DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 22 de abril de 2024 Páx. 25173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/305-4).

Expediente: IN407A 2022/305-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: recuamento LMT SDM704 e CS Camiño dos Carreiros.

Concello: Vigo.

Feitos

1. O 2.8.2022, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada Recuamento LMT SDM704 e CS Camiño dos Carreiros.

O proxecto de execución que acompaña a solicitude foi asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e en que figura un orzamento total de 172.885,62 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade realizar unha reordenación da rede nos camiños Vello de Sárdoma e Carreiros, na parroquia de Sárdoma, no concello de Vigo (Pontevedra), mediante as seguintes actuacións:

– Instalación dun centro de seccionamento compacto manobra exterior 3L+TT con dúas celas de saída telecontroladas vía GPRS/3G en envolvente prefabricada de formigón.

– Desmontaxe de 235 metros do tramo SDM7040318 entre os apoios 9X6EGNBT//7 e 9XB8CLQ6//7-4-1 coa retirada de catro apoios de formigón, dous apoios raíl e SXS 36HH16.

– Desmontaxe de 308 metros dos tramos SDM7040352, SDM7040353, SDM7040365 e SDM7040366 entre os apoios 9X6EGNBT//7 e 9X8PRL2K//1 coa retirada de cinco apoios de formigón e un de celosía.

– Desmontaxe de 121 metros do tramo SDM7040323 entre os apoios 9X6EGNBT//7 e 9X3VVMH0//10 coa retirada de dous apoios raíl e un apoio de chapa metálica.

– Retirada de 12 metros do tramo SDM7040321 na derivación ao CT Horm Galicia (36P655) e instalación dun apoio C-2000/12 como final de liña que provocará o retensado augas abaixo do van.

Déixanse sen servizo os tramos SDM7040327 e SDM7040330.

– Retirada de 89 metros dos tramos SDM7040345 e SDM7040313 en condutor RHZ1.

– Instalación dunha liña de media tensión subterránea de 950 metros en catro actuacións para soterrar a liña de media tensión aérea e alimentar o centro de seccionamento proxectado.

2. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vigo, a Axencia Estatal de Seguridade Área (AESA) e Augas de Galicia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos polo Concello de Vigo e a Axencia Estatal de Seguridade Aérea.

Augas de Galicia non emitiu o condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme ao disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

3. Mediante escritos do 5.9.2022, esta xefatura territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da referida instalación eléctrica a todas as persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.

4. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 5.9.2022, publicada nos seguintes medios:

– DOG (Diario Oficial de Galicia): 27.9.2022.

– Xornal Faro de Vigo: 21.9.2022.

– Taboleiro de anuncios do Concello de Vigo, ata o 20.10.2022, segundo o certificado emitido polo propio concello.

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

5. O 5.10.2022, José Antonio Fernández Vila, en representación de María del Rosario Vila Fernández, alegou que a instalación do centro de seccionamento pode ser realizada en terreos de dominio público.

6. As alegacións presentadas foron trasladadas á empresa promotora. Na súa resposta UFD destaca que o centro de seccionamento non é autorizable nin na zona de dominio público da circunvalación avenida Antonio Palacios, nin na zona expropiada polo Concello de Vigo no proxecto do paseo do Río Lagares.

7. O 27.10.2022, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industrias de Galicia (COEIG) presentou unha alegación onde solicita que se inadmita ou, de ser o caso, se denegue a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública. En síntese, alega que o proxecto técnico vén asinado por un enxeñeiro técnico industrial sen especificar a súa especialidade o que impide apreciar a competencia do enxeñeiro, xa que nas atribucións dos enxeñeiros técnicos industriais rexe o principio de especialidade técnica.

