DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 24 de abril de 2024 Páx. 25520

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

DECRETO 53/2024, do 22 de abril, polo que se dispón que cese Jacobo Hortas García como director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia; e no 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no 17 do Decreto 213/2007, do 31 de outubro, polo que se aproban os estatutos da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por proposta da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e dous de abril de dous mil vinte e catro,

DISPOÑO:

Que cese Jacobo Hortas García como director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e dous de abril de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático