DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 24 de abril de 2024 Páx. 25740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Rodeiro (expediente DH.A36.98975).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Jesús Fernández Diéguez.

DNI: ***9999**.

Expediente: DH.A36.98975.

Volume total anual: 1.298 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,10 l/s.

Destino: uso gandeiro e rega.

Orixe: manancial.

Lugar: parcela Seixas.

Parroquia: San Salvador de Camba.

Concello: Rodeiro.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación dun manancial na parcela 171 do polígono 37 mediante unha arqueta duns 80×80×100 cm, da cal parte unha tubaxe plástica de 20 mm de diámetro ata un corgo na parte sur da parcela, duns 3,50×2,10×1,50 m3, e de aquí outra tubaxe de 18 mm de diámetro que leva as augas ata a «Chousa Riba», onde se emprega para rega das parcelas 145, 148, 157 e 170 do polígono 34, e consumo das vacas que pastan nela.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), con cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro