DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 23 de abril de 2024 Páx. 25467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 16 de abril de 2024 polo que se somete a información pública e trámite de competencia a solicitude de concesión administrativa, presentada pola Confraría de Pescadores de Burela, para a ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio 14.05.EDF.019 (nave de redes) e do medio mecánico guindastre ponte (14.05.MM.001), titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de reparación de redes de arrastre e celebración de feiras náutico-pesqueiras no porto de Burela (expediente 14-05-24-C-1).

O 15 de abril de 2024, o presidente de Portos de Galicia acordou o inicio de trámite da concesión administrativa, solicitada pola Confraría de Pescadores de Burela, para a ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio 14.05.EDF.019 (nave de redes) e do medio mecánico guindastre ponte (14.05.MM.001), titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de reparación de redes de arrastre e celebración de feiras náutico-pesqueiras no porto de Burela (expediente 14-05-24-C-1).

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público este trámite, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na ruta web www.portosdegalicia.gal > Comunicacións e avisos > Procesos de información pública.

Asemade, debido a que a ocupación solicitada excede os 2.500 m2, en aplicación do artigo 68.2.c) da Lei 6/2017, de portos de Galicia, na iniciación do procedemento de outorgamento é preceptivo o trámite de competencia de proxectos. Por tanto, no mesmo prazo de 20 días do trámite de información pública anteriormente indicado, poderán presentarse outra/s solicitude/s de concesión cos requisitos establecidos na mesma lei, que afecten o mesmo espazo e co mesmo ou distinto obxecto.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2024

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia