DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 18 de abril de 2024 Páx. 24515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Noia e Lousame (expediente IN407A 2023/115-1).

Expediente: IN407A 2023/115-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: proxecto para soterramento LMT BOI806-Noia/Lousame.

Concellos: Noia e Lousame.

Feitos:

1. O día 7.3.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica. Co obxecto de soterramento de parte da liña BOI806 na contorna da estrada Rasa de Abaixo hasta a estrada AC-308 p.q. 14+680 entre os concellos de Noia e Lousame.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto de execución denominado Proxecto para soterramento LMT BOI806-Noia/Lousame, asinado o día 31.8.2022 por Javier Fernández Pazos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, núm. de colexiado 502 de Ourense; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

• DOG: 26.6.2023.

• BOP: 8.6.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 15.6.2023.

• Taboleiro de anuncios do concello:

Concello de Noia: segundo certificado municipal do 19.6.2023.

Concello de Lousame: segundo certificado municipal do 9.6.2023.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: concello de Lousame, concello de Noia, Augas de Galicia, Patrimonio Cultural e AXI.

A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos por AXI no prazo outorgado para ese efecto.

No día desta resolución, non consta no expediente resposta dos concellos de Lousame e de Noia, Augas de Galicia e Patrimonio Cultural, á solicitude de informe.

5. O día 15.2.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte a disposición transitoria primeira do Decreto do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas na estrada Rasa de Abaixo, entre os concellos de Lousame e Noia, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Modificación do treito da liña BOI-806 autorizado no expediente 52.381, de 993 metros de lonxitude, comprendido entre os seus apoios nº 101 (matrícula 9O4MSX2T) metálico de celosía e nº 115 (matrícula 9OPI8M0N) de formigón tipo S-AL-HV-630/15-Bov, consistente en:

• Desconexión e desmonte do condutor tipo LA-56 e dos apoios sobre os que se atopa tendido, no treito da liña BOI-806 de 751 metros de lonxitude comprendido entre os actuais apoios nº 102 (matrícula 9O72E7P9) de formigón tipo HV-1000/13 e nº 114 (matrícula 9OMEP7PE) de formigón tipo HV-630/13.

• Substitución, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15058A033000510000QJ cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 101, do apoio nº 102 polo novo apoio metálico de celosía tipo FL-C-2000/16-H35-CA (CS).

• Retirada da rede do apoio nº 114, que será substituído polo novo apoio metálico de celosía tipo FL-C-3000/16-H35-CA (CS) nun emprazamento próximo na parcela con referencia catastral 15043J503013500000DO sen alterar a traza da liña BOI-806, en que se proxecta a instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) dotado de pararraios autoválvulas. Esta operación implicará o retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente), no novo van da liña BOI-806 de 132 metros de lonxitude formado polo novo apoio proxectado e o apoio nº 115 existente.

• Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 1.885 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al), coa orixe en cela de liña do CT San Bernardo (matrícula 15CFA6) e remate no paso aéreo-soterrado (PA/S) para instalar no novo apoio FL-C-3000/16-H35-CA (CS) proxectado.

Coa finalidade de manter a subministración de enerxía eléctrica aos usuarios da zona nas condicións regulamentarias, durante a execución das novas instalacións unha vez que sexan autorizadas, manteranse operativos algúns dos elementos da rede incluídos nos desmantelamentos proxectados, os cales serán rematados unha vez posta en explotación a liña eléctrica de media tensión soterrada.

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume que sinala o artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 23 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Soterramento LMT BOI-806-Noia/Lousame.

Termo municipal de Noia.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº de apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

2

Descoñecido

15058A033000510000QJ polígono 33, parcela 51

Fontiña

Novo apoio nº 102

2

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño