DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 24 de abril de 2024 Páx. 25521

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

DECRETO 54/2024, do 22 de abril, polo que se dispón que cese María Patrocinio Morrondo Pelayo como presidenta do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 13 dos estatutos do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, por transcurso do período de tempo para o que foi nomeada e por proposta do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e dous de abril de dous mil vinte e catro,

DISPOÑO:

Artigo único

Que cese María Patrocinio Morrondo Pelayo como presidenta do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e dous de abril de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional