DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 18 de abril de 2024 Páx. 24543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Edicto do 29 de febreiro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Carboeira, Freitas e Portocabalo, a favor dos veciños de Aldea de Deva, no concello de Pontedeva.

Advertido un erro no devandito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 59, do venres 22 de marzo de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:

Ao longo do anuncio, onde di: «Carbeira», debe dicir: «Carboeira».