DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 18 de abril de 2024 Páx. 24521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Sada (expediente IN407A 2023/128-1).

Expediente: IN407A 2023/128-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Soutilo.

Concello: Sada.

Feitos:

1. O día 10 de marzo de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de mellorar a calidade de subministración e resolver as reclamacións por caídas de tensión existentes no lugar de Soutilo.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución nomeado LMT, CT, RBT Soutilo, asinado o 15 de novembro de 2022 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico co número de colexiado 2.980 de Vigo.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 30 de maio de 2023, publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

• DOG: 21 de xuño de 2023, co número 117.

• BOP: 6 de xuño de 2023, co número 106.

• Xornal La Voz de Galicia: 13 de xuño de 2023.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal da secretaria do Concello de Sada do 29 de agosto de 2023.

3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidera prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe ao Servizo do Patrimonio Cultural-Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Coruña; Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA)-Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable e o Concello de Sada. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polos organismos afectados, a saber, Patrimonio, AESA e o concello.

5. O día 20 de marzo de 2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte a disposición transitoria primeira do Decreto do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no lugar de Soutilo, parroquia de Veigue, no concello de Sada.

• Modificación, mantendo a súa situación actual, do apoio núm. 31-5 (matrícula AKIL7WN7) de formigón tipo HV-400/13-CR-CA(CS)-XS pertencente á arquitectura do treito aéreo da liña SAD-704 autorizado no expediente 34.914, consistente na instalación dun paso aero-soterrado (PA/S) e dunha nova terminal de conexión.

• Modificación do treito soterrado da liña SAD-704 autorizado no expediente IN407A 2005/140-1, de alimentación ao CT praia Cirro (matrícula 15CCVP), consistente na instalación en vieiro público dun novo punto de acceso á rede (arqueta) preto do apoio núm. 31-5 modificado.

• Instalación, proxectada na parcela con referencia catastral 7132924NJ5073S0001YI, sita no lugar de Soutilo (Veigue), dun novo centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, cunha configuración de celas 2L+1P con illamento en SF6, telecontrolado, de 250 kVA de potencia e relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV, dotado de cadro de baixa tensión con catro (4) saídas e equipamento de telexestión.

• Liña eléctrica de media tensión soterrada a 15 kV, de 2×185 (+13) metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm² Al), coa orixe nos empalmes MT que se realizarán na nova arqueta proxectada e remate no paso aero-soterrado (PA/S) que se instalará no apoio núm. 31-5 modificado, tras entrar e saír no novo CT Soutilo proxectado. Esta operación suporá a substitución de 13 metros de condutor tipo RHZ1 12/20 kV 3(1×240 mm² Al) da liña soterrada existente.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 25 de marzo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial de Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

LMT, CTC e RBT Soutilo.

Concello de Sada.

Parcela proxecto

Persoa propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecida/o

7132924NJ5073S0001YI

Lugar de Soutilo

CT e acceso

24,3

Urbano. Solo sen edificar

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m².

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m².