DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 18 de abril de 2024 Páx. 24541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 4 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20240032TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 8 de marzo de 2024 a xefa territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador núm. 20240032TA-PO contra a persoa titular do DNI 42247792N.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido efectuarse, polo que mediante este anuncio se lle notifica á persoa titular do DNI 42247792N o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida María Victoria Moreno, núm. 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírteselle de que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 4 de abril de 2024

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 20240032TA-PO.

DNI da persoa denunciada: 42247792N.

Último enderezo coñecido: avenida Galicia, núm. 83, piso 4B, 36630 Cambados (Pontevedra).

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro. Artigo 7, letra u): Prohíbese fumar, «u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro: «Consideraranse infraccións leves: a) Fumar nos lugares en que existe prohibición ou fóra das zonas habilitadas para o efecto».

Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).