DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 22 de abril de 2024 Páx. 25196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 3 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente 2022/84/36 e catorce máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázanse as persoas citadas no anexo, para proceder á notificación das resolucións ditadas nos expedientes que se indican no referido anexo instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por ignorarse o lugar de notificación ou por non ser posibles as notificacións no último domicilio que consta nos ditos expedientes tramitados nesta xefatura territorial.

Para o coñecemento íntegro das resolucións, a persoas interesadas por si mesmas ou a través das persoas que legalmente as representen poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra as resolucións poderán interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, desde o día seguinte á notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 3 de abril de 2024

María Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Núm. de expte.

Interesado/a

Efectos xurídicos

Data da resolución

2022/84-36

X8225592X

Mantemento de medida administrativa

13.10.2023

2019/26-36

F0229689

Mantemento de medida administrativa

12.7.2023

2008/318-36

36078663N

Establecemento de recurso

24.10.2023

2014/5-36

53185126H

Mantemento de medida administrativa

17.11.2023

2011/309-36

53118301P

Mantemento de medida administrativa

1.12.2023

2021/235-36

35464333N

Establecemento de medida administrativa

15.12.2023

2012/286-36

36156454V

Mantemento de medida administrativa

18.1.2023

2018/359/36

54917388N

Mantemento de medida administrativa

8.2.2024

2019/358/36

X7754434 F

Mantemento de medida administrativa

28.2.2024

2023/126/36

Y2166501F

Deixar sen efecto medida administrativa

7.3.2024

2020/193/36

Y2166501F

Deixar sen efecto medida administrativa

7.3.2024

2023/9/36

35633998Y

Mantemento de medida administrativa

14.3.2024

2023/10/36

35633998Y

Mantemento de medida administrativa

14.3.2024

2024/87/36

36129688T

Mantemento de medida administrativa

2.4.2024

2019/37/36

Mohamed El Arfaoui

Mantemento de medida administrativa

11.3.2024