DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 23 de abril de 2024 Páx. 25439

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Cabeiras (concello de Arbo) e San Cibrán de Ribarteme (concello das Neves), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22019).

Feitos:

Primeiro. O 22.9.2022, o representante da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Cabeiras presentou no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, co número de entrada 2022/2328611, solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Cabeiras (Arbo) e a CMVMC de San Cibrán de Ribarteme (As Neves).

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Cabeiras (ID monte: 2444) da CMVMC de Cabeiras.

– MVMC de San Cibrán de Ribarteme (ID monte: 2921) da CMVMC de San Cibrán de Ribarteme.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

• Acta do apeo do deslindamento do 27.6.2022.

• Acta de conciliación núm. 4/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Arbo o 11.10.2022.

• Certificado do secretario da CMVMC de Cabeiras coa conformidade do presidente, do 23.5.2023, da aprobación na asemblea do 17.7.2022.

• Certificado do secretario da CMVMC de San Cibrán de Ribarteme coa conformidade do presidente, do 22.8.2022, da aprobación na asemblea do 14.8.2022.

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM, zona 29N EPSG: 25829, asinado o 5.9.2022 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 6318 do COETF de Galicia. Constan emendas posteriores que corrixen a dita memoria.

• Informe de validación gráfica catastral con CSV: RCM6QVCMHWB6869S, WTBCKDT393YX1T63 (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012) que, polo principio de colaboración entre administracións, deberá verificar a Xerencia Territorial do Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.708 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto 235-x: 553.017,65 y: 4.664.922,51

Punto 234-x: 553.036,07 y: 4.664.827,44

Punto 233-x: 553.092,43 y: 4.664.610,28

Punto 232-x: 553.318,73 y: 4.663.979,19

Punto 230-x: 553.425,72 y: 4.663.681,70

Punto 229-x: 553.226,68 y: 4.663.334,18

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existe estrema entre ambos, coa excepción dun tramo que linda coa CMVMC de Cerdeira. Neste tramo xustifícase a estrema polos expedientes de revisión de esbozo (RE22027) da CMVMC de San Cibrán de Ribarteme, (RE22065) da CMVMC de Cabeiras e (RE22012) da CMVMC Cerdeira. Considérase que non afecta terceiros propietarios.

O punto 229 é coincidente co punto 9 do expediente DC22017 (deslindamento entre a CMVMC de Cabeiras e a CMVMC de Sela), polo que no dito punto converxen a CMVMC de San Cibrán de Ribarteme, a CMVMC de Sela e a CMVMC de Cabeiras.

O punto 235 é o punto en que converxen a CMVMC de Cerdeira, a CMVMC de San Cibrán de Ribarteme e a CMVMC de Cabeiras.

A liña do deslindamento non respecta a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Arbo e As Neves.

Nos expedientes de revisión de esbozo RE22065 da CMVMC de Cabeiras e a RE22027 da CMVMC de San Cibrán de Ribarteme xa se recolle o actual deslindamento.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Cabeiras (Arbo) e a CMVMC de San Cibrán de Ribarteme (As Neves), respecto da súa estrema común, nos termos indicados no feito terceiro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 10 de abril de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra