DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 18 de abril de 2024 Páx. 24570

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle da parcela 45 do API R31 parque de Eirís (expediente 631/2022/176).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 7 de marzo de 2024, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro Aprobar definitivamente o documento denominado Estudo de detalle da parcela 45 do API R31 parque de Eirís para a construción dun centro de día. Febreiro 2024, promovido pola Asociación de dano cerebral da Coruña, Adaceco, e redactado polo arquitecto Francisco Borreguero Villanueva, co número de colexiado 2.408 do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG).

Segundo. Ordenar a realización dos trámites administrativos recollidos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do regulamento e desenvolvemento desta, para procurar a entrada en vigor do estudo de detalle aprobado.

Terceiro. Notificarlles este acordo ao promotor do documento, aos servizos e departamentos municipais interesados na tramitación do expediente e á Dirección Xeral de Aviación Civil, en virtude do artigo 27.9 do Real decreto 369/2023, do 16 de maio, polo que se regulan as servidumes aeronáuticas de protección da navegación aérea».

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo e de forma dixital na sede electrónica deste concello, no enderezo electrónico https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe «planeamento/planeamento vixente», ou ben, desde a mesma web, a través do visor «Desenvolvemento do planeamento».

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 19 de marzo de 2024

A alcaldesa
P.D. (Decreto 4538/2023, do 21 de xuño; BOP núm. 121, do 27 de xuño)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área de Economía e Planificación Urbana