proba específica de acceso, as características desta proba específica, a proba que substitúe o requisito de titulación, a convocatoria das probas de acceso, o acceso para aspirantes con discapacidade e o acceso para deportistas de alto rendemento e/ou nivel.

Por outra banda, o Decreto 89/2013, do 13 de xuño, fixa os prezos públicos correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de música e artes escénicas, de idiomas, deportivas, de conservación e restauración de bens culturais e nos estudos superiores de deseño. Así mesmo, a instrución conxunta da Axencia Tributaria de Galicia e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa sobre a aplicación de prezos públicos nas ensinanzas de réxime especial, do 5 de xuño de 2015, establece o procedemento para a xestión do establecido no devandito decreto.

Por todo o exposto, en virtude das atribucións que lle foron conferidas a esta dirección xeral polo Decreto 119/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional,

RESOLVO:

Primeiro. Obxecto

1. A presente resolución ten por obxecto convocar as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2024/25 e ditar instrucións sobre os aspectos organizativos e o desenvolvemento do procedemento.

2. Para o efecto de cumprir o punto anterior, dítanse as instrucións xerais e os calendarios específicos para cada ensinanza, inseridos nos anexos do seguinte xeito:

a) Proba que substitúe o requisito de titulación: anexo I.

b) Ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática: anexo II.

c) Ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais: anexo III.

d) Ensinanzas artísticas superiores de Deseño: anexo IV.

e) Ensinanzas artísticas superiores de Música: anexo V.

3. A oferta de prazas en cada centro de ensinanzas artísticas superiores será publicada a través do portal educativo (https://www.edu.xunta.gal) e dos taboleiros dos centros educativos correspondentes.

Segundo. Condicións das persoas aspirantes

1. Requisitos comúns:

a) De acordo co establecido no artigo 12.1 do Real decreto 1614/2009, do 26 de outubro, o acceso ás ensinanzas oficiais conducentes aos títulos de grao en ensinanzas artísticas superiores dos diferentes ámbitos requirirá estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, así como a superación das correspondentes probas específicas a que se refiren os artigos 54, 55, 56 e 57 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) De conformidade co establecido no artigo 4.1 das ordes do 21 de novembro de 2016, das ensinanzas artísticas superiores correspondentes, a proba específica de acceso levarase a cabo para cada especialidade e itinerario, cando proceda, e terá como finalidade valorar a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estas ensinanzas, e axustarase ao disposto no artigo 5 das citadas ordes, segundo a especialidade a que se opte.

c) De conformidade co establecido no artigo 6 das ordes do 21 de novembro de 2016, das ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Conservación e Restauración de Bens Culturais, e de Deseño, as persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaoito anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba. Para o acceso a ensinanzas artísticas superiores de Música a idade mínima admitida para a realización desta proba será de dezaseis anos. A devandita proba desenvolverase segundo o establecido no anexo I desta resolución.

2. Situacións específicas de alumnado que cursa bacharelato:

a) Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no procedemento de acceso e admisión e realizar a devandita proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez que estas acrediten estaren en condicións para a obtención do título de bacharelato.

b) As persoas que estean pendentes do procedemento de revisión no centro, ou de resolución da xefatura territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, ao respecto de reclamacións das cualificacións de materias de segundo curso de bacharelato ou das cualificacións nas materias pendentes de primeiro curso de bacharelato, deberán presentar igualmente a solicitude de inscrición para o acceso e admisión a estas ensinanzas artísticas superiores no prazo establecido na presente resolución. De permitir o resultado da reclamación a obtención do título de bacharelato, a persoa aspirante poderá optar á asignación de praza, sempre que supere a proba específica e acredite estar en condicións para a obtención do título de bacharelato antes da adxudicación.

3. Acceso para aspirantes con discapacidade:

a) En cada centro de ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia reservarase un 10 % das prazas ofertadas en cada especialidade e itinerario, de ser o caso, para as persoas aspirantes que superen a proba específica de acceso e que acrediten o recoñecemento oficial dun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. As prazas reservadas para estas persoas aspirantes que non poidan ser adxudicadas serán ofrecidas ás demais persoas aspirantes pola orde que lles corresponda.

b) De acordo co establecido no artigo 8 das ordes do 21 de novembro de 2016, das ensinanzas artísticas superiores correspondentes, as persoas aspirantes ao acceso e á admisión nas ensinanzas artísticas superiores que presenten algunha discapacidade poderán requirir a adaptación que corresponda para a realización das probas de acceso ás devanditas ensinanzas. Para tal efecto, as persoas aspirantes deberán presentar, xunto coa súa inscrición no procedemento de acceso e admisión, a documentación que acredite oficialmente a súa discapacidade e unha solicitude de adaptación dos medios e condicións de realización da proba de acceso que corresponda.

c) Correspóndelle ao tribunal encargado da organización, realización e cualificación de cada proba adoptar as medidas precisas e adaptar os medios e as condicións de realización da proba, co obxecto de permitir que as persoas aspirantes con discapacidade poidan realizar a proba correspondente en condicións de igualdade co resto de aspirantes.

4. Acceso para deportistas de alto rendemento e/ou nivel:

Conforme o establecido no artigo 9 das ordes do 21 de novembro de 2016, das ensinanzas artísticas superiores correspondentes, en cada centro da Comunidade Autónoma de Galicia en que se impartan estes estudos reservaranse adicionalmente as prazas necesarias en cada especialidade para o acceso das persoas aspirantes coa condición de deportista galego de alto nivel e/ou rendemento que reúnan os requisitos académicos establecidos.

5. Acceso directo para persoas en posesión do título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño:

a) Poderá acceder ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais e de Deseño, sen necesidade de realizar a proba específica de acceso, quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.

b) As persoas aspirantes que opten polo acceso directo deberán formalizar igualmente a súa inscrición no proceso de acceso e admisión, segundo o procedemento e calendario establecidos nesta resolución para as persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato.

c) No caso de que a persoa aspirante estea pendente da avaliación do proxecto final ou da avaliación final de ciclo, para a obtención dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño na convocatoria de xuño do ano académico 2023/24 e, en consecuencia, non dispoña do título antes de finalizar o prazo de inscrición, poderá igualmente formalizar a súa inscrición para o acceso e admisión nas ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais e de Deseño, segundo o calendario establecido nesta resolución para as persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato, e deberá presentar con anterioridade á publicación da listaxe provisional de adxudicacións a certificación de ter solicitado o devandito título.

Terceiro. Solicitudes e documentación

1. Solicitudes de inscrición:

a) O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata a data especificada nos anexos para cada ensinanza artística superior e, de ser o caso, situación de titulación das persoas solicitantes. Para tal fin, os centros deberán expor nos seus taboleiros de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado, así como o número de prazas ofertadas en cada especialidade e itinerario, cando corresponda, con indicación das prazas reservadas para as persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

b) Con carácter xeral, as solicitudes cubriranse de xeito telemático completando o formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). As persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade estranxeiro (NIE) deberán acceder ao formulario de inscrición directamente nas secretarías dos centros.

c) Para completar o proceso de inscrición deberase presentar, nos prazos establecidos na presente resolución, a solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría do centro de ensinanzas artísticas superiores en que a persoa aspirante solicite realizar a proba específica de acceso, agás as persoas aspirantes ás ensinanzas artísticas superiores de Música e as persoas aspirantes pola quenda de acceso directo ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño, que deberán entregar esta documentación nas secretarías dos centros sinalados na súa solicitude de inscrición como primeira opción para cursar estudos.

d) Esta solicitude de inscrición será única e vinculante para o curso 2024/25, sen posibilidade de modificación unha vez rematado o prazo de inscrición establecido na presente resolución.

e) No caso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, na solicitude de inscrición deberase indicar a especialidade, e itinerario cando proceda, que se desexa cursar, así como a escola de arte e superior de deseño a que se desexa acceder, por orde de preferencia ata un máximo de catro opcións. Igualmente, as persoas aspirantes deberán sinalar nesta solicitude o centro educativo en que se seleccione realizar as probas específicas.

f) No caso das ensinanzas artísticas superiores de Música, na solicitude de inscrición deberase indicar a especialidade, e itinerario cando proceda, que se desexa cursar, así como a preferencia de centro a que se desexa acceder. Con independencia do centro de entrega da documentación para a inscrición, as probas específicas para cada especialidade e itinerario terán lugar nos centros detallados no anexo V da presente resolución.

g) As persoas aspirantes poderán presentar renuncia á súa participación neste procedemento en calquera das súas fases na secretaría en que presenten a súa solicitude de inscrición.

