DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 18 de abril de 2024 Páx. 24544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de abril de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente MON-CO-0036-2024 FOR e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser realizada no Boletín Oficial del Estado, e a súa data de publicación será a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 4 de abril de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: MON-CO-0036-2024 FOR.

DNI denunciado: 78809062E.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Expediente: MON-CO-0039-2024 FOR.

DNI denunciado: 32311449Z.

Acto de notificación: acordo de inicio.