DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 24 de abril de 2024 Páx. 25739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos de Tesgal-Asociación Sindical de Profesionais Técnicos do Espectáculo.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos de Tesgal-Asociación Sindical de Profesionais Técnicos do Espectáculo (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: profesionais técnicos do espectáculo, entendidos como todos aqueles que desenvolven tarefas técnicas inherentes á produción dun espectáculo e que non poidan ser considerados artistas. Queda excluído calquera profesional que poida ser incluído dentro doutros ámbitos profesionais.

– Asinantes: Alexánder González Rodríguez e Xabier Carnota Caneda.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2024

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais