DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 17 de abril de 2024 Páx. 24254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 14 de marzo de 2024, polo que se outorga a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, da infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT 132 kV colectora da SE Serra do Faro-SE Valdepereira, nos municipios de San Cristovo de Cea, Piñor e O Irixo (Ourense) e Dozón (Pontevedra), promovida por Serra do Faro, S.L. (expediente IN408A 2021/15).

En cumprimento do disposto no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, publícase como anexo a esta resolución o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 14 de marzo de 2024, polo que se outorga a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción, e declaración de utilidade pública, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, da infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT 132 kV colectora da SE Serra do Faro-SE Valdepereira, nos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor e O Irixo (Ourense) e Dozón (Pontevedra), promovida por Serra do Faro, S.L. (expediente IN408A 2021/15).

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de marzo de 2024 polo
que se outorga a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, así como
a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, da infraestrutura
de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT 132 kV colectora da SE Serra
do Faro-SE Valdepereira, nos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor e O Irixo (Ourense) e Dozón (Pontevedra), promovida por Serra do Faro, S.L.
(expediente IN408A 2021/15)

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Serra do Faro, S.L., en relación coas autorizacións administrativas previa, de construción e declaración de utilidade pública, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, da infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT 132 kV colectora da SE Serra do Faro-SE Valdepereira, constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 18.2.2021 a empresa Serra do Faro, S.L., en diante a promotora, presentou a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción, declaración de utilidade pública e aprobación de proxecto de interese autonómico da instalación eléctrica denominada denominada LAT 132 kV colectora da SE Serra do Faro-SE Valdepereira, xunto coa seguinte documentación: proxecto de execución, relación de bens e dereitos de afectados (RBDA), documento e solicitude para a tramitación de proxecto de interese autonómico, estudo de impacto ambiental, shapefiles, xustificante de pagamento de taxas e separatas.

Segundo. O 23.4.2021 o Servizo de Infraestruturas Enerxéticas comunicoulle á promotora que, segundo informa o Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, en diante DXPERN, a solución de evacuación proposta non coincide coa presentada e valorada no concurso eólico convocado pola Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (Diario Oficial de Galicia número 61, do 31 de marzo). Polo tanto, requíreselle que presente a solicitude de valoración da modificación por parte da Comisión de Seguimento do Concurso Eólico. O 10.5.2021 presentan a memoria xustificativa e o pagamento da taxa correspondente.

O 13.4.2022 a DXPERN emitiu a resolución favorable pola cal se aprobaron os cambios nas solucións de evacuación dos parques eólicos de Serra do Faro e Coto Frío, tras o procedemento de valoración do proxecto por parte da Comisión de Seguimento do Concurso Eólico.

Terceiro. Mediante a Resolución do 29.7.2021 da DXPERN, declarouse a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes á LAT 132 kV colectora da SE Serra do Faro-SE Valdepereira, promovido por Serra do Faro, S.L., o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos. Tamén se declarou mediante resolución da DXPERN a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes aos parques eólicos de Serra do Faro fase primeira, Coto Frío, Coto da Mina e Serra do Faro ampliación II.

Cuarto. O 28.4.2022, para os efectos de continuar coa tramitación do referido expediente por parte da unidade tramitadora, conforme o exixido no artigo 33.9 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a DXPERN deu traslado do expediente do proxecto de referencia á Xefatura Territorial de Ourense.

Quinto. No DOG número 100, do 25 de maio de 2022, publicouse o Acordo do 18 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do proxecto da LAT 132 kV colectora de SE Serra do Faro-SE Valdepereira, sita nos concellos de Dozón, na provincia de Pontevedra, e O Irixo, Piñor e San Cristovo de Cea, na provincia de Ourense (expediente IN408A 2021/15).

A documentación que se expuxo en cumprimento do artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, foi a seguinte:

– Proxecto de execución (visado 19.1.2021).

– A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados (RBDA-abril de 2022).

– Estudo de impacto ambiental (EIA) (febreiro de 2022).

– Proxecto de interese autonómico (asinado o 17.2.2021).

O 27.5.2022 publicouse o dito acordo no diario La Región e en Faro de Vigo. O anuncio e toda a documentación técnica foi subida ao portal de transparencia da Consellería de Economía, Industria e Innovación para a súa consulta pública durante o tempo regulamentario.

Así mesmo, o antedito acordo estivo exposto durante o prazo de 30 días nas dependencias da Xefatura Territorial de Ourense e nos concellos afectados, acreditado nos certificados presentados por eles.

Sexto. A Xefatura Territorial de Ourense, en diante Xefatura Territorial, de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e o previsto nos artigos 127, 131 e 146 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución aos seguintes organismos e empresas de servizo público identificados como afectados polo propia promotora: o Concello do Irixo, o Concello de Piñor, o Concello de San Cristovo de Cea, o Concello de Dozón, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, a Deputación Provincial de Ourense, a Deputación Provincial de Pontevedra, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Telefónica, UFD Distribución Electricidad, S.A., Autoestrada Alto Santo Domingo, ADIF, Renfe, Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Servizo de Enerxía e Minas, Xunta de Galicia.

O 20.5.2022 a Xefatura Territorial comunícalle á empresa promotora que deben concretar a quen van dirixidas as seguintes separatas técnicas:

1. Servizo de Enerxía e Minas.

2. Xunta de Galicia.

Consta recepción o 22.5.2022 e non se recibiu no prazo establecido aclaración pola promotora, polo que se continuaron os trámites.

O 15.6.2022 a promotora achegou unha separata para a Axencia Galega de Infraestruturas e o 8.8.2022, outra separata para a Dirección Xeral de Defensa do Monte.

En cumprimento da normativa solicítaselles condicionado técnico a ambos os organismos.

Con relación a estes organismos e empresas, indícase para cada caso a súa situación concreta e os trámites realizados:

– Concello do Irixo: non emitiron condicionado técnico.

– Concello de Piñor: non emitiron condicionado técnico.

– Concello de San Cristovo de Cea: non emitiron condicionado técnico.

– Concello de Dozón: emite condicionado o 14.6.2022, o cal foi aceptado por Serra do Faro, S.L. mediante escrito do 30.6.2022.

– Confederación Hidrográfica do Miño-Sil: este organismo contestou a solicitude de condicionado mediante escrito do 19.6.2023, informe que non foi contestado pola promotora.

– Deputación Provincial de Ourense: non emitiron condicionado técnico.

– Deputación Provincial de Pontevedra: este organismo contestou a nosa solicitude de condicionado mediante escrito do 16.6.2022, o cal foi aceptado por Serra do Faro, S.L. mediante escrito do 30.11.2022.

– Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo: este organismo contestou a solicitude de condicionado mediante escrito do 25.5.2022, o cal foi aceptado por Serra do Faro, S.L. mediante escrito do 9.6.2022.

– Telefónica: esta empresa contestou a solicitude de condicionado mediante escrito do 24.5.2022, o cal foi aceptado por Serra do Faro, S.L. mediante escrito do 7.6.2022.

– UFD Distribución Electricidad, S.A.: o 16.6.2022 a empresa contestou a solicitude de condicionado mediante escrito en que se solicita que se amplíe a información. O 12.7.2022 a DXPERN remite resposta de Serra do Faro, S.L. á Xefatura Territorial, a cal foi trasladada a UFD. O 27.7.2022 UFD dá conformidade á execución das obras, o cal foi aceptado por Serra do Faro, S.L. mediante escrito do 29.7.2022.

– Autoestrada Alto Santo Domingo-Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. contestou a solicitude de condicionado mediante escrito do 24.5.2022 en que comunica que son encargados do mantemento e explotación da autoestrada e indica que calquera trámite debe facelo a Axencia Galega de Infraestruturas. O informe foi aceptado por Serra do Faro, S.L. mediante escrito do 7.6.2022.

– ADIF: esta empresa contestou a solicitude de condicionado mediante escrito do 8.6.2022, o cal foi aceptado por Serra do Faro, S.L.

– Renfe: non emitiron condicionado técnico.

– Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana: non emitiron condicionado técnico.

– Axencia Galega de Infraestruturas: o 28.6.2022 contestou a solicitude de condicionado mediante informe desfavorable. O 5.7.2022 Serra do Faro, S.L. achega unha nova separata que substitúe a anterior, a cal foi trasladada á AXI. O 14.7.2022 a AXI deu conformidade á execución das obras con estrita suxeición ao condicionado técnico que se xunta co informe: «Á vista de todo o que antecede, emítese informe favorable sobre a separata técnica do proxecto de execución da LAT colectora 132 kV subestación Serra do Faro-subestación Valdepereira, con estrita suxeición ao condicionado técnico que se xunta con este informe. Previamente á execución das obras, a promotora deberá solicitar a preceptiva autorización dos servizos provinciais da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra e Ourense».

– Dirección Xeral de Defensa do Monte: non emitiu condicionado técnico.

Para os organismos que non contestaron, de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, o prazo para a emisión dos condicionados técnicos do proxecto de execución será de trinta días desde a recepción da solicitude. De non se recibiren estes condicionados en prazo, entenderase a conformidade co proxecto e continuarase a tramitación do procedemento.

Sétimo. No procedemento de avaliación de impacto ambiental ordinaria, a Xefatura Territorial realizou o trámite de consultas aos organismos afectados durante a tramitación do período de información pública e a promotora prestou a súa conformidade ou deu resposta aos condicionados emitidos.

Foron consultados os seguintes organismos: Axencia de Turismo de Galicia, Concello do Irixo, Concello de Piñor, Concello de San Cristovo de Cea, Concello de Dozón, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Dirección Xeral de Defensa do Monte, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Dirección Xeral de Saúde Pública, Instituto de Estudos do Territorio, Adega, Federación Ecoloxista Galega, Sociedade Galega de Historia Natural, Sociedade Galega de Ornitoloxía.

Dos organismos anteriores non emitiron informe os seguintes: o Concello do Irixo, o Concello de San Cristovo de Cea, Adega, a Federación Ecoloxista Galega e a Sociedade Galega de Ornitoloxía.

Os restantes organismos emitiron os correspondentes informes, que foron trasladados á promotora para que emita a súa resposta, en concreto:

– Axencia de Turismo de Galicia: o 3.10.2022 no seu informe solicita que se complete o estudo de impacto turístico. O 27.10.2022 Serra do Faro, S.L. achega nova documentación, que se lle traslada á Axencia de Turismo de Galicia. O 21.11.2022 a Axencia de Turismo de Galicia emite informe en que considera o impacto reducido, aceptado pola promotora o 22.11.2022.

– Concello de Piñor: o 14.6.2022 emite informe favorable, aceptado pola promotora o 12.7.2022.

– Concello de Dozón: o 14.6.2022 emite informe favorable condicionado, aceptado pola promotora o 30.6.2022.

– Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS): o 1.9.2022 emite informe condicionado. O 10.10.2022 Serra do Faro, S.L. presenta nova documentación referente ás actuacións no ámbito do dominio público hidráulico, que se traslada á CHMS. O 31.10.2022 a CHMS emite informe favorable, aceptado pola promotora o 3.11.2022.

«[…] Visto o anterior, e tendo en conta a documentación de que se dispón nesta confederación, emítense o presente informe favorable ao estudo de impacto ambiental e as aclaracións a este. Este enténdese en canto lle compete á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A. e non prexulga sobre a necesidade de obter informes doutros organismos. Desde a Confederación Hidrográfica Miño-Sil non se aprecia impedimento ningún para a continuidade da tramitación, polo que se manifesta a súa conformidade coa continuación da tramitación administrativa do expediente. […]».

– Dirección Xeral de Defensa do Monte: o 15.11.2022 este organismo emite informe favorable condicionado, aceptado pola promotora o 24.11.2022.

– Dirección Xeral de Emerxencias e Interior: o 27.5.2022 emite informe favorable condicionado, aceptado pola promotora o 30.6.2022.

– Dirección Xeral de Patrimonio Cultural: o 15.9.2022 emite informe negativo en que solicita, entre outras cuestións, alternativas para varios apoios e accesos a eles e modificacións do arranque de liña na SE Serra do Faro. O 18.11.2022 Serra do Faro, S.L. contesta o informe remitindo modificado da liña e novos arquivos shapes. O 8.3.2023 a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe favorable condicionado: «[…] en atención ao expresado nos puntos anteriores, considérase que o deseño da LAT reflectido na documentación presentada é compatible coa protección e a conservación do patrimonio cultural e, por tanto, emítese un informe favorable da resposta da promotora e documentación complementaria achegada, coas medidas protectoras e correctoras indicadas no anexo de avaliación do impacto patrimonial e addenda deste (Memoria de 2022), e incluíndo a medida compensatoria presentada para rehabilitar o conxunto singular dos pendellos da Gouxa, e sempre e cando se teñan en conta as seguintes condicións e consideracións: […]».

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural: o 1.9.2022 emite informe favorable condicionado: «[…] Á vista dos antecedentes, da análise da documentación e da información achegada polos servizos de Patrimonio Natural de Ourense e Pontevedra, considérase que o presente proxecto é compatible coa preservación do patrimonio natural e a biodiversidade xa que non é previsible que este xere efectos significativos sobre os valores naturais, sempre e cando se garanta o cumprimento das medidas recollidas na documentación achegada e se teñan en conta as seguintes consideracións: […]».

«[…] Previamente ao inicio dos traballos (no momento máis adecuado para a súa observación segundo os seus ciclos vitais), será comprobada a ausencia, na zona obxecto das actuacións, de especies protexidas que poidan ser danadas especialmente (Ranunculus bupleuroides). De atoparse ou demostrarse a existencia de especies incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas (CGEA) na zona onde se pretende actuar, prohíbese calquera actuación que lles afecte. No suposto de verse afectadas, comunicaráselle ao Servizo de Patrimonio Natural de Ourense ou Pontevedra, segundo a provincia afectada, para tomar as medidas oportunas e, de ser o caso, solicitar a correspondente autorización administrativa, segundo recolle o artigo 11 do Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas (modificado polo Decreto 167/2011, de 4 de agosto). […]». Este informe foi aceptado pola promotora o 8.9.2022.

Posteriormente, o 19.4.2023 a promotora achega unha addenda sobre o estudo de sinerxías e efectos acumulativos, a cal se lle remite por petición da promotora, para os efectos oportunos, á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural o 21.4.2023.

– Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal: o 1.7.2022 emite informe condicionado, contestado pola promotora o 1.8.2022.

– Dirección Xeral Saúde Pública: o 12.7.2022 emite informe condicionado en que solicita completar a documentación. O 5.9.2022 a promotora solicita prórroga. O 26.9.2022 a promotora envía resposta ao requirimento desta dirección xeral. O 3.11.2022 a Dirección Xeral de Saúde Pública emite informe favorable, aceptado pola promotora o 4.11.2022.

– Instituto de Estudos do Territorio (IET): o 6.6.2022 emite informe negativo en que solicita estudo de nova localización para o apoio 40 e do trazado que atravesa vexetación autóctona:

«[…] Á vista da documentación achegada pode comprobarse que a posición do apoio 40 non se sitúa sobre os afloramentos rochosos presentes no lugar de localización. En relación coa incidencia sobre as masas de vexetación autóctona, pode considerarse correcto o manifestado pola promotora, así como as medidas preventivas, correctoras e compensatorias que, de ser o caso, se dispoñan, as cales deberán ter en conta as indicacións do informe do IET do 6.6.2022. En todo caso, de acordo co artigo 30.3 do RLPPG, as medidas de integración paisaxística deberán quedar oportunamente recollidas no proxecto. […]».

O 7.7.2022 Serra do Faro, S.L. presenta a xustificación da elección da dita localización e do trazado. O 7.9.2022 o IET dá conformidade ao apoio 40 e a xustificación relativa á vexetación autóctona, pero mantén os condicionados do primeiro informe, aceptado pola promotora o 12.9.2022.

– Sociedade Galega de Historia Natural: o 30.5.2022 esta sociedade emite informe condicionado, contestado pola promotora o 30.6.2022.

Oitavo. Como consecuencia do informe emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural o 8.3.2023, prodúcense cambios parciais no trazado da infraestrutura proxectada que implican variacións na relación de bens e dereitos afectados (RBDA-abril de 2022), que foi sometida a información pública mediante o dito Acordo do 18.5.2022.

O 3.4.2023 a Xefatura Territorial recibe a solicitude presentada por Serra do Faro, S.L. relativa á declaración de utilidade pública da LAT 132 kV colectora da SE Serra do Faro-SE Valdepereira, coa correspondente relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados (RBDA-marzo de 2023), para dar cumprimento ao establecido no artigo 44.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, para levar a cabo coa inserción do correspondente anuncio da Xefatura Territorial (Acordo do 5.4.2023) no DOG número 73, do 17 de abril. Coa mesma data publicase o dito acordo no diario La Región e en Faro de Vigo.

O anuncio e toda a documentación técnica antes sinalada foi subida ao portal de transparencia desta consellería para a súa consulta pública durante o tempo regulamentario.

De igual modo, o anuncio estivo exposto durante un prazo de 30 días nos concellos de Dozón, Piñor, San Cristovo de Cea, O Irixo e na Xefatura Territorial, feito acreditado mediante certificado de exposición pública.

Noveno. O 20.6.2023 a Xefatura Territorial remítelle á promotora requirimento relativo a correccións na RBDA e comunicación de acordos mutuos. O 24.8.2023 a promotora presenta resposta ao dito requirimento achegando a seguinte documentación:

• Documento RBDA LAT 132 kV SF-VAL. Agosto de 2023.

• Anexo 1. Táboa de parcelas afectadas.

• Anexo 2. Táboa de parcelas con acordo.

O 5.9.2023 a promotora presenta unha resposta complementaria á achegada o 24.8.2023 en que emenda unha serie de erros detectados con posterioridade. Para tal fin, achega a seguinte documentación en substitución da anteriormente presentada:

• Declaración responsable dos acordos alcanzados con persoas titulares de bens e dereitos afectados.

• Documento RBDA LAT 132 kV SF-VAL. Setembro de 2023.

Décimo. O 1.6.2023 a Sección de Minas da Xefatura Territorial de Ourense achegou informe sobre as afeccións á minaría do proxecto LAT 132 kV colectora de SE Serra do Faro-SE Valdepereira, en que se documenta que os terreos sobre os cales está proxectada a dita instalación na provincia de Ourense están afectados polos seguintes dereitos mineiros caducados:

1. Permiso de investigación caducado Cusanca 4866.

2. Concesión de explotación caducada Laxedo 4606.1.

Achégase tamén informe da Sección de Minas da Xefatura Territorial de Pontevedra sobre as afeccións á minaría ao proxecto LAT 132 kV colectora de SE Serra do Faro-SE Valdepereira, no cal se informa que en 23.6.2022 os terreos sobre os cales está proxectada a dita instalación na provincia de Pontevedra non están afectados por ningún dereito mineiro, o cal foi ratificado de novo o 6.6.2023.

Décimo primeiro. O 23.6.2023 a Xefatura Territorial, logo de rematar a instrución do expediente citado no asunto e de conformidade co disposto no artigo 33.16 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico de Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (en diante, Lei 8/2009, do 22 de decembro), remitiulle o expediente completo á DXPERN para continuar coa súa tramitación.

Entre outras epígrafes, na documentación remitida pola Xefatura Territorial achéganse os informes do trámite de información pública, os condicionados técnicos ás separatas do proxecto de execución, as consultas no procedemento de avaliación de impacto ambiental ordinaria e un documento resumo da tramitación feita ata a data de remisión do 23.6.2023.

Tamén se achegan os informes técnicos, asinados por persoal facultativo da Xefatura Territorial de Ourense e Pontevedra sobre o cumprimento da normativa de instalacións industriais e eléctricas do proxecto LAT 132 kV colectora de SE Serra do Faro-SE Valdepereira, así como relativo ás prohibicións e limitacións establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Décimo segundo. O 20.7.2023 esta dirección xeral, como órgano substantivo por razón da materia, envioulle ao órgano ambiental o expediente ambiental do proxecto para continuar coa tramitación de avaliación de impacto ambiental ordinaria de cara á formulación da declaración de impacto ambiental (DIA).

Décimo terceiro. Formalizada a tramitación ambiental, o 21.12.2023 o órgano ambiental emitiu a Resolución pola que formulou a DIA relativa ao proxecto LAT 132 kV colectora da SE Serra do Faro-SE Valdepereira, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e concluíu que: «o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA».

Publícase no DOG número 5 o Anuncio do 22 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto LAT 132 kV colectora SE Serra do Faro-SE Valdepereira, nos concellos de Dozón (Pontevedra) e O Irixo, Piñor e San Cristovo de Cea (Ourense) (expediente 2023/0093).

O 22.12.2023 o órgano ambiental notificoulle á DXPERN a Resolución da DIA e o 27.12.2023 a DXPERN comunicoulle á promotora a devandita resolución e solicitoulle a documentación técnica refundida para a autorización, que a promotora achega o 9.1.2024.

Décimo cuarto. De acordo co establecido nos números 2 e 3 do artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 decembro, o procedemento de declaración de compatibilidade de utilidades públicas iniciouno a dirección xeral competente en materia de enerxía unha vez solicitado o recoñecemento de utilidade pública por parte da promotora e en canto tivo coñecemento da existencia de aproveitamentos que puidesen resultar incompatibles.

Polo anterior, o 10.11.2023 a DXPERN solicitoulle á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal informe sobre os aproveitamentos/dereitos de utilidade pública que poidan resultar afectados pola instalación de referencia, LAT 132 kV colectora SE Serra do Faro-SE Valdepereira.

O 27.11.2023 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal achegoulle a esta Dirección Xeral os seguintes informes:

1. Certificado de aproveitamentos de masas forestais emitido polo Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense o 22.11.2023.

2. Certificado de aproveitamentos de masas forestais emitido polo Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Pontevedra o 24.11.2023.

Décimo quinto. O 3.1.2024 a promotora presenta ante a DXPERN unha actualización da RBDA do proxecto da LAT 132 kV colectora da SE Serra do Faro-SE Valdepereira e achega a seguinte documentación en substitución da presentada anteriormente.

– Documento RBDA LAT 132 kV SF-Val. Decembro de 2023.

– Táboas RBDA LAT 132 kV SF-Val. Decembro de 2023 (arquivos .XLSX).

– Declaración responsable de acordos acadados. Decembro de 2023.

– Capas shape afeccións LAT 132 kV SF-Val. Decembro de 2023.

No anexo 2 do documento RBDA LAT 132 kV Serra do Faro-SE Valdepereira. Decembro de 2023, indícanse as parcelas coas cales a promotora acadou un acordo previo.

Ademais, no seu escrito manifesta: «Alcanzáronse de manera amigable acordos de dereitos de servidume coas CMVMC listadas nos puntos inferiores, de acordo co establecido no artigo 6 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común».

CMVMC da Ponte-Irixo, Irixo de Arriba e Vila (monte veciñal A Ponte-Irixo, Irixo de Arriba e Vila, 1682).

– Parcela 492 do polígono 38 do Irixo.

– Parcela 849 do polígono 38 do Irixo.

– Parcela 102 do polígono 72 do Irixo.

– Parcela 116 do polígono 72 do Irixo.

CMVMC de Baxín (monte veciñal Baxín, 1687).

– Parcela 149 do polígono 38 do Irixo.

CMVMC da Lama, As Campinas, Laíña e Tellado do Campo (monte veciñal A Lama, As Campinas, Laíña e Tellado do Campo, 1685).

– Parcela 149 do polígono 38 do Irixo.

CMVMC de Zacarade (monte veciñal Val de Cheda, Reigosa, As Tarabelas, 3509).

– Parcela 109 do polígono 5 do Irixo.

CMVMC de Tellado e Carballal (monte veciñal Porta, O Salgueiro, O Reigosa, O Zarrosa, Lagariño, 3511).

– Parcela 2 do polígono 5 do Irixo.

CMVMC de Segade (monte veciñal de Segade, 4376).

– Parcela 266 do polígono 8 do Irixo.

– Parcela 505 do polígono 8 do Irixo.

CMVMC da Costa (monte veciñal da Costa, 4389).

– Parcela 236 do polígono 7 do Irixo.

CMVMC de Lagorzos-Segade (monte veciñal de Lagorzos-Segade, 4255).

– Parcela 367 do polígono 10 do Irixo.

– Parcela 380 do polígono 10 do Irixo.

CMVMC das Campinas (monte veciñal das Campinas, 1686).

– Parcela 149 do polígono 38 do Irixo.

O 5.1.2024 a promotora remitiulles á DXPERN os documentos xustificativos de tales acordos.

Décimo sexto. O 5.12.2023, en aplicación do disposto no número 3 do artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a DXPERN efectuou as notificacións electrónicas para a apertura do trámite de audiencia e outorgoulles aos titulares dos aproveitamentos forestais afectados un prazo de 15 días para que alegasen e presentasen os documentos e xustificacións que considerasen oportunos.

Posteriormente, realízanse novas notificacións o 10.1.2024 a outros titulares de aproveitamentos forestais afectados que non aparecían na relación do informe presentado pola Consellería do Medio Rural nos certificados de aproveitamentos de masas forestais remitidos.

Na seguinte táboa resúmense as notificacións efectuadas a todas as persoas afectados, as que presentan alegacións e as que asinan acordo coa promotora:

Nome do monte

Notificación do trámite de audiencia

Presenta alegacións

Acordo coa promotora

A Ermida

5.12.2023

Si

Non

CMVMC de Baxín

5.12.2023

Non

Si

CMVMC da Ponte-Irixo, Irixo de Arriba e Vila

5.12.2023

Si

Si

CMVMC de Tellado e Carballal (monte veciñal Porta, O Salgueiro, O Reigosa, O Zarrosa, Lagariño)

5.12.2023

Non

Si

Coto de Lebre, O Reigosa, O Zarrosa, A Portela

5.12.2023

Non

Non

CMVMC de Zacarade (monte veciñal Val de Cheda, Reigosa, As Tarabelas)

5.12.2023

Non

Si

CMVMC da Lama, As Campinas, Laíña e Tellado do Campo

5.12.2023

Non

Si

CMVMC de Segade (monte veciñal de Segade, ID 4376)

11.1.2024

Non

Si

CMVMC da Costa (monte veciñal da Costa, ID 4389).

10.1.2024

Non

Si

CMVMC de Lagorzos-Segade (monte veciñal de Lagorzos-Segade, ID 4255)

10.1.2024

Non

Si

CMVMC das Campinas (monte veciñal das Campinas, ID 1686)

10.1.2024

Non

Si

Décimo sétimo. O 19.12.2023 o monte A Ermida presentou unha alegación en que solicita a invalidez do trámite de audiencia e que se suspenda a tramitación do proxecto da LAT 132 kV SE Serra do Faro-SE Valdepereira. O día 20.12.2023 remíteselle a antedita alegación á promotora, que lle achega contestación a esta dirección xeral o 4.1.2024.

O 27.12.2023 a CMVMC da Ponte-Irixo, Irixo de Arriba e Vila presentan unha alegación ao informe da Consellería do Medio Rural por un erro na superficie afectada. O 9.1.2024 remíteselle a alegación á promotora, que responde o 10.1.2024.

Décimo oitavo. O 30.1.2024 a DXPERN solicítalle á DXPOF a emisión do informe previsto no número 4 do artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, xunto coa solicitude de toda a documentación necesaria.

O 28.2.2024 a DXPERN recibe os informes solicitados, un da provincia de Ourense con data de emisión 21.2.2024 e outro da provincia de Pontevedra, emitido o 7.2.2024, nos cales se informa do seguinte:

– No informe sobre a compatibilidade/incompatibilidade do proxecto LAT 132 kV colectora da SE Serra do Faro a SE Valdepereira. Concello de Dozón (Pontevedra): «Atendendo a todo o anteriormente exposto, revisada a documentación achegada do proxecto LAT 132 kV colectora da subestación de Serra do Faro a subestación de Valdepereira, e con base no cumprimento do artigo artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, informo sobre a compatibilidade do aproveitamento afectado coa actuación proposta –sen prexuízo doutros informes preceptivos–, sempre que se cumpra o establecido na DIA formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, así como na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, o establecido sobre distancias de plantación e o disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios de Galicia, sobre as distancias de protección previstas para manter as faixas exixidas».

– No informe de compatibilidade/incompatibilidade dos aproveitamentos forestais da LAT 132 kV colectora da SE Serra do Faro-SE Valdepereira, nos concellos de San Cristivo de Cea, Piñor e O Irixo (Ourense): «Polo exposto anteriormente e en cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e o disposto no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, emítese informe favorable sobre a compatibilidade da infraestrutura LAT 132 kV colectora de SE Serra do Faro-SE Valdepereira, exceptuando a superficie en que se cambie a clasificación do solo por motivo da súa instalación, e sempre que se cumpra a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa por debaixo da infraestrutura eléctrica, así como os compromisos en materia de subvencións indicados».

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), actualmente Consellería de Economía, Industria e Innovación, conforme o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 113, do 15 de xuño); o Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño), e o artigo 34.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), polo artigo 39 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251, do 31 de decembro) e polo artigo 46 da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 248, do 30 de decembro).

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nas demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, de acordo co artigo 51 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, conservouse a validez de todas as alegacións presentadas que figuran no expediente de referencia. A Xefatura Territorial emitiu un informe complementario o 27.2.2024 co seguinte contido:

«1. Relación das persoas e asociacións que presentaron alegacións.

Véxase anexo 1.

2. Alegacións presentadas.

Resumo das alegacións presentadas, facendo referencia aos principais puntos tratados segundo o ámbito ao que se refiren:

Ambientais.

1. Vulneración flagrante da Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación de hábitats naturais e da fauna e flora silvestres.

2. Impactos ambientais severos.

3. Efectos acumulativos (aditivos, sumativos e globais) con parques eólicos e liñas de evacuación próximos sen avaliar.

4. Patrimonio cultural inmaterial sen avaliar.

5. Afección severa sobre diferentes recursos.

6. Vulneración da Directiva marco da auga coa ausencia dun estudo hidrolóxico e hidroxeolóxico que garanta a calidade das masas de auga superficiais soterradas e a non afección aos acuíferos.

7. Afección significativa, severa e prexuízos irreparables para a paisaxe e á biodiversidade. Incremento do feísmo paisaxístico e afección severa ao turismo e á hostalería.

8. Impactos ambientais severos non avaliados sobre explotacións forestais, madeireiras e explotacións agrogandeiras da área de afección do proxecto.

9. A totalidade das infraestruturas do proxecto eólico deberan estar incluídas para a súa consulta pública e avaliación global no presente documento e non noutros proxectos independentes, xa que se lle está a impedir á cidadanía a avaliación dos impactos ambientais globais do conxunto das infraestruturas do proxecto industrial.

10. A fragmentación de proxectos, impedindo desta forma unha avaliación ambiental adecuada e falta dunha avaliación exhaustiva de impactos sinérxicos.

11. Rexeitamento da solicitude e a súa retirada definitiva pola súa incompatibilidade cos valores ambientais, patrimoniais e paisaxísticos presentes na área de afección do proxecto e a falla de licencia social, así como unha moratoria na autorización de parques.

12. Acceso dixital á documentación relativa ao seguimento ambiental do Plan sectorial eólico de Galicia.

13. O rexeitamento da solicitude de autorización administrativa previa, da declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, da autorización administrativa de construción, do proxecto de interese autonómico e do estudo de impacto ambiental.

14. Que o estudo de impacto ambiental avalíe con detalle e rigor as posibles afeccións do proxecto sobre hábitats de conservación prioritaria, hábitats de interese comunitario e a paisaxe desde os miradoiros naturais máis coñecidos.

15. Vulneración da Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro, relativa ao acceso do público á información ambiental e o Convenio de Aarhus de 1998 sobre o acceso á información, a participación do público e o acceso á xustiza en materia de ambiente, que garanten o acceso público á información ambiental.

16. Alégase o impacto que tería o proxecto sobre o bosque autóctono.

17. Fragmentación dos hábitats, os ecosistemas e implica directamente a perda de biodiversidade.

18. Tramitación ambiental defectuosa e espuria do proxecto.

19. División artificiosa de proxectos para os efectos ambientais.

20. Ausencia do informe de repercusión sobre a Rede Natura 2000. Afección moi severa e prexuízos irreparables para a Rede Natura 2000 e a súa coherencia. Falla de conectividade ecolóxica entre os ecosistemas.

21. Prexuízos significativos e incompatibles coa avifauna. O proxecto afectará de forma irreversible as especies ameazadas e vulnerables.

22. Prexuízos irreversibles para o lobo e para a viabilidade da especie. Afección aos seus puntos de área vital e puntos de encontro lobeiros.

23. Falla de avaliación do impacto sobre o lobo ibérico.

24. Afección severa e prexuízos irreversibles para o sistema de brañas e humidais.

25. Non se avalía de maneira obxectiva a alternativa 0 en relación con todos os aspectos ambientais e sociais.

26. Vulneración flagrante da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

27. Eliminación da multifuncionalidade do monte.

28. Que se teñan en consideración as conclusións do Informe da Comisión Técnica Temporal sobre Enerxía Eólica e Paisaxes Culturais en Galicia, do Consello da Cultura Galega.

29. Afección severa á Rede de miradoiros, e a roteiros e itinerarios.

30. Perda de sumidoiros de carbono.

31. Solicitan o rexeitamento da solicitude de autorización administrativa previa, da declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, da autorización administrativa de construción, do proxecto de interese autonómico e do estudo de impacto ambiental, e a súa retirada definitiva, pola súa incompatibilidade ambiental, paisaxística, cultural e a falla de licenza.

32. Ausencia de utilidade pública do proxecto e interese social.

33. O procedemento non respecta os principios de obxectividade, proporcionalidade, transparencia, igualdade e non-discriminación.

34. Afeccións ás actividades agrogandeiras e perda severa de base territorial.

35. Impactos non avaliados no proxecto pola promotora.

36. Afección ao monte e ás explotacións forestais.

37. O estudo de impacto ambiental corresponde a unha pequena porción dun gran proxecto eólico, polo que non pode ser suplido por un estudo de efectos acumulativos. Debe ser analizado como unha unidade.

38. O Plan eólico sectorial desfasado e non adaptado á actual normativa de avaliación de impacto ambiental. Este plan non está vixente, xa que de acordo coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a Administración da Xunta de Galicia está obrigada por lei a establecer un novo marco regulatorio, incorporando de xeito urxente unha avaliación ambiental estratéxica previa.

39. Incremento do risco de incendios forestais.

40. Óbviase no EIA:

– A importancia micolóxica da área de afección do proxecto.

– A importancia económica e ambiental da apicultura do lugar de afección do proxecto.

– A importancia do cultivo da castaña e dos soutos.

– O patrimonio olfactivo e auditivo.

Urbanísticas.

41. Falta de avaliación sobre o benestar das familias dos núcleos habitados e o posible éxodo poboacional.

42. Non se poden transformar unilateralmente por mor do interese dunha empresa as paisaxes agrarias, culturais e forestais e o medio de vida das familias en paisaxes industriais e polígonos eólicos que só benefician empresas.

Outras.

• Ausencia de planificación eólica actualizada e coherente co escenario actual de tramitación masiva de instalacións eólicas.

• Afección severa ao patrimonio cultural e arqueolóxico.

• Afección severa ás familias que viven, residen e/ou traballan nos núcleos rurais afectados.

• Impactos sobre a saúde humana, calidade de vida e benestar das familias dos núcleos rurais afectados.

• Vulneración da normativa da Unión Europea sobre o acceso á información e a participación da cidadanía no proceso de toma de decisións.

• Falta de exposición pública ou exposición pública deficiente por parte dos concellos.

• Respecto da incorrecta análise comparativa entre a situación actual e futura que se fai en relación coa alternativa de «non proxecto», Galicia é excedentaria na produción de enerxía eléctrica e a capacidade de acollida en Galicia xa está saturada.

• Impacto social: destrución de emprego e o fomento do despoboamento rural.

• Defecto na publicación efectuada de información pública do proxecto.

• Excesiva proximidade da liña eléctrica de evacuacións ás vivendas e aldeas.

• Afeccións ás actividades agrogandeiras e perda severa de base territorial.

• Impactos non avaliados no proxecto pola promotora.

• Afección severa ao turismo e á hostalería.

• Actualmente, non existe normativa autonómica específica para regular a actividade eólica, xa que o Plan sectorial eólico de Galicia non está vixente.

• Ao se vulnerar o dereito a participar na toma de decisións relativas ao ambiente, dereito recoñecido polo Convenio de Aarhus e normativa de desarrollo, ao público interesado consecuencia da afección de novos bens e dereitos distintos dos publicados no anuncio inicial de exposición pública do proxecto, non tivo a oportunidade de participar na avaliación ambiental.

DUP.

a) Inexactitude da relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados.

b) Erro nos datos catastrais dos cultivos de predio afectado.

c) Erro na titularidade proposta no documento da RBDA.

d) Erro na cualificación como camiño público dun acceso privado.

e) O proxecto ten un carácter estritamente mercantil, total ausencia de utilidade pública da liña de alta tensión que non é necesaria para dar servizo de enerxía.

3. Respostas ás ditas alegacións.

En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, recollidas no anexo 1, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:

1. En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas. Non obstante, corresponde á fase de levantamento de actas previas a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento, etc.), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

2. No que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, só no caso de que non se chegase a un acordo entre a promotora eólica e os afectados durante o procedemento expropiador se fixarán as compensacións correspondentes, de acordo coa lexislación aplicable.

3. En relación coas parcelas que se deberán incluír na relación de bens e dereitos afectados, o artigo 44 da Lei 8/2009 especifica que a solicitude de declaración, en concreto, de utilidade pública incluirá a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos sobre os cales non se obtivo un acordo cos seus titulares e sobre os que se considera necesaria a expropiación.

4. No que respecta ás alegacións de carácter ambiental, cómpre indicar que estas foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, que foi feita pública no Anuncio do 22 de decembro de 2023 (DOG núm. 5, do 8 de xaneiro de 2024), onde se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental en que se pode desenvolver o proxecto, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias e a necesidade dun plan de vixilancia ambiental.

Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que o proxecto foi sometido, recibíronse informes dos seguintes organismos: os concellos de Piñor e Dozón, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, a Dirección Xeral de Saúde Pública, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, a Dirección Xeral de Defensa do Monte, o Instituto de Estudos do Territorio, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e a Axencia de Turismo de Galicia.

5. No que respecta ás alegacións de carácter urbanístico, estas serán tidas en conta para a emisión do informe o que fai referencia o artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, en relación co proxecto de interese autonómico da LAT 132 kV colectora da SE Serra do Faro-SE Valdepereira.

6. A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, define o fraccionamento de proxectos como o «mecanismo artificioso de división dun proxecto co obxectivo de evitar a avaliación de impacto ambiental ordinaria, no caso de que a suma das magnitudes supere os limiares establecidos no anexo I». O pretendido fraccionamento tería como fin último eludir a avaliación ambiental ordinaria. Porén, no caso de parques eólicos próximos entre si e liñas de evacuación asociadas, non é posible (mediante o fraccionamento) evitar o seu sometemento ao procedemento ordinario de avaliación ambiental, pola obriga de considerar os efectos sinérxicos ou acumulativos con outros parques xa construídos e/ou avaliados.

Así, no ámbito dos parques eólicos e as súas liñas de evacuación, o referido anexo I establece que estarán sometidas á avaliación ambiental ordinaria, entre outras, as «instalacións para a utilización da forza do vento para a produción de enerxía (parques eólicos) que teñan 50 ou máis aeroxeradores, ou que teñan máis de 30 MW ou que estean a menos de 2 km doutro parque eólico en funcionamento, en construción, con autorización administrativa ou con declaración de impacto ambiental».

Polo tanto, no caso das instalacións de aproveitamento eólico, o fraccionamento que se alega de adverso non produce os efectos denunciados (evitar que o proxecto teña que ser sometido a unha avaliación ambiental ordinaria).

Por outra banda, a Lei 21/2013 obriga a que os estudos de impacto ambiental que presenten os promotores deban incluír os efectos sinérxicos ou acumulativos derivados da existencia doutros parques eólicos ou outro tipo de instalacións nas proximidades. Polo tanto, ese suposto «fraccionamento» dos proxectos non evita que a avaliación ambiental deba ter en conta o efecto derivado da proximidade doutras instalacións e infraestruturas.

O proxecto da LAT 132 kV colectora da SE Serra do Faro-SE Valdepereira conta cun estudo de sinerxías incluído no estudo de impacto ambiental cunha zona de estudo nun raio de 10 km dos parques eólicos e liñas eléctricas situadas na súa contorna.

Segundo este estudo, atopamos:

• Liñas eléctricas:

Inclúense as liñas eléctricas do Plan básico autonómico que non teñen identificación individual: en total, no ámbito de estudo existen 387,44 m de liñas eléctricas.

Ademais, inclúese a LAT Valdepereira Paraño, que conecta coa subestación de Beariz de REE. Esta liña ten unha lonxitude de 10,3 km.

• Parques eólicos:

Identifícanse infraestruturas dos seguintes parques eólicos, cuxos proxectos se encontran en diferentes estados, situadas no ámbito de 10 km desde a traza da alternativa selecciona: Campos Vellos, Coto da Mina, Pico Seco, Serra do Faro ampliación II, Chantada, Coto Frío, Valdepereira, Ameixeiras e Testeiros, O Irixo (fase I), Lalín, Penas Grandes, Serra do Faro (fase I), Bátega, San Cristovo de Cea (modif. II), A Estivada, As Vides, Marcofán, Serra do Faro (fase II) e Suído I.

Cabe sinalar que, no momento presente, varias das infraestruturas consideradas non continúan a súa tramitación, como é o caso das relacionadas cos parques eólicos Campos Vellos, A Estivada e Suído I, que obtiveron declaración de impacto ambiental desfavorable, polo que os potenciais efectos sinérxicos ou acumulativos serán de menor magnitude.

Cómpre sinalar que nada impide, desde o punto de vista da lexislación ambiental e do sector eléctrico, a execución de parques próximos entre si por parte dun mesmo ou distintos promotores e compartindo certas instalacións. Así o declarou o Tribunal Supremo na súa Sentenza do 11 de decembro de 2013 cando di que «… unha cousa é que os distintos elementos e instalacións dun parque eólico deban ter unha consideración unitaria e outra que iso impida que poidan existir parques próximos e que estes poidan compartir a localización dalgúns elementos ou a liña de vertedura á rede».

Pola contra, tanto a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, como o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como o Real decreto 1183/2020, do 29 de decembro, de acceso e conexión ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, obrigan a que se compartan as infraestruturas de evacuación, precisamente para evitar un maior impacto ambiental. En concreto, a disposición derradeira segunda do Real decreto 1183/2020 modifica o Real decreto 1955/2000 para condicionar a autorización administrativa das infraestruturas de evacuación á presentación, por parte dos titulares das ditas liñas de evacuación, dun documento que acredite a existencia dun acordo vinculante para o uso compartido destas por parte de todos os titulares de permisos de acceso e conexión na mesma posición de liña. En palabras do Alto Tribunal na devandita Sentenza do 11 de decembro de 2013, «non podería darse un tratamento separado a grupos de aeroxeradores de forma artificiosa e tratalos como parques autónomos, ou duplicar instalacións co mesmo fin, pois iso comportaría efectivamente unha fraude de lei que, á marxe do seu maior impacto ambiental, podería supor unha alteración da competencia ou unha evitación de maiores exixencias ambientais».

Pola súa parte, a Lei 8/2009 define parque eólico como a instalación de produción de electricidade a partir de enerxía eólica, constituída por un ou varios aeroxeradores interconectados electricamente con liñas propias, que comparten unha mesma estrutura de accesos e control, con medición de enerxía propia, así como coa obra civil necesaria. Polo tanto, de acordo con esta definición, pode colixirse o carácter unitario dun parque e considerarse autónomo e independente sempre que teña capacidade de funcionamento separado, sen prexuízo de que comparta infraestruturas de evacuación con outros parques. É máis, compartir infraestruturas de evacuación supón, como é lóxico, un menor impacto ambiental, obxectivo que cómpre perseguir neste tipo de instalacións. Nesta mesma liña, a utilización de accesos comúns supón un uso máis racional do terreo, ao se reduciren as superficies afectadas polas instalacións.

No que respecta á definición de instalacións de conexión, a Lei 8/2009 remítese ao establecido no artigo 30 do mencionado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, entendendo por instalacións de conexión de centrais de xeración aquelas que sirvan de ligazón entre unha ou varias centrais de xeración de enerxía eléctrica e a correspondente instalación de transporte ou distribución, incluíndo liñas e subestacións.

Xa que os parques eólicos comparten entre si infraestrutura de evacuación, isto non impide que os parques que comparten evacuación teñan carácter unitario e que poidan funcionar de forma independente, posto que cada un deles dispón dos correspondentes equipamentos de corte e medida da enerxía, o que ao mesmo tempo supón unha redución dos impactos ambientais xerados.

7. No que respecta ás posibles afeccións ao medio forestal derivadas da execución do proxecto, o Servizo de Montes emitiu informe o 15 de novembro de 2022: «…tendo en conta os condicionantes recollidos nas consideracións legais e técnicas de mantemento permanente da operatividade das infraestruturas forestais afectadas (pistas, devasas, depósitos contra incendios forestais…), emítese informe favorable sobre a realización da LAT 132 kV colectora da SE Serra do Faro-SE Valdepereira, situada nos concellos de Dozón, provincia de Pontevedra, e O Irixo, Piñor e San Cristovo de Cea, provincia de Ourense, condicionada á medida compensatoria de construción dun novo punto de auga para carga de helicópteros de extinción de incendios forestais, coas características técnicas e dimensións empregadas polo SPIF para este tipo de infraestruturas, e na localización consensuada co distrito forestal XI, O Ribeiro-Arenteiro».

8. Así mesmo, en relación cos prexuízos xerados polo proxecto sobre explotacións agrícolas, gandeiras, forestais e madeireiras, débese indicar que non están previstas afeccións as usos actuais máis alá das propias zonas de implantación das infraestruturas definidas no proxecto de execución. En todo caso, no que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegase a un acordo entre a promotora e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

9. Respecto da saturación na capacidade de acollida de enerxía eléctrica en Galicia, así como a solicitude de moratoria na autorización de parques, cómpre expoñer que recentemente a Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, incorporou unha nova disposición adicional sexta á Lei 8/2009, do 22 de decembro, dedicada á planificación de novas solicitudes de parques eólicos nos seguintes termos: atendendo ao número dos proxectos de parques eólicos admitidos e actualmente en tramitación e á cifra de MW prevista nestes proxectos, e co obxecto de procurar unha ordenación racional do sector, durante o prazo de 18 meses desde a entrada en vigor da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, non se admitiron a trámite novas solicitudes de parques eólicos.

10. Respecto do tipo de sociedade da empresa promotora do proxecto da LAT 132 kV colectora da SE Serra do Faro-SE Valdepereira, débese indicar que esta acreditou a capacidade legal, técnica e económica para realizar o proxecto, de acordo co establecido na Lei 8/2009.

11. Respecto ás alegacións sobre a falta de información ambiental, de difusión e claridade da información pública, cabe remitirse ás diferentes publicacións do Acordo do 18 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do proxecto da LAT 132 kV colectora da SE Serra do Faro-SE Valdepereira, sita nos concellos de Dozón, na provincia de Pontevedra e O Irixo, Piñor e San Cristovo de Cea, na provincia de Ourense (expediente IN408A 2021/15), e do Acordo do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, do proxecto da LAT 132 kV colectora de SE Serra do Faro-SE Valdepereira, sita nos concellos de Dozón, na provincia de Pontevedra e O Irixo, Piñor e San Cristovo de Cea, na provincia de Ourense (expediente IN408A 2021/15).

O 23.5.2022 e o 10.4.2023 remitíronselles aos concellos de Dozón (Pontevedra) e O Irixo, Piñor e San Cristovo de Cea (Ourense) os acordos mencionados, así como a documentación que se vai expor, para os efectos da súa exposición no taboleiro de edictos dos ditos concellos durante o prazo sinalado no mesmo acordo.

Así mesmo, realizouse a notificación individual da solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, aos titulares que figuraban na relación de bens e dereitos afectados.

No que respecta á participación do público no procedemento de avaliación ambiental, cómpre sinalar que a normativa que rexeu este procedemento incorpora as disposicións previstas no convenio Aarhus sobre participación pública, polo que os dereitos que nel se establecen quedan debidamente garantidos.

12. No que respecta á validez e aplicación do Plan sectorial eólico de Galicia, cómpre subliñar que este segue vixente e resulta plenamente aplicable. A Lei 8/2009, do 22 de decembro, ampara a plena vixencia e aplicabilidade do plan preexistente en canto non se aprobe o novo previsto, ao establecer na súa disposición transitoria terceira que «en canto non se aprobe un novo plan sectorial eólico de Galicia entenderase aplicable o actualmente vixente en todo aquilo que non se opoña ao establecido nesta lei».

Á marxe do anterior, cómpre lembrar que na tramitación de cada procedemento de autorización de parques eólicos a Administración observa a normativa ambiental en vigor, incorporando aos expedientes os informes e actuacións legalmente exixibles.

Así mesmo, en relación coa necesidade de someter o Plan sectorial eólico de Galicia ao trámite de avaliación ambiental estratéxica, cómpre manifestar que este plan foi aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia o 1 de outubro de 1997 e publicouse o acordo no DOG do 15.12.1997.

Posteriormente, publicouse no DOG do 3.1.2003 o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5.12.2002 polo que se aproba definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Plan eólico de Galicia.

En ambos os casos se cumpriu co disposto no procedemento de aprobación, segundo o establecido na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Cómpre ter en conta que coa aprobación da primeira lei de avaliación ambiental estratéxica, a Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, todos os plans tramitados polas administracións públicas deben someterse a avaliación ambiental. Non obstante, a propia lei recollía unha moratoria para os plans que estaban nese ano nun estado moi avanzado de tramitación. Por tanto, este procedemento ambiental soamente obriga os plans que iniciaron a súa tramitación a partir do ano 2006 e non pode aplicarse con efectos retroactivos.

Cuarto. A continuación recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto de liña de alta tensión a 132 kV de evacuación LAT 132 kV colectora da SE Serra do Faro-SE Valdepereira, nos concellos de Dozón, na provincia de Pontevedra, e O Irixo, Piñor e San Cristovo de Cea, na provincia de Ourense, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 21.12.2023:

1. Na epígrafe 6 da DIA recóllese a proposta, que literalmente di: «Logo de finalizar a análise técnica do expediente de avaliación de impacto ambiental, proponse formular a declaración de impacto ambiental do proxecto nos termos recollidos ao longo deste documento, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental».

De conformidade coa mencionada proposta, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolve «Formular a declaración de impacto ambiental do proxecto LAT 132 kV colectora da SE Serra do Faro-SE Valdepereira, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e conclúe que o proxecto é ambientalmente viable, sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA.

Esta declaración de impacto ambiental emítese sen prexuízo da obriga da promotora de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que resulten legalmente exixibles e remitiráselle ao órgano substantivo para os efectos do artigo 42 da Lei de avaliación ambiental.

Mediante o anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia farase pública esta declaración de impacto ambiental, que estará dispoñible na páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

De acordo co número 4 do artigo 41 da Lei de avaliación ambiental, a declaración de impacto ambiental non será obxecto de recurso ningún, sen prexuízo dos que, de ser o caso, procedan na vía administrativa e xudicial fronte o acto polo cal se autoriza o proxecto».

2. A DIA que nos ocupa refírese ao proxecto da LAT 132 kV colectora da SE Serra do Faro-SE Valdepereira. Nos epígrafes 4 e 5 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

4. Condicións ambientais.

4.1. Condicións particulares.

4.2. Condicións xerais.

4.2.1. Protección da atmosfera.

4.2.2. Protección das augas e leitos fluviais.

4.2.3. Protección do solo e infraestruturas.

4.2.4. Xestión de residuos.

4.2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

4.2.6. Integración paisaxística e restauración.

4.3. Outras condicións.

5. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

5.1. Aspectos xerais.

5.2. Aspectos específicos.

5.3. Informes do programa de vixilancia.

Consonte o disposto no artigo 52 da dita Lei 21/2013, correspóndelle ao órgano substantivo o seguimento e vixilancia do cumprimento da declaración de impacto ambiental.

Quinto. No expediente administrativo, e polo que respecta á tramitación realizada polas xefaturas territoriais de Ourense e Pontevedra, emiten informe:

– O 23.6.2023 a Xefatura Territorial de Ourense: «Tendo en conta o anterior e coa documentación que consta no expediente na data de sinatura desta proposta, emítese informe de xeito favorable sobre a solicitude de Serra do Faro, S.L. no que respecta á tramitación das autorizacións administrativas previa e de construción, así como á continuación dos trámites ambiental e do proxecto de interese autonómico, da LAT 132 kV colectora da SE Serra do Faro-SE Valdepereira».

– O 29.2.2024 a Xefatura Territorial de Pontevedra conclúe:

«En relación coa solicitude de informe realizada pola DXPERN, e á vista do exposto previamente, conclúese que o proxecto técnico administrativo do cal se emite informe ten o contido establecido na ITC-LAT-09 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que cumpre co disposto na DT6 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

O autor do proxecto é o directamente responsable de que este se adapte ás disposicións regulamentarias que lle correspondan, sendo da súa responsabilidade os cálculos, planos e as especificacións contidas nel. Neste senso, o técnico titulado asinante presentou declaración responsable (incluída no proxecto) do cumprimento de toda a normativa de aplicación ás instalacións recollidas no proxecto, polo que cumpre co establecido a este respecto na letra b) do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Deberán terse en conta os condicionados técnicos impostos polas administracións públicas, organismos ou empresas que presten servizos públicos ou de interese económico xeral no relativo aos bens e dereitos da súa propiedade que estean afectados pola instalación, en especial os relativos ás distancias de seguridade, cruzamentos e paralelismos prescritos pola normativa vixente, así como as directrices indicadas na declaración de impacto ambiental do 21.12.2023, na cal se conclúe que «o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA».

A execución das instalacións contará coa dirección dun ou varios técnicos facultativos, segundo o establecido nos regulamentos especificados no marco legal deste informe.

A empresa asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán sempre as condicións regulamentarias de seguridade.

Cumprirase en todo momento canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, aprobado polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro.

A autorización administrativa de construción non dispensará en modo ningún da necesaria obtención por parte do titular da instalación de calquera outra autorización adicional, comunicación ou formalidade de control, que as instalacións precisen como condición previa á súa execución ou posta en marcha.

En relación co que se informa, non se observa impedimento para que se continúe coa tramitación do procedemento de autorización correspondente».

Sexto. No que respecta á compatibilidade da referida instalación eléctrica cos aproveitamentos forestais afectados ou montes veciñais en man común, e de acordo co establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, finalizado o trámite de audiencia, a DXPOF remitiulle á DXPERN o informe sobre a compatibilidade/incompatibilidade, tal e como se transcribiu anteriormente neste documento.

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar autorización administrativa previa relativa ao proxecto da LAT 132 kV colectora da SE Serra do Faro-SE Valdepereira, promovido por Serra do Faro, S.L. (expediente IN408A 2021/15).

Segundo. Outorgar autorización administrativa de construción ao proxecto de execución Proxecto de execución liña colectora 132 kV colectora da SE Serra do Faro-SE Valdepereira. Maio de 2023, redactado polo enxeñeiro industrial José Ernesto Rodríguez Blanco, colexiado número 1.185 do COIEG e asinado en data de xaneiro de 2024.

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto da LAT 132 kV colectora da SE Serra do Faro-SE Valdepereira, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro) en relación coas parcelas recollidas no anexo desta resolución.

Cuarto. Declarar a compatibilidade da citada instalación eléctrica co aproveitamento forestal sobre as comunidades de montes veciñais en man común afectadas.

As características básicas recollidas no proxecto son as que se reflicten a continuación:

• Solicitante: Serra do Faro, S.L.

• Denominación do proxecto: línea colectora 132 kV SE Serra do Faro-SE Valdepereira.

• Concellos afectados: Dozón (Pontevedra), San Cristovo de Cea, Piñor, O Irixo (Ourense).

• Orzamento execución material (sen IVE): 2.119.108 €.

• Obxecto: evacuación de enerxía dos parques eólicos Serra do Faro fase I, Serra do Faro ampliación II, Coto Frío, Coto da Mina (instalacións obxecto de proxectos independentes).

Características técnicas recollidas no proxecto técnico de xaneiro de 2024:

Liña aéreo-subterránea, con orixe en aéreo no pórtico da futura subestación do parque eólico Serra do Faro ampliación II, no termo municipal de San Cristovo de Cea e final no apoio 60 no termo municipal do Irixo. O apoio 60 conectará co pórtico da subestación Valdepereira mediante unha LAT de 132 kV denominada Apoio T60-SEC Valdepereira, que forma parte doutro proxecto de instalacións de conexión Beariz eixe leste (IN408A 2020/175).

• Número de circuítos: 1.

• Potencia máxima de transporte: 105.838 kW.

• A liña ten una lonxitude total de 18.755 m, repartida en tres tramos:

◦ Primeiro tramo: liña aérea entre o pórtico da futura subestación do parque eólico Serra do Faro ampliación II (inicio de liña) e 26 bis PAS (paso aéreo-subterráneo), de 7.836 m de lonxitude total e cotas entre 737 e 929 m, con 3 condutores nus de aluminio con alma de aceiro tipo LA-180 147-AL1/34-ST1A (181,6 mm2 de sección por condutor) e cable de garda tipo OPGW (cable combinado de protección e comunicacións), de 180 mm2 de sección. Tendidos sobre apoios metálicos de celosía de diferentes tipos con cimentacións de formigón, compostos por perfís de aceiro galvanizado, fuste formado por tramos troncopiramidais de sección cadrada e cabezas de tramos prismáticos de sección tamén cadrada, cos seus correspondentes illadores, ferraxes e sistemas de posta á terra. Discorre polos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor (Ourense) e Dozón (Pontevedra).

◦ Segundo tramo: liña subterránea entre os apoios 26 bis PAS e 28 PAS (paso aéreo-subterráneo) de 717 m de lonxitude, con 3 condutores XLPE 1x630 mm2 Al con pantalla de 120 mm2 Cu, 1 condutor de conexión equipotencial 1x150 mm2 Cu, e un cable de fibra óptica, en canalización tubular formigonada. Discorre polo concello de Dozón (Pontevedra).

◦ Terceiro tramo: liña aérea de 10.202 m de lonxitude total e cotas entre 604 e 837 m. Discorre polos concellos de Dozón (Pontevedra), Piñor e O Irixo (Ourense), dividida en dous subtramos:

▪ Liña aérea de 2.615 m de lonxitude entre os apoios 28 PAS (paso aéreo-subterráneo) e 37 bis, con 3 condutores nus de aluminio con alma de aceiro tipo LA-180 147-AL1/34-ST1A (181,6 mm2 de sección por condutor) e cable de garda e apoios de características análogas ás do primeiro tramo. No apoio 37 bis impleméntase conexión en T coa subestación Coto Frío (instalación obxecto de proxecto independente).

▪ Liña aérea de 7.587 m de lonxitude entre os apoios 37 bis e 60, con 3 condutores nus tipo LA-280 HAWK 242-AL1/39-ST1A (281,1 mm2 de sección por condutor) e cable de garda e apoios de características análogas ás do primeiro tramo.

Coordenadas dos apoios da liña aéreo-subterránea de alta tensión:

Apoios

ETRS89_X

ETRS89_Y

Provincia

Concello

Pórtico SET SF

586492

4712595

Ourense

San Cristovo de Cea

1

586533

4712577

Ourense

San Cristovo de Cea

2

586399

4712345

Ourense

San Cristovo de Cea

3

586229

4712049

Ourense

San Cristovo de Cea

4

586122

4711865

Ourense

San Cristovo de Cea

5

585972

4711605

Ourense

San Cristovo de Cea

6

585711

4711527

Ourense

San Cristovo de Cea

7

585402

4711434

Ourense

San Cristovo de Cea

8

585153

4711499

Ourense

San Cristovo de Cea

9

584722

4711612

Ourense

San Cristovo de Cea

10

584495

4711671

Ourense

Piñor

11

584268

4711730

Ourense

Piñor

12

583918

4711821

Ourense

Piñor

13

583403

4711955

Ourense

Piñor

14

583211

4712005

Ourense

Piñor

15

582783

4711961

Ourense

Piñor

16

582457

4711928

Ourense

Piñor

17

582094

4711890

Ourense

Piñor

18

581727

4711852

Ourense

Piñor

19

581500

4711829

Ourense

Piñor

20

581094

4711787

Pontevedra

Dozón

21

580674

4711744

Pontevedra

Dozón

22

580368

4711727

Pontevedra

Dozón

23

580103

4711712

Pontevedra

Dozón

24

579885

4711700

Pontevedra

Dozón

25

579574

4711683

Pontevedra

Dozón

26 bis (PAS)

579425

4711631

Pontevedra

Dozón

28 (PAS)

578813

4711497

Pontevedra

Dozón

29

578413

4711335

Pontevedra

Piñor

30

578131

4711220

Pontevedra

Piñor

31

577925

4711137

Pontevedra

Piñor

32

577671

4711033

Pontevedra

Piñor

33

577442

4710940

Pontevedra

Piñor

34

577047

4710910

Ourense

Irixo (O)

35

576645

4710880

Ourense

Irixo (O)

36

576529

4710835

Ourense

Irixo (O)

37 bis

576331

4710760

Ourense

Irixo (O)

Pórtico SET CF

576327

4710789

Ourense

Irixo (O)

39

575994

4710907

Ourense

Irixo (O)

40

575688

4711051

Ourense

Irixo (O)

41

575335

4710965

Ourense

Irixo (O)

42

574897

4710859

Ourense

Irixo (O)

43

574447

4710750

Ourense

Irixo (O)

44 bis

574078

4710692

Ourense

Irixo (O)

46 ter

573642

4710703

Ourense

Irixo (O)

47

573468

4710577

Ourense

Irixo (O)

48 bis

573292

4710315

Ourense

Irixo (O)

49 bis

573005

4710254

Ourense

Irixo (O)

50

572737

4709968

Ourense

Irixo (O)

51

572288

4709670

Ourense

Irixo (O)

52

572026

4709496

Ourense

Irixo (O)

53

571758

4709319

Ourense

Irixo (O)

54

571348

4709127

Ourense

Irixo (O)

55

570925

4708929

Ourense

Irixo (O)

56

570515

4708737

Ourense

Irixo (O)

57

570280

4708627

Ourense

Irixo (O)

58

569953

4708713

Ourense

Irixo (O)

59

569748

4708767

Ourense

Irixo (O)

60

569533

4708823

Ourense

Irixo (O)

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, previamente ao inicio das obras, a promotora deberá depositar un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do custo da restauración. O importe do aval, que fixará o órgano substantivo, será actualizable e unha parte corresponderá á fase de obras e outra á de desmantelamento e abandono das instalacións, de conformidade co disposto na DIA. Polo anteriormente exposto, este órgano substantivo fixa en 37.084 € a contía do aval, dos cales 14.834 € corresponderán á fase de obras e 22.251 € á fase de desmantelamento.

Para a cancelación do dito aval será preciso o informe favorable do órgano ambiental, logo do levantamento dunha acta de comprobación pola inspección ambiental, conforme establece o referido Decreto 455/1996.

A solicitude de cancelación realizarase a través do órgano substantivo e só se poderá efectuar unha vez que estean totalmente rematados as labores de restauración e integración paisaxística e logo de que a promotora acredite, mediante os informes do programa de vixilancia ambiental e calquera outra documentación que se considere oportuna, de ser o caso, a suficiencia e o éxito dos traballos efectuados, tanto os referentes á restauración (coa vexetación debidamente implantada) como ás demais actuacións relacionadas coa imposición do aval ambiental.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. De acordo coas condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 21.12.2023 da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, a promotora deberá levar a cabo unha prospección minuciosa para constatar a presenza ou ausencia de especies do Catálogo galego de especies ameazadas e, no caso de detección, informarase a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, a través do seu Servizo de Patrimonio Natural de Lugo, xunto coas medidas que se propoñan.

3. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, a promotora deberá presentar ante a Xefatura Territorial un certificado de final de obra subscrito por técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución que mediante esta resolución se aproba, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais un plano cartográfico as built en formato shape das instalacións do expediente.

4. Unha vez construídas as instalacións autorizadas e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

5. En canto aos bens e dereitos afectados polas instalacións deste expediente e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a promotora cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes, para os cales mostrou a súa conformidade.

No caso de que se manifestasen perturbacións ou interferencias nos servizos legalmente autorizados, directamente atribuíbles ás instalacións desde expediente, a promotora deberá adoptar as medidas necesarias para restablecer as condicións previas de calidade dos servizos afectados e para eliminar calquera posible afectación a eles.

6. De conformidade co artigo 34.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a promotora disporá dun prazo de tres anos, contados desde o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións, nos termos establecidos no número 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

7. A promotora deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 21.12.2023, así como ás establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.

8. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

9. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou doutros condicionados técnicos de organismos ou empresas de servicios públicos ou de interese xeral afectados, necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

10. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación
Enerxética e Recursos Naturais

Revisado e conforme
A conselleira de Economía, Industria
e Innovación
P.D. (Orde do 9.2.2023;
DOG nº 34, do 17 de febreiro)
José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería
de Economía, Industria e Innovación

ANEXO I

Relación das persoas e asociacións que presentaron alegacións

Data de entrada
da alegación XG

Data da alegación

Nome do/da alegante

0001

6.6.2022

4.6.2022

Asociación Petón do Lobo

0002

6.6.2022

4.6.2022

Pedro Rodríguez López

0003

8.6.2022

7.6.2022

Francisco Javier Garaboa Bonillo

0004

9.6.2022

7.6.2022

David Chas Barbeito

0005

9.6.2022

8.6.2022

Mario Vila López

0006

10.6.2022

9.6.2022

Clara María González Domínguez

0007

10.6.2022

9.6.2022

Eva María Seone Martiño

0008

13.6.2022

12.6.2022

Sergio Álvarez Alonso

0009

13.6.2022

10.6.2022

María Abelleiro Bermejo

0010

23.6.2022

22.6.2022

Pura Reboredo Villanueva

0011

28.6.2022

28.6.2022

Modesto Fernández González

0012

7.7.2022

Club Roteiros de Lalín

0013

8.7.2022

7.7.2022

Asociación Amigos da Terra

0014

8.7.2022

7.7.2022

José Luis Rogríguez Jácome

0015

8.7.2022

7.7.2022

María José Taboada Lousado

0016

8.7.2022

7.7.2022

Alicia López Pardo

0017

11.7.2022

8.7.2022

Verónica Crecente Cabana

0018

11.7.2022

4.7.2022

Modesto Cervela Rodríguez

0019

11.7.2022

4.7.2022

Modesto Cervela Rodríguez

0020

11.7.2022

7.7.2022

María Campos Arca

0021

15.7.2022

7.7.2022

Asociación Amigos da Terra

0022

15.7.2022

7.7.2022

María Campos Arca

0023

15.7.2022

7.7.2022

María Campos Arca

0024

29.7.2022

28.7.2022

Herdeiros de José Andrés Pájaro Cachafeiro

0025

28.8.2022

7.7.2022

María Campos Arca

0026

7.12.2022

6.12.2022

Asociación Petón do Lobo

0027

9.12.2022

8.12.2022

Pedro Rodríguez López

0028

12.12.2022

12.12.2022

David Chas Barbeito

0029

12.12.2022

9.12.2022

Eva María Seone Martiño

0030

12.12.2022

12.12.2022

Francisco Javier Garaboa Bonillo

0031

12.12.2022

10.12.2022

Sergio Álvarez Alonso

0032

12.12.2022

9.12.2022

Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas

0033

19.12.2022

17.12.2022

Óscar Manuel Castiñeiras García

0034

27.12.2022

26.12.2022

María Soledad Rivas Rodríguez

0035

19.1.2023

18.1.2023

Ecoloxistas en Acción Galiza

0036

19.1.2023

18.1.2023

Verónica Crecente Cabana

0037

18.1.2023

17.1.2023

Alicia López Pardo

0038

18.1.2023

17.1.2023

Amigos da Terra

0039

18.1.2023

17.1.2023

José Manuel Cardona Rodríguez

0040

23.3.2023

20.6.2022

Francisco José Fernández González

0041

10.5.2023

10.5.2023

Manuel Fernández Diéguez

0042

10.5.2023

5.5.2023

Pura Reboredo Villanueva

0043

15.5.2023

15.5.2023

Flora Vázquez González

0044

23.5.2023

22.5.2023

Manuel Gallego Lois

0045

24.5.2023

23.5.2023

Manuel Álvarez González

0046

26.5.2023

26.5.2023

Flora Lousado Villanueva

0047

26.5.2023

26.5.2023

Comunidade de Montes en Mancomún da Ermida do Campo

0048

26.5.2023

26.5.2023

Luis Rodríguez Jácome

0049

26.5.2023

26.5.2023

María José Taboada Lousado

0050

31.5.2023

30.5.2023

Ana Lousado Douro

0051

31.5.2023

30.5.2023

Lidia Douro Cachafeiro

0052

31.5.2023

30.5.2023

María Teresa Lousado Duro

0053

6.6.2023

24.5.2023

José Luis Rodríguez Jácome

0054

1.2.2024

28.1.2024

Asociación Petón do Lobo

0055

18.2.2024

18.2.2024

Asociación Petón do Lobo

0056

19.2.2024

19.2.2024

Asociación Petón do Lobo