DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Xoves, 25 de abril de 2024 Páx. 25985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2024/012-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

– Denominación: LMTS ATI701, ATI729 e substitución CT polígono A Granxa, 3, por CTS.

– Situación: O Porriño.

– Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 25 metros de lonxitude, coa orixe na LMTS ATI7010140 e final no centro de transformación proxectado.

LMTS a 15 kV, con condutor RHZ1, de 13 metros de lonxitude, coa orixe no centro de transformación proxectado e final na LMTS ATI7010165.

LMTS a 15 kV, con condutor RHZ1, de 16 metros de lonxitude, coa orixe e final na LMTS ATI290055.

Centro de transformación subterráneo a 630 kVA con relación de transformación 15 kV/400 V, situado baixo a rotonda existente na intersección da avenida Principal coa rúa San Simón, na parcela 9021, polígono 55, na parcela con referencia catastral 36039A055090210000DZ.

Desmontaxe do centro de transformación polígono A Granxa, 3.

A instalación está situada no polígono industrial A Granxa, en San Salvador de Budiño, no municipio do Porriño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/
documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 2 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2024/012-4.

Denominación: LMTS ATI701, ATI729 e substitución CT polígono A Granxa, 3, por CTS.

Concello: O Porriño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT m2

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Estrada O Porriño

Rústico

36039A055090210000DZ

Descoñecido/a

29,25

26,00

46,33