DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 24 de abril de 2024 Páx. 25737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 2 de abril de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no expediente BS611A 2023/4158-1 e catro máis.

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que for posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázase para proceder á notificación dos actos administrativos de citación ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican as ditas persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles de que, de non atender ao establecido no acto de citación unha vez practicada a súa notificación por comparecencia ou tras o seu vencemento, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivo das actuacións, logo da resolución que será notificada á dita persoa interesada.

A Coruña, 2 de abril de 2024

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2023/4158-1

54937675J

Citación para o recoñecemento

15.3.2024

2022/5968-1

47439132E

Citación para o recoñecemento

11.3.2024

2023/7792-1

X6643172J

Citación para o recoñecemento

20.3.2024

2023/5068-1

58055141J

Citación para o recoñecemento

6.3.2024

2023/0415-1

34883014H

Citación para o recoñecemento

19.3.2024