DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 22 de abril de 2024 Páx. 25194

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 9 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica os interesados a constitución do depósito de pagamento do prezo xusto polas afeccións derivadas da construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Cenlle e San Amaro (expediente IN407A 2021/144-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio cítanse os titulares dos predios relacionados no cadro anexo para seren notificados por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma, da constitución, por parte da empresa beneficiaria, do depósito de pagamento do prezo xusto acordado mediante a resolución do Xurado de Expropiación de Galicia relativa ás afeccións derivadas da construción dunha instalación eléctrica situada nos concellos de Cenlle e San Amaro.

As persoas titulares ou os seus representantes deberán comparecer, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias desta Xefatura Territorial de Economía, Industria e Innovación (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Tamén poden solicitalo por correo postal. En ambos os casos deben achegar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que os acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Ourense, 9 de abril de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2021/144-3.

Instalación: regulamentación LMTA ALB804-apoio núm. 36-53.

Concellos: Cenlle e San Amaro.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data do depósito

1

Lameiro

32075AO92003650000EU

María Fernández Vázquez

Enderezo descoñecido

5.4.2024

3

Rodal

32026A008040000000TW

Manuel Fernández Seoane

Enderezo descoñecido

5.4.2024