DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Xoves, 25 de abril de 2024 Páx. 25903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Dornelas (Mos) e propietarios particulares, ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DP20001).

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 31.1.2020, co número 2020/212019 recibiuse no rexistro electrónico da Xunta de Galicia unha proposta de deslindamento con particulares, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Dornelas (Mos), no monte Cotiño. A dita solicitude deu lugar á apertura do expediente DP20001.

Segundo. O 13.10.2020, o Servizo de Montes emitiu informe favorable sobre o deslindamento provisional.

Terceiro. O 9.4.2021 publicouse o anuncio, do 15.3.2021, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con predios particulares da CMVMC de Dornelas, onde se acorda sinalar para a exposición do plano e demais documentación o local social de San Franco, estrada Puxeiros-Mos, número 49, Dornelas, 36417 Mos.

Cuarto. O 22.5.2021 recibiuse certificado do Concello de Moraña, sobre a exposición do anuncio deste deslindamento durante 29 días (do 21.4.2021 ao 20.5.2021) no taboleiro da sede electrónica do Concello.

Quinto. O procedemento de deslindamento entre particulares está recollido no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

No expediente consta a seguinte documentación:

– Memoria descritiva de xuño de 2023, asinada polo enxeñeiro técnico forestal núm. 908 do COETFG.

–  Planimetría en soporte dixital (shape) da liña deslindada.

– Certificado do secretario, do 28.6.2022, do acordo tomado na asemblea xeral do 30.4.2022, de aprobación da liña de deslindamento levantada en campo, o 28.6.2021, do monte Cotiño cos propietarios particulares.

– Acta de apeo do 28.6.2021.

– Acta de conciliación levantada no Xulgado de Paz cos propietarios particulares.

– IVG con CSV: P5ZP82RTMAC3QP4V.

Sexto. Neste expediente de deslindamento parcial do monte Cotiño a CMVMC de Dornelas está recoñecendo a existencia de dous encravados, o que supón unha superficie de 3,81 ha dentro do monte.

Este deslindamento deixa a maior parte da superficie ocupada por vivendas fóra do MVMC, clasificado pola Sentenza núm. 432/91, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

A liña de deslindamento vén dada polas seguintes coordenadas en UTM (ETRS89):

N

X

Y

1

529770,21

4673725,29

2

529751,55

4673739,40

3

529673,41

4673741,70

4

529676,96

4673708,92

5

529596,87

4673754,64

6

529473,15

4673750,64

7

529460,38

4673731,14

8

529501,90

4673614,48

9

529531,84

4673631,67

10

529546,02

4673618,38

11

529497,82

4673580,64

11b

529500,13

4673574,80

12

529555,74

4673571,97

13

529652,86

4673625,65

14

529714,45

4673667,29

15

529727,45

4673869,98

16

529765,19

4673950,78

17

529796,55

4673985,15

18

529801,52

4673983,20

19

529788,76

4673894,26

20

529746,59

4673856,70

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG núm.140, do 23 de xullo), na súa disposición derradeira segunda modifica o artigo 25 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e elimina a obriga da Administración forestal de proceder ao deslindamento e sinalización dos montes veciñais. Polo tanto, esta competencia corresponde ás comunidades propietarias, consonte os artigos 53 e 54 da Lei de montes de Galicia.

A Lei de montes de Galicia, regula nos artigos 53 e 54 o procedemento de deslindamento de montes veciñais en man común con propiedades particulares e establece, entre outras, a obriga de publicar a resolución do Xurado no Diario Oficial de Galicia.

«Artigo 54-3. No caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao Xurado Provincial dos acordos alcanzados e, cando menos, da seguinte documentación: acta do deslindamento, memoria descritiva con planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado de paz ou de primeira instancia correspondente e certificacións de aprobación por parte da comunidade. O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común ditará resolución aprobatoria do deslindamento e notificarállela ás persoas interesadas. A dita resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia».

Segunda. O 1.12.2023, o Servizo de Montes, á vista da información antes relacionada e da memoria presentada, emite informe favorable sobre o deslindamento parcial do monte Cotiño, entre a CMVMC de Dornelas e os seguintes propietarios particulares cos que concilia:

Conciliados

Ramón Martínez Hermida

Mª Beatriz Lago Lago

Fernando Simón Fernández

Dorinda Castro Soliño

Soledad Soliño Lago

Mª Soledad Castro Soliño

Francisco Sánchez Ferreira

Víctor Atanes Quintairos

Consuelo Jorge Ferreira

Enrique Ferreira Dasilva

José Carlos Jorge Ferreira

Sergio Puime Gil

Celia Collazo Rodríguez

Eliseo Agenor Jorge Iglesias

Celia Iglesias Blanco

Avelino Jorge Iglesias

Mario José Lago Jorge

Manuela Conde Seoage

Mª de los Ángeles Lorenzo Álvarez

Martina Lorenzo Álvarez

Mª Carmen García Cabaleiro

Mª Isolina Soliño Lago

Víctor Soliño Lago

Saladina Soliño Lago

José Soliño Lago

A liña de deslindamento vén dada polas coordenadas X e Y (ETRS89 UTM ZONA 29N), reflectidas na memoria topográfica e no punto sexto dos antecedentes de feito.

A aprobación deste deslindamento supón excluír 3,81 ha das 24 ha clasificadas como monte Cotiño pola Sentenza núm. 432/91, do TSXG.

Por todo iso, revisados a avinza presentada, a documentación achegada e o informe técnico do Servizo de Montes, en atención ao disposto nos artigos 53 e 54 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, este Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Primeiro. Aprobar o deslindamento realizado entre a CMVMC de Dornelas cos propietarios particulares indicados na consideración legal e técnica segunda, tendo en conta os puntos e as coordenadas referidas no antecedente de feito sexto e o plano topográfico achegado e validado mediante o informe técnico do Servizo de Montes.

Segundo. Notificar este acordo á comunidade de CMVMC de Dornelas e publicalo no Diario Oficial de Galicia para dar cumprimento ao disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 12 de abril de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común