2. Documentación que as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude:

a) Copia de DNI, NIE ou pasaporte.

b) Xustificante do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17 de xuño), consonte un destes modelos oficiais, xunto cos certificados de exención ou redución correspondente, cando proceda:

– Modelo E (autocopiativo en papel facilitado nas secretarías dos centros).

– Modelo AI.

– Modelos 730 e 731, xerados electronicamente no portal da internet da Axencia Tributaria de Galicia (https://ovt.atriga.gal).

O pagamento dos prezos públicos correspondentes ás probas de acceso non poderá ser fraccionado.

c) Documentación académica segundo proceda:

– Título de bacharelato.

– Certificación académica do bacharelato con indicación de materias pendentes, cando corresponda.

– Certificación de ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

– Título de ensinanzas artísticas superiores.

– Título universitario.

– Título de técnico superior.

– Certificado de superación da proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato correspondente a convocatorias anteriores.

– No caso das persoas aspirantes ao acceso nas ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais e de Deseño que opten pola quenda de acceso directo, título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño ou documento que acredite o aboamento do depósito do correspondente título, ademais de certificación académica, con expresión da nota media do expediente nos termos indicados nos anexos III e IV desta resolución, segundo corresponda.

– No caso das persoas aspirantes ao acceso nas ensinanzas artísticas superiores de Música, título profesional de música ou documento que acredite o aboamento do depósito do correspondente título, ademais de certificación académica, con indicación da nota media do expediente, nos termos indicados no anexo V desta resolución.

d) Documento acreditativo do grao de discapacidade e solicitude de adaptación dos medios e condicións de realización da proba de acceso que corresponda, de ser o caso.

e) Documento acreditativo da condición de deportista galego de alto nivel e/ou rendemento, de ser o caso.

Cuarto. Tribunal

a) De acordo co establecido no artigo 7 das ordes do 21 de novembro de 2016, das ensinanzas artísticas superiores correspondentes, a Dirección Xeral de Formación Profesional nomeará os membros dos tribunais para a organización, realización, avaliación e cualificación da proba específica de acceso.

b) Os tribunais serán publicados no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal) coa debida antelación.

c) As direccións dos centros garantirán a actuación destes tribunais e organizarán a distribución horaria e de espazos de ocupación do tribunal que actúe nas probas correspondentes. Asemade, as direccións dos centros poderán designar o persoal docente necesario para o correcto desenvolvemento das probas específicas en cada centro educativo.

d) As direccións dos centros remitirán á Dirección Xeral de Formación Profesional a documentación relativa ao procedemento de acceso nos prazos establecidos nesta resolución.

Quinto. Publicación das listaxes

1. Concluído o prazo de presentación de solicitudes en cada caso, segundo o indicado nos anexos correspondentes, publicarase a relación provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas, con expresión neste último caso das causas que motivaron a exclusión, e o lugar de realización da proba específica. As devanditas listaxes exporanse no taboleiro de anuncios de cada centro, así como no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal).

2. As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dous días tras a publicación da listaxe provisional para emendar as causas que motivaron a súa exclusión. Esta reclamación presentarase no mesmo centro onde se realizou a entrega da solicitude de inscrición e irá dirixida á Dirección Xeral de Formación Profesional.

3. A listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización das probas farase pública nos taboleiros de anuncios de cada centro, así como no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal), nas datas especificadas para cada ensinanza nos anexos correspondentes desta resolución.

4. Ao abeiro da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, para os efectos de publicación das listaxes provisionais e definitivas de cualificacións e de adxudicacións empregaranse os taboleiros de anuncios do interior dos recintos escolares sen visibilidade desde o exterior dos centros de ensinanzas artísticas superiores, así como os medios telemáticos que se establezan para tal efecto, respectando o establecido na disposición adicional sétima da citada lei orgánica.

Sexto. Lugar, datas e desenvolvemento das probas de acceso

1. A proba para as persoas aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 30 de maio no IES San Clemente de Santiago de Compostela, segundo o establecido no anexo I desta resolución e de acordo coa normativa vixente.

2. As probas específicas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores terán lugar nos centros de ensinanzas artísticas superiores de Galicia, segundo o calendario que figura nos anexos desta resolución e de acordo co establecido no artigo 5 das ordes do 21 de novembro de 2016, das ensinanzas artísticas superiores correspondentes. Para estes efectos, os lugares das probas específicas ás ensinanzas artísticas superiores serán publicados no portal educativo desta consellería.

Sétimo. Adxudicacións

As vacantes existentes adxudicaranse segundo a orde de prelación resultante das cualificacións finais obtidas polas persoas aspirantes, segundo o indicado no anexo correspondente para cada ensinanza artística superior. As opcións consignadas na solicitude de inscrición no procedemento de acceso serán vinculantes para a asignación de prazas e non poderán ser modificadas.

Oitavo. Matrícula

1. De conformidade co establecido no artigo 4 das ordes do 21 de novembro de 2016 das ensinanzas artísticas superiores correspondentes, a superación da proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores faculta, unicamente, para matricularse no ano académico e na especialidade para a que a proba específica fose convocada e realizada, en calquera dos centros do Estado en que se cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da dispoñibilidade de prazas.

2. As persoas aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula nos prazos indicados no anexo desta resolución para a ensinanza artística superior a que accedan.

3. Para formalizar a matrícula, as persoas interesadas dirixiranse aos centros de adxudicación, onde se lles facilitarán os modelos para o efecto. Unha vez cubertos, entregarase a matrícula na secretaría do centro, que se xuntará á documentación xa presentada pola persoa aspirante.

4. Os centros de ensinanzas artísticas superiores de Galicia remitirán, nos prazos indicados nos anexos desta resolución, á Dirección Xeral de Formación Profesional, a listaxe de alumnado matriculado en cada especialidade e itinerario, así como a relación de prazas vacantes por especialidade e itinerario e o calendario de matrícula e celebración no caso de se realizaren probas extraordinarias no mes de setembro. De existiren prazas vacantes nas distintas especialidades e itinerarios, publicaranse nos taboleiros de anuncios dos respectivos centros e nas súas páxinas web, con indicación das quendas nas ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais e de Deseño.

5. A posta en marcha de cada especialidade estará condicionada á existencia dun mínimo de alumnado admitido, sen se cuantificar para estes efectos o alumnado repetidor.

Noveno. Reclamacións

1. Reclamacións contra a cualificación da proba específica:

a) As persoas aspirantes poderán reclamar contra a cualificación da proba específica de acceso, de acordo co establecido nas ordes do 21 de novembro de 2016, das ensinanzas artísticas superiores correspondentes, perante a dirección do centro en que a persoa aspirante realizase a proba, no prazo de dous días contados a partir do día seguinte ao da comunicación da cualificación provisional. A dirección do centro, logo de recibido o informe do tribunal avaliador correspondente, emitirá resolución motivada ao respecto.

b) Contra a resolución emitida en resposta á reclamación contra a cualificación da proba específica de acceso, a persoa interesada poderá presentar recurso de alzada, perante a xefatura territorial correspondente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación. No caso de que o recurso se presente a través do centro, a dirección tramitarao, xunto coa documentación correspondente, nun prazo non superior a 48 horas. A resolución da xefatura territorial porá fin á vía administrativa.

2. Reclamacións contra a adxudicación:

a) As persoas aspirantes poderán reclamar contra a adxudicación perante a dirección do centro en que a persoa aspirante presentase a súa solicitude de inscrición, no prazo de dous días contados a partir do día seguinte ao da comunicación da adxudicación provisional. A Dirección Xeral de Formación Profesional, logo de recibida a documentación preceptiva por parte da dirección do centro, publicará as listaxes definitivas de adxudicación.

b) Contra a adxudicación definitiva, a persoa interesada poderá presentar recurso de alzada perante a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación. No caso de que o recurso se presente a través do centro, a dirección tramitarao xunto coa documentación correspondente nun prazo non superior a 48 horas. A resolución da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional porá fin á vía administrativa.

Décimo. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais solicitados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e dos contidos da Carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2024

María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional

ANEXO I

Proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato
para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores

1. A proba que substitúe o requisito de titulación establécese no artigo 6 das ordes do 21 de novembro de 2016 polas que se regulan as ordenacións das ensinanzas superiores de Arte Dramática, de Conservación e Restauración de Bens Culturais, de Deseño e de Música, en desenvolvemento dos seus respectivos decretos.

2. A esta proba poderán presentarse as persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou non superasen a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e teñan 18 anos de idade ou os cumpran no ano 2024. No caso de formalizar a inscrición para o acceso ás ensinanzas superiores de Música, a idade mínima requirida para a realización desta proba será de 16 anos ou que se cumpran no ano 2024.

3. As persoas aspirantes deberán ter feito constar o seu desexo de realizar esta proba na epígrafe correspondente da inscrición, e para a súa realización deberán presentar, o día da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla de solicitude de inscrición.

4. As persoas aspirantes deberán realizar un total de cinco exames no IES San Clemente, rúa de San Clemente, s/n, Santiago de Compostela, o día 30 de maio de 2024, de acordo co seguinte horario:

9.30 horas: presentación.

Das 10.00 ás 11.00 horas: Filosofía.

Das 11.00 ás 12.00 horas: Historia de España.

Das 12.15 ás 13.15 horas: Lingua Galega e Literatura.

Das 13.15 ás 14.15 horas: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).

Das 16.00 ás 17.00 horas: Lingua Castelá e Literatura.

5. Características da proba.

Os exames de Lingua Castelá e Literatura, Lingua Estranxeira (inglés ou francés) e Lingua Galega e Literatura constarán cada un deles de dous exercicios. O primeiro exercicio será tipo test e o segundo consistirá na produción dun texto escrito.

Os exames de Filosofía e Historia de España constarán cada un deles de dous exercicios. O primeiro exercicio será tipo test e o segundo consistirá nun comentario a partir dun texto proposto.

6. Contido das probas.

Tomarase como referencia o currículo de bacharelato recollido no Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Valoraranse os coñecementos e o grao de madureza en relación cos obxectivos do bacharelato, así como a correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e síntese.

7. Cualificación da proba.

A cualificación final da proba expresarase unicamente como apto/a ou non apto/a.

Cada un dos cinco exames cualificarase entre 0 e 10 puntos.

A cualificación apto/a obterase cando a media aritmética das cualificacións obtidas en cada un dos cinco exames, calculada con dous decimais, sexa igual ou superior a 5. A cualificación non apto/a obterase cando a media aritmética das cualificacións obtidas en cada un dos cinco exames, calculada con dous decimais, sexa inferior a 5.

Así mesmo, a cualificación final da proba será non apto/a cando a persoa aspirante non se presente a algún dos cinco exames de que consta a proba.

8. Listaxe de resultados e período de reclamacións.

O día 4 de xuño, o tribunal publicará as cualificacións provisionais obtidas polas persoas aspirantes nos taboleiros de anuncios do interior do recinto escolar de cada centro de ensinanzas artísticas superiores e a través do portal educativo (https://www.edu.xunta.gal).

Poderanse presentar reclamacións contra as cualificacións provisionais os días 5 e 6 de xuño, ante o/a presidente/a do tribunal avaliador, no centro onde se realizase a inscrición. Neste mesmo período, os centros remitirán á Dirección Xeral de Formación Profesional as reclamacións presentadas para proceder á súa revisión.

As cualificacións definitivas publicaranse o día 10 de xuño, no taboleiro de anuncios de cada centro e a través do portal educativo (https://www.edu.xunta.gal).

Contra as cualificacións definitivas, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Formación Profesional, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

9. Emisión de certificación.

Unha vez publicada a listaxe definitiva de persoas aspirantes que superaron a proba, a Dirección Xeral de Formación Profesional remitirá os correspondentes certificados de ter superado a proba aos centros superiores onde as persoas aspirantes realizaron a inscrición.

10. Validez das probas.

De conformidade co artigo 6 das ordes do 21 de novembro de 2016 polas que se regulan as ordenacións das ensinanzas superiores de Arte Dramática, de Conservación e Restauración de Bens Culturais, de Deseño e de Música, a superación da proba que substitúe o requisito de titulación terá validez permanente para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores correspondentes en todo o Estado.

11. Tribunal da proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato.

O tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores será designado pola persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional.

12. Resumo do calendario de probas substitutivas do requisito de bacharelato.

Parte do procedemento

Data

a. Fase de inscrición

Prazo de inscrición

Desde o día seguinte ao da publicación no DOG ata o 21 de maio

Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas

23 de maio

Período de reclamación contra a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas

24 e 27 de maio

Publicación de listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas

28 de maio

b. Fase de probas e cualificacións

Proba substitutiva do requisito de bacharelato

30 de maio

Publicación da listaxe provisional de cualificacións

4 de xuño

Período de reclamación contra a listaxe provisional de cualificacións da proba substitutiva

5 e 6 de xuño

Publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba substitutiva

10 de xuño

ANEXO II

Probas específicas de acceso ás ensinanzas artísticas
superiores de Arte Dramática

1. Prazos de presentación de solicitudes e publicación de listaxes de persoas admitidas.

O prazo de presentación de solicitudes de inscrición comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 21 de maio, ambos os dous incluídos. As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato poderán presentar solicitude ata o 25 de xuño, inclusive. Para tal fin, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia deberá expor no seu taboleiro de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado, así como o número de prazas ofertadas en cada especialidade, con indicación das prazas reservadas para as persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, segundo se especifica no punto 3 do ordinal segundo da presente resolución.

Ao abeiro do indicado no ordinal quinto da presente resolución, a relación provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas que se acollan á realización da proba que substitúe o requisito de bacharelato publicarase o 23 de maio. A relación definitiva destas persoas aspirantes publicarase o 28 de maio.

A relación provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de bacharelato publicarase o 27 de xuño. A relación definitiva destas persoas aspirantes publicarase o 3 de xullo.

2. Lugar, datas e desenvolvemento das probas específicas de acceso.

a) As probas específicas de acceso desenvolveranse de acordo co establecido nos artigos 4 e 5 da Orde do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática.

b) As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.

c) Realizaranse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, rúa da Poza Cabalo, s/n, Vigo, e terán lugar a partir do día 8 de xullo, de acordo co calendario e horario que estableza o tribunal encargado da súa realización e cualificación.

3. Características da proba específica de acceso.

A proba de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática será realizada por especialidades. Constará dunha única proba, que comprenderá diferentes exercicios, referidos á especialidade pola que opten as persoas aspirantes.

a) Na especialidade de Dirección escénica e dramaturxia consistirá, como mínimo, nun traballo escrito que implicará o desenvolvemento dunha proposta escénica, nun exercicio breve de dirección de grupos, na escrita dun texto breve a partir dunha situación dramática, e nunha entrevista persoal.

b) Na especialidade de Escenografía consistirá, como mínimo, na realización dun debuxo do natural e dun deseño escenográfico a partir dos motivos que en cada caso se propoñan, e nunha entrevista persoal.

c) Na especialidade de Interpretación consistirá, como mínimo, en dúas sesións de traballo cunha duración non superior a catro horas cada unha, nas cales se realizarán diferentes actividades expresivas propias da especialidade, e nunha entrevista persoal.

O tribunal encargado da organización, realización e cualificación da proba específica de acceso porá en coñecemento das persoas aspirantes o contido e a duración da entrevista persoal establecida nas letras a), b) e c) do presente punto e os criterios de cualificación.

4. Cualificación da proba específica e publicación de listaxes.

a) A cualificación global da proba específica de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática expresarase en termos numéricos nunha escala de 0 ao 10, con dous decimais, resultado da media aritmética das cualificacións emitidas polos membros do tribunal correspondente. A proba considerarase superada para as cualificacións iguais ou superiores a 5,00 puntos.

b) A listaxe provisional de persoas aspirantes presentadas, con expresión da cualificación final obtida na proba específica e persoas aspirantes non presentadas, por orde decrecente segundo a cualificación obtida na proba de acceso, será publicada o día 12 de xullo.

c) A listaxe definitiva das cualificacións das probas específicas será publicada o día 19 de xullo.

5. Adxudicación de prazas.

a) As vacantes existentes adxudicaranse segundo a orde de prelación resultante das cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na proba específica de acceso.

b) Logo da publicación da listaxe das cualificacións definitivas das persoas aspirantes, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia remitirá á Dirección Xeral de Formación Profesional a proposta de alumnado admitido por especialidade.

c) A Dirección Xeral de Formación Profesional, á vista das listaxes referidas no punto anterior determinará, en función do número de vacantes, as persoas aspirantes que obtiveron praza e publicará as listaxes de adxudicación.

6. Publicación de listaxes de adxudicación.

a) A listaxe provisional de adxudicacións por especialidade publicarase o día 22 de xullo.

b) A listaxe definitiva de adxudicacións por especialidade publicarase o día 26 de xullo.

7. Períodos de matrícula.

a) As persoas aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula entre os días 29 e 31 de xullo, ambos os dous incluídos.

b) Para formalizar a matrícula seguirase o procedemento indicado no ordinal oitavo da presente resolución.

8. Probas extraordinarias.

a) O día 31 de xullo, a dirección da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia remitirá á Dirección Xeral de Formación Profesional a listaxe de alumnado matriculado nos termos sinalados no ordinal oitavo desta resolución, e publicará as vacantes, se for o caso, no seu taboleiro e na súa páxina web.

b) No caso de convocarse probas extraordinarias, estas terán lugar nos primeiros días do mes de setembro. Finalizado o proceso, o centro comunicará coa maior brevidade á Dirección Xeral de Formación Profesional o resultado destas probas e o número de prazas que quedasen sen cubrir, cando corresponda.

9. Reclamacións ás cualificacións e adxudicacións.

a) As persoas aspirantes poderán reclamar contra a cualificación obtida, segundo o establecido no ordinal noveno desta resolución, os días 15 e 16 de xullo.

b) A dirección da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia deberá resolver as reclamacións, logo de informe do tribunal avaliador, antes da publicación das listaxes definitivas de cualificacións; e remitirá o resultado destas resolucións á Dirección Xeral de Formación Profesional.

c) As persoas aspirantes poderán reclamar contra o proceso de adxudicación, segundo o establecido nesta resolución, os días 23 e 24 de xullo.

10. Resumo do calendario para as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática.

Parte do procedemento

Data

a. Fase de inscrición

1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación)

Desde o día seguinte ao da publicación no DOG ata o 21 de maio

Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas tras o 1º prazo de inscrición

23 de maio

Período de reclamación contra a listaxe provisional tras o 1º prazo de inscrición

24 e 27 de maio

Publicación de listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas tras o 1º prazo de inscrición

28 de maio

2º prazo de inscrición (alumnado que cumpre o requisito de titulación)

Desde o día seguinte ao da publicación no DOG ata o 25 de xuño

Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas tras o 2º prazo de inscrición

27 de xuño

Período de reclamación contra a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas do 2º prazo de inscrición

28 de xuño e 1 de xullo

Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no 2º prazo de inscrición

3 de xullo

b. Fase de probas

Proba substitutiva do requisito de bacharelato

30 de maio

Proba específica

8-11 de xullo

Publicación da listaxe provisional de cualificacións da proba específica

12 de xullo

Período de reclamación contra a listaxe de cualificacións da proba específica

15 e 16 de xullo

Publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba específica

19 de xullo

c. Fase de adxudicación e matrícula

Publicación da listaxe provisional de adxudicacións

22 de xullo

Período de reclamación contra a adxudicación provisional

23 e 24 de xullo

Publicación da listaxe definitiva de adxudicacións de prazas

26 de xullo

Período de formalización de matrícula para o curso 2024/25

29, 30 e 31 xullo

Remisión á DXFP da listaxe de matrículas e vacantes

31 de xullo

ANEXO III

Probas específicas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores
de Conservación e Restauración de Bens Culturais

1. Prazos de presentación de solicitudes e publicación de listaxes de persoas admitidas.

O prazo de presentación de solicitudes de inscrición comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 21 de maio, ambos os dous incluídos. As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato poderán presentar solicitude ata o 25 de xuño, inclusive. Para tal fin, a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia deberá expor no seu taboleiro de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado, así como o número de prazas ofertadas, con indicación das prazas reservadas para as persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, segundo se especifica no punto 3 do ordinal segundo da presente resolución.

Ao abeiro do indicado no ordinal quinto da presente resolución, a relación provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas que se acollan á realización da proba que substitúe o requisito de bacharelato publicarase o 23 de maio. A relación definitiva destas persoas aspirantes publicarase o 28 de maio.

A relación provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de bacharelato publicarase o 27 de xuño. A relación definitiva destas persoas aspirantes publicarase o 3 de xullo.

2. Lugar, datas e desenvolvemento das probas de acceso específicas.

a) As probas específicas de acceso desenvolveranse de acordo co establecido nos artigos 4 e 5 da Orde do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, en desenvolvemento do Decreto 174/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.

c) Realizaranse na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, rúa do Xeneral Martitegui, s/n, Pontevedra, o día 5 de xullo, de acordo co calendario e horario que estableza o tribunal encargado da súa realización e cualificación.

3. Características da proba específica de acceso.

A proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais constará de dous exercicios:

a) Primeiro exercicio: este exercicio consistirá na análise dun texto relacionado cos bens culturais, nun tempo máximo de noventa minutos, e terá como obxecto apreciar a madureza e formación xeral do alumnado, especialmente no referente á compresión de conceptos, utilización da linguaxe e capacidade de síntese e relación. A cualificación do exercicio será entre 0 e 40 puntos.

b) Segundo exercicio. Aptitude plástica. Inclúe as seguintes probas:

1ª. Realización dun debuxo do natural, de enfoque mimético e con modelo real, exento e inanimado. Valorarase a fidelidade na representación, a calidade do grafismo e a precisión e acabamento do traballo.

2ª. Realización dun traballo sobre representación da cor. Consideraranse a correcta utilización das técnicas empregadas e o grao de comprensión dos valores e calidades da cor.

3ª. Realización dun traballo práctico para a valoración das aptitudes específicas que requiren os estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Consideraranse a habilidade manual, a meticulosidade e a pulcritude na realización do traballo.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será establecido polo tribunal de acceso. Este exercicio terá por obxecto apreciar as aptitudes das persoas aspirantes, tanto plásticas como específicas, para a conservación e restauración. A súa cualificación será a media aritmética da puntuación obtida en cada epígrafe, que se cualificará entre 0 e 20 puntos.

4. Cualificación da proba específica e publicación de listaxes.

a) A cualificación global da proba de acceso específica resultará da media ponderada das cualificacións obtidas nos distintos exercicios. O primeiro ponderarase un 40 % e o segundo nun 60 %. Para a superación da proba de acceso exixirase unha cualificación igual ou superior a 5,00 puntos.

b) A listaxe provisional de persoas aspirantes presentadas con expresión da cualificación final obtida na proba específica en orde decrecente, e de persoas aspirantes non presentadas, será publicada o día 8 de xullo.

c) A listaxe definitiva das cualificacións finais das probas específicas publicarase o día 15 de xullo.

5. Adxudicación de prazas.

a) As vacantes existentes adxudicaranse segundo a orde de prelación resultante das cualificacións finais obtidas polas persoas aspirantes na proba específica de acceso ou, no caso de quenda por acceso directo, das cualificacións medias dos expedientes académicos das persoas aspirantes.

b) De conformidade co artigo 4.3 da Orde do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, a porcentaxe de prazas sobre o total para as persoas aspirantes que estean en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño é do 20 %. O 80 % restante das prazas ofertadas será asignado mediante a proba específica de acceso. No caso de non quedaren cubertas as prazas correspondentes ao acceso directo, estas serán asignadas ás persoas aspirantes que superaron a proba específica.

c) A orde de prelación na asignación das prazas dispoñibles para o acceso directo ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais será a cualificación media final do expediente académico do ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño alegado por cada aspirante. Cando o ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño fose cursado segundo un plan de estudos establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, a nota calcularase segundo se dispón no artigo 9.4 da Orde do 9 de setembro de 2004 pola que se regula a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de ciclos cursados segundo un plan de estudos establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), a nota calcularase segundo se dispón no artigo 19.9 do Real decreto 596/2007, do 4 de maio, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño. No caso de graduados en Artes Plásticas e Oficios Artísticos, a cualificación que se terá en conta será a obtida na reválida ou proxecto final do Plan de estudos de 1963.

Para os efectos do cálculo da cualificación media final do expediente académico das persoas inscritas que soliciten acceder ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais aplicaranse, cando cumpra, as seguintes equivalencias, agás que no expediente académico da persoa inscrita consten explicitamente as cualificacións numéricas das disciplinas. As ditas equivalencias serán:

• Suficiente/aprobado: 5,5.

• Ben: 6,5.

• Notable: 7,5.

• Sobresaliente/matrícula de honra: 9,0.

d) Logo da publicación da listaxe coas cualificacións definitivas das persoas aspirantes, a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia remitirá á Dirección Xeral de Formación Profesional a proposta de alumnado admitido por quenda de acceso mediante proba específica e por quenda de acceso directo.

e) A Dirección Xeral de Formación Profesional, á vista das listaxes referidas no punto anterior determinará, en función do número de vacantes, as persoas aspirantes que obtiveron praza.

6. Publicación de listaxes de adxudicación.

a) A listaxe provisional de adxudicacións publicarase o día 15 de xullo.

b) A listaxe definitiva de adxudicacións publicarase o día 18 de xullo.

7. Períodos de matrícula.

a) As persoas aspirantes que obteñan praza na adxudicación deberán formalizar a súa matrícula entre os días 19 e 26 de xullo, ambos os dous incluídos.

b) Para formalizar a matrícula seguirase o procedemento indicado no ordinal oitavo da presente resolución.

8. Probas extraordinarias.

a) O día 29 de xullo, a dirección da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia remitiralle á Dirección Xeral de Formación Profesional a lista de alumnado matriculado nos termos sinalados no dito ordinal oitavo da presente resolución, e publicará as vacantes no seu taboleiro e na súa páxina web.

b) No caso de convocarse probas extraordinarias, estas terán lugar nos primeiros días do mes de setembro. Finalizado o proceso, o centro comunicará coa maior brevidade posible á Dirección Xeral de Formación Profesional o resultado destas probas e, cando corresponda, o número de prazas que quedasen sen cubrir.

9. Reclamacións ás cualificacións e adxudicacións.

a) As persoas aspirantes poderán reclamar contra a cualificación obtida, segundo o establecido no ordinal noveno desta resolución, os días 9 e 10 de xullo.

b) A dirección da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia deberá resolver as reclamacións presentadas, logo de informe do tribunal avaliador, antes da publicación das listaxes definitivas, e remitirá os resultados destas resolucións á Dirección Xeral de Formación Profesional.

c) As persoas aspirantes poderán reclamar contra o proceso de adxudicación segundo o establecido nesta resolución, durante os días 16 e 17 de xullo.

10. Resumo do calendario para acceso a ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

Parte do procedemento

Data

a. Fase de inscrición

1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación)

Desde o día seguinte ao da publicación no DOG ata o 21 de maio

Publicación de listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas tras o 1º prazo de inscrición

23 de maio

Período de reclamación contra a listaxe provisional tras o 1º prazo de inscrición

24 e 27 de maio

Publicación de listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas tras o 1º prazo de inscrición

28 de maio

2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida)

Desde o día seguinte ao da publicación no DOG ata o 25 de xuño

Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas tras o 2º prazo de inscrición

27 de xuño

Período de reclamación contra a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas tras o 2º prazo de inscrición

28 de xuño e 1 de xullo

Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no 2º prazo de inscrición

3 de xullo

b. Fase de probas

Proba substitutiva do requisito de bacharelato

30 de maio

Proba específica

5 de xullo

Publicación da listaxe provisional de cualificacións da proba específica

8 de xullo

Período de reclamación contra a listaxe de cualificacións da proba específica

9 e 10 de xullo

Publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba específica

15 de xullo

c. Fase de adxudicación e matrícula

Publicación da listaxe provisional de adxudicacións

15 de xullo

Período de reclamación contra a adxudicación provisional

16 e 17 de xullo

Publicación de listaxe definitiva de adxudicacións de prazas

18 de xullo

Período de formalización de matrícula para o curso 2024/25

Do 19 ao 26 de xullo

Remisión á DXFP da listaxe de matrículas e vacantes

29 de xullo

ANEXO IV

Probas específicas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño

1. Prazos de presentación das solicitudes e publicación de listaxes de persoas admitidas.

O prazo de presentación de solicitudes de inscrición comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 21 de maio, ambos os dous incluídos. As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato poderán presentar solicitude ata o día 25 de xuño, inclusive. Para tal fin, os centros deberán expor nos seus taboleiros de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado, así como o número de prazas ofertadas en cada especialidade, con indicación das prazas reservadas para as persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, segundo se especifica no punto 3 do ordinal segundo da presente resolución.

Ao abeiro do indicado no ordinal quinto da presente resolución, a relación provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas que se acollan á realización da proba que substitúe o requisito de bacharelato publicarase o 23 de maio. A relación definitiva destas persoas aspirantes publicarase o 28 de maio.

A relación provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de bacharelato publicarase o 27 de xuño. A relación definitiva destas persoas aspirantes publicarase o 3 de xullo.

2. Lugar, datas e desenvolvemento das probas específicas de acceso.

a) As probas específicas de acceso desenvolveranse de acordo co establecido nos artigos 4 e 5 da Orde do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, en desenvolvemento do Decreto 172/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.

c) As probas específicas realizaranse o día 5 de xullo nas catro EASD de Galicia, de acordo co seguinte horario:

• Primeira parte: das 11.00 ás 13.00 horas.

• Segunda parte: das 16.00 ás 20.00 horas.

– 1º exercicio: das 16.00 ás 18.00 horas.

– 2º exercicio: das 18.00 ás 20.00 horas.

d) Para optar ao itinerario de Xoiaría e complementos da especialidade Produto deberá superarse unha entrevista coas empresas, estudos ou obradoiros do sector da xoiaría e os complementos. A superación desta entrevista será requisito para a adxudicación das prazas deste itinerario. No caso de non acudir, as persoas aspirantes decaen no seu dereito de concorrer ás adxudicacións das vacantes neste itinerario.

O lugar de realización, a data e a hora desta será publicada no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal) e nos taboleiros de anuncios dos centros educativos.

3. Características da proba específica de acceso.

A proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño constará de dúas partes:

• Primeira parte: durante un máximo de dúas horas, a partir dun texto, imaxe e/ou material audiovisual proporcionado polo tribunal, as persoas aspirantes deberán facer por escrito un comentario crítico e razoado e responder a/as cuestión/s que o tribunal lles formule ao respecto.

Nesta parte da proba, o tribunal valorará:

– A comprensión dos conceptos, a utilización da linguaxe, a capacidade de análise e síntese e o nivel expresivo e expositivo amosados.

– A capacidade para desenvolver razoadamente ideas e argumentos.

– O coñecemento dos valores significativos do deseño en xeral no contexto histórico, cultural e socioeconómico.

– A identificación e valoración dos movementos artísticos e intelectuais máis representativos en relación co deseño.

• Segunda parte. As persoas aspirantes realizarán dous exercicios de debuxo durante un máximo de catro horas:

– 1º exercicio: debuxo mimético a man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo proposto polo tribunal, realizado a lapis de grafito sobre papel tamaño DIN A3.

– 2º exercicio: debuxo a man alzada, utilizando os sistemas e técnicas de representación máis apropiadas, que serán definidos polo tribunal, do modelo do exercicio anterior.

Nesta parte da proba o tribunal valorará a fidelidade representativa, os coñecementos amosados e a exactitude e limpeza da execución.

4. Tribunal.

a) De acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, para a organización, realización, avaliación e cualificación da proba específica de acceso constituirase un tribunal, que se publicará no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal).

b) As direccións dos centros garantirán a actuación destes tribunais e organizarán a distribución horaria e de espazos de ocupación do tribunal que actúe nas probas correspondentes. Asemade, as direccións dos centros designarán o persoal docente necesario para o correcto desenvolvemento da proba específica en cada centro educativo.

c) As direccións dos centros remitirán á Dirección Xeral de Formación Profesional a documentación relativa ao procedemento nos prazos establecidos nesta resolución.

5. Cualificación da proba específica e publicación de listaxes.

a) A cualificación global da proba de acceso específica ás ensinanzas superiores de Deseño expresarase en termos numéricos nunha escala de 0 a 10, con dous decimais. A cualificación final da proba específica de acceso será o resultado da media aritmética das cualificacións obtidas pola persoa aspirante en cada unha das súas partes, expresada con dous decimais. Considerarase superada a proba a partir da cualificación de 5,00 puntos.

b) A listaxe provisional de persoas aspirantes presentadas, con expresión da cualificación final obtida na proba específica, ordenada segundo a cualificación obtida na proba de acceso en orde decrecente, e de persoas aspirantes non presentadas, será publicada o día 10 de xullo.

c) A listaxe definitiva das cualificacións das probas específicas será publicada o día 16 de xullo.

6. Adxudicación de prazas.

a) As vacantes existentes nas distintas especialidades e centros adxudicaranse segundo a orde de prelación resultante das cualificacións finais obtidas polas persoas aspirantes na proba específica de acceso ou, no caso de quenda por acceso directo, das cualificacións medias dos expedientes académicos das persoas aspirantes. Para tal efecto, atenderase á especialidade e escola de arte e superior de deseño (en diante, EASD) que a persoa aspirante teña sinalada como primeira preferencia na súa solicitude. Enténdese por primeira preferencia aquela que a persoa aspirante indique en primeiro lugar, ou en lugares sucesivos se as especialidades ou EASD solicitadas esgotasen as súas prazas. No caso do itinerario de Xoiaría e complementos da especialidade Produto, a adxudicación condicionarase ao resultado apto da entrevista, referida no punto 2.d) deste anexo, con independencia da quenda de acceso ou da cualificación acadada.

b) De conformidade co artigo 4.3 da Orde do 21 de novembro de 2016, pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, a porcentaxe de prazas sobre o total das ofertadas en cada especialidade para as persoas aspirantes que estean en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño é do 20 %. O 80 % restante das prazas ofertadas será asignado mediante a proba específica de acceso. No caso de non quedaren cubertas as prazas correspondentes ao acceso directo, estas serán asignadas ás persoas aspirantes que superaron a proba específica.

c) A orde de prelación na asignación das prazas dispoñibles para o acceso directo ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño será a cualificación media final do expediente académico do ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño alegado por cada aspirante.

Cando o ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño fose cursado segundo un plan de estudos establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, a nota calcularase segundo se dispón no artigo 9.4 da Orde do 9 de setembro de 2004 pola que se regula a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de ciclos cursados segundo un plan de estudos establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), a nota calcularase segundo se dispón no artigo 19.9 do Real decreto 596/2007, do 4 de maio, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño. No caso de graduados en Artes Plásticas e Oficios Artísticos, a cualificación que se terá en conta será a obtida na reválida ou proxecto final do Plan de estudos de 1963.

Para os efectos do cálculo da cualificación media final do expediente académico das persoas inscritas que soliciten acceder ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño aplicaranse, cando cumpra, as seguintes equivalencias, agás que no expediente académico da persoa inscrita consten explicitamente as cualificacións numéricas das disciplinas. As ditas equivalencias serán:

• Suficiente/aprobado: 5,5.

• Ben: 6,5.

• Notable: 7,5.

• Sobresaliente/matrícula de honra: 9,0.

d) A Dirección Xeral de Formación Profesional, á vista das listaxes de persoas aspirantes que superaron a proba de acceso e das que optan por quenda de acceso directo determinará, en función do número de vacantes, as persoas aspirantes que obteñen praza nos respectivos centros.

7. Publicación de listaxes de adxudicación.

a) A listaxe provisional de adxudicacións por especialidade, itinerario, cando corresponda, e centro publicarase o día 18 de xullo.

b) Logo de rematado o prazo de reclamación da adxudicación provisional, establécese a publicación das seguintes listaxes de adxudicación co seu correspondente período de matrícula, segundo o establecido no punto 8.c) deste anexo:

• A listaxe de primeira adxudicación publicarase o día 23 de xullo.

• A listaxe de segunda adxudicación publicarase o 29 de xullo.

• A listaxe de terceira adxudicación publicarase antes do 2 de setembro.

8. Períodos de matrícula.

a) Para formalizar a matrícula seguirase o procedemento indicado no ordinal oitavo da presente resolución.

b) Para os efectos de cubrir as vacantes nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño habilitaranse tres períodos de matrícula. Logo de formalizada a matrícula, as persoas aspirantes non poderán concorrer ás seguintes adxudicacións, e darase por concluído o seu procedemento de acceso.

c) 1º período de matrícula:

• As persoas aspirantes que obteñan praza na primeira adxudicación do 23 de xullo poderán formalizar a súa matrícula no centro de adxudicación os días 24 e 26 de xullo.

• As persoas aspirantes adxudicadas que non se matriculen neste prazo poderán concorrer ás vacantes resultantes logo da finalización do primeiro período de matrícula.

• O día 26 de xullo, os centros remitiranlle á Dirección Xeral de Formación Profesional a lista de alumnado matriculado, así como a relación de prazas vacantes por especialidade e itinerario.

d) 2º período de matrícula:

• As persoas aspirantes que obtivesen praza na segunda adxudicación do 29 de xullo poderán formalizar a súa matrícula no centro de adxudicación os días 30 e 31 de xullo.

• As persoas aspirantes adxudicadas que non se matriculen neste prazo poderán concorrer ás vacantes resultantes logo da finalización do segundo período de matrícula.

• O día 31 de xullo, os centros remitiranlle á Dirección Xeral de Formación Profesional a listaxe de alumnado matriculado, así como a relación de prazas vacantes por cada especialidade e itinerario.

e) 3º período de matrícula:

• As persoas aspirantes que obtivesen praza na terceira adxudicación deberán formalizar a súa matrícula no centro de adxudicación os días 2 e 3 de setembro.

9. Probas extraordinarias.

a) O día 4 de setembro, os centros remitiranlle á Dirección Xeral de Formación Profesional a listaxe de alumnado matriculado en cada especialidade, así como a relación de prazas vacantes por especialidade e o calendario de matrícula e realización de probas extraordinarias, de ser o caso.

b) No caso de convocarse probas extraordinarias, estas terán lugar nos primeiros días do mes de setembro. Finalizado o proceso, os centros comunicarán coa maior brevidade á Dirección Xeral de Formación Profesional o resultado destas probas e, cando corresponda, o número de prazas que quedasen sen cubrir.

10. Reclamacións ás cualificacións e adxudicacións.

a) As persoas aspirantes poderán reclamar contra a cualificación final obtida, segundo o establecido no ordinal noveno desta resolución, os días 11 e 12 de xullo.

b) A dirección de cada EASD deberá resolver as reclamacións presentadas, logo de informe do tribunal cualificador, antes da publicación das listaxes definitivas, e remitirá o contido das resolucións á Dirección Xeral de Formación Profesional.

c) As persoas aspirantes poderán reclamar contra o proceso de adxudicación, segundo o establecido nesta resolución, os días 19 e 22 de xullo.

11. Resumo do calendario de probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño.

Parte do procedemento

Data

a. Fase de inscrición

1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación)

Desde ao día seguinte ao da publicación no DOG ata o 21 de maio

Publicación de listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas tras o 1º prazo de inscrición

23 de maio

Período de reclamación contra a listaxe provisional tras o 1º prazo de inscrición

24 e 27 de maio

Publicación de listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas tras o 1º prazo de inscrición

28 de maio

2º prazo de inscrición (alumnado que cumpre co requisito de titulación)

Desde o día seguinte ao da publicación no DOG ata o 25 de xuño

Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas tras o 2º prazo de inscrición

27 de xuño

Período de reclamación contra a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas do 2º prazo de inscrición

28 de xuño e 1 de xullo

Publicación da listaxe definitiva persoas admitidas e excluídas no 2º prazo de inscrición

3 de xullo

b. Fase de probas

Proba substitutiva do requisito de bacharelato

30 de maio

Proba específica

5 de xullo

Publicación da listaxe provisional de cualificacións da proba específica

10 de xullo

Período de reclamación contra a listaxe de cualificacións da proba específica

11 e 12 de xullo

Publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba específica

16 de xullo

c. Fase de adxudicación e matrícula

Publicación da listaxe provisional de adxudicacións

18 de xullo

Período de reclamación contra a adxudicación provisional

19 e 22 de xullo

Publicación de listaxe definitiva de adxudicacións de prazas

23 de xullo

1º período de formalización de matrícula para o curso 2024/25

24 e 26 xullo

Publicación da segunda adxudicación de prazas

29 de xullo

2º período de formalización de matrícula para o curso 2024/25

30 e 31 de xullo

Publicación da terceira adxudicación de prazas

Antes do 2 de setembro

3º período de formalización de matrícula para o curso 2024/25

2 e 3 de setembro

Remisión á DXFP da listaxe de matrículas e vacantes

4 de setembro

ANEXO V

Probas específicas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Música

1. Prazos de presentación das solicitudes e publicación de listaxe de persoas admitidas.

O prazo de presentación das solicitudes de inscrición comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 21 de maio, ambos os dous incluídos. Para tal fin, os centros deberán expor nos seus taboleiros de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado, así como o número de prazas ofertadas en cada especialidade e itinerario, con indicación das prazas reservadas para as persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, segundo se especifica no punto 3 do ordinal segundo da presente resolución.

Ao abeiro do indicado no ordinal quinto da presente resolución, a relación provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas, con expresión neste último caso das causas que motivaron a exclusión, e o lugar de realización da proba específica, publicarase o 23 de maio. A relación definitiva publicarase o 28 de maio.

2. Lugar, datas e desenvolvemento das probas específicas de acceso.

a) As probas específicas de acceso desenvolveranse de acordo co establecido nos artigos 4 e 5 da Orde do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Música.

b) As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e a copia da folla de solicitude de inscrición.

c) As probas específicas de acceso a cada especialidade e itinerario comezarán a partir do día 10 de xuño.

d) Realizaranse no Conservatorio Superior de Música da Coruña, rúa de Manuel Murguía, 44, as probas específicas para as seguintes especialidades e itinerarios:

• Especialidade de Composición.

• Especialidade de Dirección.

• Especialidade de Interpretación, nos seguintes itinerarios: Acordeón, Arpa, Corda frotada, Jazz, Piano e Vento metal.

• Especialidade de Pedagoxía, no itinerario de Pedagoxía xeral e da linguaxe musical.

e) Realizaranse no Conservatorio Superior de Música de Vigo, rúa de Manuel Olivié, 23, as probas específicas para as seguintes especialidades e itinerarios:

• Especialidade de Interpretación, nos seguintes itinerarios: Canto, Guitarra, Instrumentos da música tradicional e popular de Galicia, Música antiga, Percusión e Vento madeira.

• Especialidade de Musicoloxía, nos seguintes itinerarios: Etnomusicoloxía e Musicoloxía histórica.

• Especialidade de Produción e Xestión.

3. Características da proba específica de acceso.

– Especialidade de Composición. A proba consistirá:

• Parte A: na realización dun traballo harmónico-contrapuntístico.

• Parte B: na presentación e defensa oral de obras e traballos realizados pola persoa candidata.

• Parte C: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente pola persoa candidata.

– Especialidade de Dirección. A proba consistirá:

• Parte A: na interpretación dun programa de ata vinte minutos, no instrumento principal ou voz (no caso do canto) integrado por obras dunha dificultade adecuada ao nivel de acceso a estes estudos.

• Parte B: na análise dunha obra orquestral ou coral por proposta do tribunal.

• Parte C: na lectura á vista no piano dun fragmento musical escollido pola persoa aspirante de entre dous propostos polo tribunal.

• Parte D: na realización dun ditado a catro voces, de entre oito e doce compases de duración.

– Especialidade de Interpretación (agás itinerario de Jazz). A proba consistirá:

• Parte A: na interpretación dun programa de ata trinta minutos, integrado por obras e/ou estudos dunha dificultade adecuada ao nivel de acceso a estes estudos.

• Parte B: na análise dunha obra ou fragmento musical por proposta do tribunal.

• Parte C: na lectura á vista.

– Especialidade de Interpretación, itinerario de Jazz. A proba consistirá:

• Parte A: na interpretación dun programa; será requisito indispensable que a persoa aspirante e improvise en cada un dos temas. O repertorio para interpretar na parte A da proba de acceso constará de cinco temas enmarcados dentro do repertorio estándar de jazz, amosando entre eles variedade formal, estilística e na elección dos tempi de execución.

• Parte B: na análise dunha obra ou fragmento musical por proposta do tribunal, engadindo contidos propios da análise de jazz.

• Parte C: na lectura e improvisación á vista dunha obra ou fragmento de jazz.

– Especialidade de Musicoloxía. A proba consistirá:

• Parte A: na análise histórico-estilística e defensa dunha obra ou fragmento por proposta do tribunal.

• Parte B: na realización dun comentario de texto ou traballo escrito por proposta do tribunal.

• Parte C: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso de canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente pola persoa candidata.

– Especialidade de Pedagoxía. Itinerario Pedagoxía xeral e da linguaxe musical. A proba consistirá:

• Parte A: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso de canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente pola persoa candidata. A elección do instrumento principal estará supeditada á oferta dos itinerarios de cada centro.

• Parte B: nunha proba vocal individual.

• Parte C: na composición dunha peza breve, de carácter didáctico, sobre unha melodía ou un texto proposto polo tribunal. A persoa aspirante deberá realizar unha defensa didáctica da súa aplicación.

– Especialidade de Produción e xestión. A proba consistirá:

• Parte A: no desenvolvemento por escrito dunha proposta de proxecto, a partir dun suposto proposto polo tribunal.

• Parte B: no desenvolvemento e posterior defensa oral dun tema vinculado a unha cuestión relacionada coa xestión de políticas culturais do contorno musical. Poderase escoller un tema de entre dous propostos polo tribunal.

• Parte C: na análise formal e estética dunha obra proposta polo tribunal.

• Parte D: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso de canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente pola persoa candidata.

5. Cualificación da proba específica e publicación das listaxes.

a) A cualificación das probas específicas de acceso axustarase ao establecido no artigo 5.8 da Orde do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Música.

Para a cualificación da parte A da proba da especialidade de Interpretación (agás no itinerario de Jazz), o tribunal emitirá un informe en que constará a relación do programa presentado por cada aspirante e a valoración da súa adecuación á proba de acceso. Igualmente, deberá constar no informe (para cada unha das obras e/ou estudos interpretados), cando menos, a valoración dos seguintes aspectos: control técnico do instrumento, calidade do son, expresividade e estilo.

Para a cualificación da parte A da proba do itinerario de Jazz da especialidade de interpretación, o tribunal emitirá un informe en que constará a relación do programa presentado por cada aspirante e a valoración da súa adecuación á proba de acceso. Igualmente, deberá constar no informe (para cada unha das obras interpretadas), cando menos, a valoración dos seguintes aspectos: a forma de interpretar o tema, o estilo, o fraseo e a linguaxe empregada, o tempo, a técnica de son, as escalas empregadas, o sentido formal e a coherencia xeral.

b) A listaxe de persoas aspirantes presentadas, en orde decrecente segundo a cualificación obtida na proba específica en cada especialidade e itinerario e de persoas aspirantes non presentadas, será publicada o día 17 de xuño.

c) A listaxe definitiva das cualificacións das probas específicas publicarase o día 25 de xuño.

6. Adxudicación de prazas.

a) As vacantes existentes nas distintas especialidades e itinerarios adxudicaranse segundo a orde de prelación resultante da cualificación final obtida polas persoas aspirantes no procedemento de acceso.

b) A proba específica desenvolvida nos conservatorios superiores de música constituirá o 60 % da cualificación final. O restante 40 % da cualificación final corresponderá á nota media do expediente académico do título profesional de música da persoa aspirante. No caso de persoas aspirantes que realicen as probas de acceso sen estaren en posesión deste título ou que non o acrediten durante o prazo de presentación de solicitudes, a puntuación que se deberá agregar por este concepto será o 0.

c) Para o cómputo da nota media do expediente académico do título profesional de música farase unha media ponderada da cualificación media obtida nas ensinanzas profesionais de música, tendo en conta o establecido no Real decreto 1953/2009, do 18 de decembro, polo que se modifican o Real decreto 1577/2006, do 22 de decembro, o Real decreto 85/2007, do 26 de xaneiro, e o Real decreto 1467/2007, do 2 de novembro, no relativo ao cálculo da nota media dos alumnos das ensinanzas profesionais de música e danza.

d) A Dirección Xeral de Formación Profesional, á vista das listaxes de persoas aspirantes que superaron a proba de acceso determinará, en función do número de vacantes, as persoas aspirantes que obtiveron praza nos respectivos conservatorios superiores de música de Galicia.

7. Publicación de listaxes de adxudicación.

a) A listaxe provisional de adxudicacións por especialidade e itinerario publicarase o día 17 de xuño.

b) A listaxe definitiva de adxudicacións por especialidade e itinerario publicarase o día 27 de xuño.

8. Períodos de matrícula.

a) As persoas aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula entre os días 1 e 5 de xullo, ambos os dous incluídos.

b) Para formalizar a matrícula seguirase o procedemento indicado no ordinal oitavo da presente resolución.

9. Probas extraordinarias.

a) O día 8 de xullo, os conservatorios superiores de música de Galicia remitirán á Dirección Xeral de Formación Profesional a listaxe de alumnado matriculado en cada especialidade e itinerario, así como a relación de prazas vacantes e o calendario de matrícula e celebración no caso de realizar probas extraordinarias no mes de setembro. De ser o caso, as prazas vacantes faranse públicas nos taboleiros de anuncios dos conservatorios superiores e nas súas páxinas web.

b) No caso de convocarse probas extraordinarias, estas terán lugar nos primeiros días do mes de setembro. Finalizado o proceso, os centros comunicarán coa maior brevidade á Dirección Xeral de Formación Profesional o resultado destas probas e, cando corresponda, o número de prazas que quedasen sen cubrir.

10. Reclamacións ás cualificacións e adxudicacións.

a) As persoas aspirantes poderán reclamar contra a cualificación obtida, segundo o establecido no ordinal noveno desta resolución, durante os días 18 e 19 de xuño.

b) A dirección do conservatorio deberá resolver as reclamacións presentadas, logo de informe do tribunal avaliador, antes da publicación das listaxes definitivas, e remitirá os contidos destas resolucións á Dirección Xeral de Formación Profesional.

c) As persoas aspirantes poderán reclamar contra o proceso de adxudicación, segundo o establecido no ordinal noveno desta resolución, os días 18 e 19 de xuño.

11. Resumo do calendario de probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Música.

Parte do procedemento

Data

a. Fase de inscrición

Prazo de inscrición

Desde o día seguinte ao da publicación no DOG ata o 21 de maio

Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas

23 de maio

Período de reclamación contra a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas

24 e 27 de maio

Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas

28 de maio

b. Fase de probas

Proba substitutiva do requisito de bacharelato

30 de maio

Proba específica

10-14 de xuño

Publicación da listaxe provisional de cualificacións da proba específica (e da listaxe provisional de adxudicacións)

17 de xuño

Período de reclamación contra a listaxe de cualificacións da proba específica

18 e 19 de xuño

Publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba específica

25 de xuño

c. Fase de adxudicación e matrícula

Publicación da listaxe provisional de adxudicacións

17 de xuño

Período de reclamación contra a adxudicación provisional

18 e 19 de xuño

Publicación da listaxe definitiva de adxudicacións de prazas

27 de xuño

Período de formalización de matrícula para o curso 2024/25

1, 2, 3, 4 e 5 de xullo

Remisión á DXFP da listaxe de matrículas e vacantes

8 de xullo