DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 23 de abril de 2024 Páx. 25443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Baredo e Santa María de Fóra (concello de Baiona), respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22084).

Feitos:

Primeiro. O 28.9.2022 o presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Baredo, presentou no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, co núm. de entrada 2022/2386036, solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Baredo e a CMVMC de Santa María de Fóra, ambas no concello de Baiona.

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Montes de Baredo (ID monte: 2457) da CMVMC de Baredo.

– MVMC de Montes de Baiona (ID monte: 2458) da CMVMC de Santa María de Fóra.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

• Acta do apeo do deslindamento do 8.9.2022.

• Acta de conciliación núm. 5/2023 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Baiona o 20.3.2023.

• Certificado do secretario da CMVMC de Baredo coa conformidade do presidente, do 28.9.2022, da aprobación na asemblea do 11.9.2022.

• Certificado do secretario da CMVMC de Santa María de Fóra, coa conformidade do presidente, do 30.1.2023, da aprobación na asemblea do 29.10.2022.

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829, asinado o 6.7.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 292 do COETF de Galicia. Constan emendas posteriores que corrixen a dita memoria.

• Informe de validación gráfica catastral con CSV: 6J8ZRZ7Z49VSNP9P (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012) que, polo principio de colaboración entre administracións, deberá verificar a Xerencia Territorial de Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 562 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto 001-x: 511.538,51 y: 4.661.786,44

Punto 002-x: 511.539,73 y: 4.661.823,88

Punto 003-x: 5115.38,06 y: 4.661.872,02

Punto 004-x: 511.525,29 y: 4.661.934,07

Punto 005-x: 511.485,82 y: 4.662.051,52

Punto 006-x: 511.472,53 y: 4.662.106,37

Punto 007-x: 511.464,38 y: 4.662.165,34

Punto 008-x: 511.447,31 y: 4.662.226,34

Punto 009-x: 511.443,63 y: 4.662.270,55

Punto 010-x: 511.441,48 y: 4.662.286,34

Punto 011-x: 511.435,23 y: 4.662.334,43

Punto 012-x: 511.421,19 y: 4.662.382,10

O deslindamento está formado por 2 tramos:

Tramo 1: punto 001-punto 010.

Tramo 2: punto 011-punto 012.

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existe estrema entre ambos e non afecta terceiros propietarios. No tramo entre o punto 010 e 011 respéctase o dominio público da estrada EP-2202; neste tramo non existe estrema entre ambos os montes (o deslindamento realizarase coa Administración competente).

O punto 001 é coincidente co punto P01 do expediente DC220083 (deslindamento entre a CMVMC de Baredo e a CMVMC de Santa María de Fóra), polo que no dito punto converxen a CMVMC de Baredo, a CMVMC de Baíña e a CMVMC de Santa María de Fóra.

A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC de Baredo: achega un pequeno axuste para pechar o punto 012 do deslindamento co resto do seu esbozo. No punto 001 pecha o esbozo tendo en conta o expediente DC22083.

– CMVMC de Santa María de Fóra: achega uns pequenos axustes para pechar o punto 012 e o punto 001 do deslindamento co resto do seu esbozo.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Baredo e a CMVMC de Santa María de Fóra (Baiona), respecto da súa estrema común, nos termos indicados no feito terceiro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 10 de abril de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra