DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 24 de abril de 2024 Páx. 25522

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Economía e Industria

DECRETO 55/2024, do 22 de abril, polo que se dispón que cese Manuel Heredia Pérez como director xeral de Comercio e Consumo.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Economía e Industria, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e dous de abril de dous mil vinte e catro,

DISPOÑO:

Que cese Manuel Heredia Pérez como director xeral de Comercio e Consumo, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e dous de abril de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía e Industria