DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Xoves, 25 de abril de 2024 Páx. 25987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Tomiño (expediente IN407A 2024/026-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

– Denominación: instalación dun apoio na LMTA TUI803, LMTS e reforma CT Tomiño-Seixo (36CN23).

– Situación: Tomiño.

– Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 153 metros de lonxitude, coa orixe na LMTS TUI8032245 e final no centro de transformación Tomiño-Seixo 36CN23.

LMTS a 20 kV, con condutor RHZ1, de 187 metros de lonxitude, coa orixe na LMTS TUI8032397 e final no apoio proxectado C-3000/14.

Retensado do van contiguo ao apoio proxectado C-3000/14 (40 metros de condutor LA-56).

Reforma do centro de transformación Tomiño-Seixo 36CN23 (de 400 kVA) consistente na substitución das celas existentes por un bloque de celas compactas 3L1P.

A instalación está situada no Mosteiro, no municipio de Tomiño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/
documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 2 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2024/026-4.

Denominación: instalación dun apoio na LMTA TUI803, LMTS e reforma CT Tomiño-Seixo (36CN23).

Concello: Tomiño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio m2

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Corgo

Urbana

36054A06200066000EA

Adelina Álvarez Piñeiro

1,44

3,35

10,04