DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 18 de abril de 2024 Páx. 24572

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial AR-S1 Gallega de Mallas (expediente 2021/U034/000001).

Mediante o Acordo do Pleno municipal, na sesión do día 4 de abril de 2024, acordouse:

Primeiro. Aprobar definitivamente o documento presentado o 15 de marzo de 2024 (RE 202499900000542) de Plan parcial AR S1 Gallega de Mallas aprobación definitiva, asinado polo arquitecto Ángel Luis Monteoliva Díaz e cuxa pegada dixital correspondente ao documento non editable é:

143C3728623F30CAFEE32526CADC2ED83AB471FF8528634AE19DE45A69FBCC1Dh

Segundo. Publicar no Diario Oficial de Galicia:

a) O acordo de aprobación definitiva do plan.

b) Indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan (documento 15041_PP_202103_B_AAE_01DAE e documento 15041_PP_202403_AD_NU).

O contido íntegro do plan estará á disposición do público na sede electrónica (artigos 82.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia (LSG), e 199.2 do Regulamento da Lei do solo (LSG).

Terceiro. Notificarlles o acordo aos promotores e individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados e ás demais persoas interesadas que consten no expediente.

Cuarto. Remitir á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, un exemplar en soporte dixital debidamente dilixenciado do instrumento de planeamento urbanístico aprobado logo da publicación no DOG do acordo de aprobación definitiva (artigo 88 da LSG).

Quinto. Publicar no Boletín Oficial da provincia o documento que conteña a normativa e as ordenanzas do instrumento de planeamento urbanístico aprobado, unha vez publicado no DOG e inscrito no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia (artigos 82.3 e 88.4 da LSG).

O presente plan parcial é unha disposición xeral polo que contra el poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta disposición.

A Laracha, 10 de abril de 2024

José Ramón Martínez Barbeito
Alcalde en funcións