8. Déuselle traslado desta alegación á empresa promotora. Esta destaca que os enxeñeiros técnicos industriais teñen atribucións plenas e ilimitadas dentro da súa especialidade, e parcialmente limitadas nas demais especialidades industriais. Estas limitacións noutras especialidades industriais son: industriais ou instalacións mecánicas, químicas ou eléctricas cuxa potencia non exceda dos 250 CV, a tensión de 15000 V e o seu persoal de cen persoas. O límite de tensión será de 66000 V cando as instalacións se refiran ás liñas de distribución e subestacións de enerxía eléctrica. No presente proxecto non é necesario que o enxeñeiro técnico industrial especifique á súa especialidade, pois as instalacións eléctricas proxectadas (liñas de distribución e a súa tensión) non superan os 66000 V.

9. Os servizos técnicos da xefatura territorial, á vista da documentación contida no expediente, analizaron todas as alegacións presentadas, e emitiron o correspondente informe, concluíndo que non se presentan obxeccións para que se poida continuar co trámite da declaración de utilidade pública da instalación eléctrica proxectada para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento de acordo co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

En relación co emprazamento da instalación en terreos de dominio público, informan que non se xustifica por parte da alegante o cumprimento conxunto dos puntos do artigo 161 «Limitacións á constitución de servidume de paso» do Real Decreto 1955/2000.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV con condutor tipo LAC-28 de 16 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-2000/12 (punto 6) e final no apoio existente 9X6708UJ//6-1 (retensado).

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV con condutor tipo RHZ en catro actuacións:

1. De 30 metros, coa orixe na cela de liña do centro de seccionamento (CS) Camiño Vello e final no apoio proxectado C-2000/12 (punto 6).

2. De 896 metros, coa orixe na cela de liña do CS Camiño Vello e final na cela de liña do CS proxectado.

3. De 12 metros, coa orixe na cela de liña do CS proxectado e final na LMTS existente SDM7040362 (nó D).

4. De 12 metros, coa orixe na cela de liña do CS proxectado e final na LMTS existente SDM7040362 (nó E).

– Centro de seccionamento compacto manobra exterior, 3L+TT, emprazado na parcela con referencia catastral 54057A072004300000AR.

As instalacións están situadas no Camiño Vello, estrada Miraflores e Camiño dos Carreiros, Sárdoma, no municipio de Vigo (Pontevedra).

4. Con respecto ás alegacións presentadas, visto o contido destas, as respostas do promotor e o informe dos servizos técnicos desta xefatura territorial, exponse:

Sobre a proposta de trazados alternativos, cabe destacar que para que un trazado alternativo prospere se teñen que dar todas as condicións establecidas no artigo 161 do Real decreto 1995/200, do 1 de decembro. O trazado proposto non cumpre co conxunto dos puntos do mencionado artigo. En todo caso, considerarase non admisible a variante cando o custo desta sexa superior nun 10 % ao presuposto da parte da liña afectada pola variante.

Con respecto ás alegacións presentadas polo COEIG, visto o contido destas e as respostas da promotora, considérase que se xustifica a competencia profesional ao non se sobrepasar a limitación cuantitativa de 66 kV de tensión, referida a liñas de distribución e subestacións de enerxía eléctrica, establecida no Real decreto lei 37/1977, do 13 de xuño, sobre atribucións dos peritos industriais. Esta determinación foi ratificada pola Sentenza do 9 de xullo de 2002, do Tribunal Supremo, ditada no ámbito do recurso de casación núm. 7785/1994, que se sustenta na idea de que «na asignación de atribucións dos antigos peritos que a favor dos enxeñeiros técnicos fai o artigo 2.4 da Lei 12/1986, non hai ningunha limitación por razón de especialidade, e que isto, fai que esas atribucións teñan que considerarse xenéricas», polo que os enxeñeiros técnicos «son organizados segundo especialidades e, dentro de cada unha destas, lles é recoñecida a plenitude de atribucións e facultades profesionais» pero «subsisten as antigas facultades xenéricas con límites cuantitativos», que o Real decreto lexislativo de 1977 atribúe aos antigos peritos.

Conforme o indicado,

RESOLVO:

1. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Recuamento LMT SDM704 e CS Camiño dos Carreiros, expediente IN407A 2023/305-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante esta xefatura territorial acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 1 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra