DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 23 de abril de 2024 Páx. 25470

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 15 de abril de 2024 pola que se notifica a resolución do procedemento para a declaración de abandono da embarcación Itziar, varada no porto de Burela (Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Carlos García López mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a Resolución do 9 de febreiro de 2024 da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia que declara en situación de abandono a embarcación Itziar con folio 7ª-FE-2-110-91, varada no porto de Burela, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A resolución emítese por atoparse a embarcación varada en estado de abandono, sen reparacións nin ningunha actividade desde o 27 de xaneiro de 2023, data en que foi reflotada polo perigo de afundimento, tendo incumprido, ademais, o propietario unha orde previa de retirada enviada pola Zona Norte de Portos de Galicia, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG núm. 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia, unha vez que no Boletín Oficial del Estado núm. 19, do 22 de xaneiro de 2024, se fai público o acordo de iniciación, e dentro do prazo concedido no trámite de audiencia non se formularan alegacións.

De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 6/2023, do 2 de novembro (DOG núm. 215, do 13 de novembro), do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, Portos de Galicia vai proceder á venda do buque, e de resultar esta fallida, ao seu despezamento e traslado a vertedoiro autorizado.

Todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se van realizar sobre o buque en función do que resulte do exame sobre o seu estado e da súa peritación, serán por conta da persoa propietaria.

A presente resolución emítea o presidente de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2024

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia