Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
– Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.
– Denominación: LMTS CII817, CTC, XS e RC Sar.
– Situación: Bueu.
– Características técnicas:
Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 725 metros de lonxitude, coa orixe no apoio existente 9R1MOWXX//36-16-8 da LMTA CII8170479, mediante paso aéreo-subterráneo, e final no centro de transformación proxectado.
Centro de transformación a 250 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V situado na parcela con referencia catastral 36004A011002220000QL, á altura do p.q. 1+800 da estrada EP-1302 Beluso-Cabo Udra no lugar do Viso.
Instalación dun XS no apoio existente 9R14QBRQ//36-16-9 e dun reconectador no apoio existente 9R1MOWXX//36-16-8.
A instalación está situada en Sar, na parroquia de Beluso, no concello de Bueu (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/
documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 2 de abril de 2024
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2024/038-4.
Denominación: LMTS CII817, CTC, XS e RC Sar.
Concello: Bueu.
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio m2 |
Afeccións |
|
ml sub. |
m2 sub. |
||||||
1 |
Rosa |
Rústico |
36004A015000890000QY |
Descoñecido/a |
3,14 |
5,92 |
|
2 |
Carballo |
Rústico |
36004A011001600000QL |
Saneamientos Pufer, S.L. |
16,81 |
14,89 |