DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 17 de abril de 2024 Páx. 24159

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións de conexión de Beariz 400 kV-eixe leste, sitas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense) e promovido por Adelanta Corporación, S.A. (expediente IN408A 2020/175).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Adelanta Corporación, S.A., en relación coas autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións de conexión de Beariz 400 kV-eixe leste, constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 24.12.2020, Adelanta Corporación, S.A. (en diante, a promotora), solicitou á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, (en diante, esta dirección xeral), a autorización administrativa previa e de construción, a aprobación do proxecto sectorial e a declaración de utilidade pública das instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste, sitas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense), ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (en diante, Lei 8/2009, do 22 de decembro). A promotora achegou, xunto coa solicitude, o proxecto de execución, o proxecto sectorial, as separatas aos organismos e entidades afectados, a relación de bens e dereitos afectados (en diante, RBDA), o documento ambiental, e o trazado da liña de evacuación, e solicitou a tramitación de avaliación de impacto ambiental simplificada para as instalacións de referencia, de acordo co artigo 45 da Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Segundo. O 16.2.2021, esta dirección xeral solicitou, conforme o artigo 33.6 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, ao órgano competente en materia ambiental, o inicio do procedemento de consultas ás administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas recollido no artigo 46 da Lei 21/2013, de avaliación ambiental (en diante, Lei 21/2013). De forma simultánea, esta dirección xeral solicitou os informes recollidos no artigo 33.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, ao órgano competente en materia do territorio.

Terceiro. O 25.2.2021, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, en diante órgano ambiental, comunicou que o proxecto someteríase a unha avaliación de impacto ambiental simplificada e que iniciaba o período de consultas ás administracións públicas e ás persoas interesadas.

Cuarto. O 19.5.2021, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, en resposta á solicitude de informe, emitiu o devandito informe onde se recollen os organismos que se consultarán en función das afeccións derivadas da normativa sectorial de aplicación.

Quinto. O 20.7.2021, o órgano ambiental, emitiu a resolución pola que se formulou o informe de impacto ambiental (en diante, IIA) do proxecto das instalacións de conexión á rede eléctrica. Beariz 400 kV-eixe leste, nos concellos do Irixo, Boborás e Beariz (Ourense), promovido por Adelanta Corporación, S.A. (clave 2021/0051), que se fixo pública mediante o Anuncio do 21 de xullo de 2021 do órgano ambiental (DOG núm. 148, do 4 de agosto). Cítase textualmente o que se recolle no punto «3.3. Características do potencial impacto da dita resolución: «Da análise da documentación avaliada e dos informes recibidos, e tendo en conta todo o anterior, despréndese a necesidade de someter o proxecto a unha avaliación de impacto ambiental ordinaria, ao considerarse que a configuración seleccionada pode ter impactos ambientais significativos sobre a hidroloxía e é necesario unha análise en profundidade das alternativas que se deben levar a cabo por medio da elaboración dun estudo de impacto ambiental para evitar as ditas afeccións, así como unha mellora da integración paisaxística, e valorar as repercusións que terá o proxecto en todos os demais elementos do medio».

O 21.7.2021, o órgano ambiental notificoulle a esta dirección xeral a resolución do IIA, xunto coas consideracións sobre a amplitude e nivel de detalle que debía ter o estudo de impacto ambiental, en diante EIA para elaborar pola promotora, unha serie de aspectos a ter en conta na tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria e o contido do expediente que no seu momento tería que remitir ao órgano ambiental.

O 9.8.2021 comunicouse aa promotora a resolución do IIA, xunto coas consideracións achegadas polo órgano ambiental.

Sexto. O 27.6.2021, o Consello da Xunta de Galicia acordou declarar como iniciativas empresariais prioritarias, entre outros, os proxectos do parque eólico Coto Frío e o parque eólico Serra do Faro e súas infraestruturas de evacuación, e o 2.9.2021 adoptouse o mesmo acordo con respecto dos proxectos do parque eólico Pico Seco e o parque eólico Valdepereira e as súas infraestruturas de evacuación, en resposta ás solicitudes presentadas pola promotora.

Conforme a que os ditos parques presentan como infraestrutura de evacuación o proxecto obxecto deste expediente, o 30.8.2021 a promotora presentou a solicitude de declaración de iniciativa empresarial prioritaria (en diante, IEP) das instalacións de conexión de Beariz 400 kV-eixe leste e o 13.9.2021 solicitou a esta dirección xeral a tramitación de urxencia do expediente administrativo.

Sétimo. O 29.9.2021, mediante resolución desta dirección xeral, declarouse a tramitación de urxencia do procedemento administrativo ás instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste (nº expediente IN408A 2020/175) de acordo co establecido no artigo 44.2 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresarias en Galicia, e no artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

Oitavo. O 8.11.2021, a promotora solicitou a avaliación de impacto ambiental ordinaria, conforme a Lei 21/2013, e achegou o EIA e entre outros documentos técnicos as separatas ao proxecto técnico para o Concello do Irixo, o Concello de Boborás, o Concello de Beariz, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, Red Eléctrica de España, S.A., Unión Fenosa Distribución, S.A. Na data 29.11.2021 a promotora achegou un novo EIA para a tramitación da avaliación ambiental ordinaria, en resposta aos requirimentos desta dirección xeral de adecuar a documentación ambiental.

Noveno. O 22.12.2021, esta dirección xeral remitiu a documentación do expediente á Xefatura Territorial de Ourense (en diante, xefatura territorial), por ser a unidade tramitadora e para os efectos de que se continuase coa tramitación ata a remisión do expediente completo, de acordo co indicado no artigo 33.9 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Décimo. Mediante Acordo do 28.12.2021, da xefatura territorial, sometéronse a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto de instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste, sitas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo, da provincia de Ourense (expediente IN408A 2020/175).

O dito acordo, publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) núm. 5, do 10.1.2022 por un prazo de quince (15) días e no xornal La Región do 7.1.2022. Así mesmo, permaneceu exposto ao público nos taboleiros de anuncios do Concello de Beariz, segundo o certificado asinado do 8.2.2022, e no Concello de Boborás conforme o certificado asinado do 10.2.2022, e o Concello do Irixo que non consta que remitira o certificado de exposición pública. Asemade, o dito acordo estivo exposto nas dependencias da Xefatura Territorial de Ourense, e no portal de transparencia da actual Consellería de Economía, Industria e Innovación para a súa consulta pública polo tempo regulamentario.

A documentación que se expuxo en cumprimento do artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, foi a seguinte:

1. O proxecto de execución (decembro de 2020-visado o 22.12.2020).

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados (RBDA-outubro 2021).

3. Planos parcelarios (RBDA-outubro 2021).

4. O estudo de impacto ambiental (EIA) (outubro 2021).

5. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (decembro de 2020-visado o 22.12.2020).

Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente, presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas pola promotora.

Décimo primeiro. O 3.1.2022, a xefatura territorial, de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e o previsto nos artigos 127, 131 e 146 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (en diante, RD 1955/2000), remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Concello de Beariz, Concello de Boborás, Concello do Irixo, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (en diante, CHMS), Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, UFD Distribución Electricidad, S.A., Red Eléctrica de España, S.A., Aguas do Paraño, S.L. Os informes recibidos foron remitidos aa promotora para a aceptación dos condicionados impostos ou para a presentación dos seus reparos.

A promotora prestou a súa conformidade ou deu resposta aos condicionados emitidos.

Para o resto de organismos que non contestaron, e de acordo co establecido no artigo 33.14 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, o prazo para a emisión dos condicionados técnicos do proxecto de execución foi dun mes desde a recepción da solicitude. Ao estar declaradas IEP as instalacións de conexión de Beariz 400 kV-eixe leste, tal e como está mencionado no antecedente de feito sétimo, o prazo para a emisión destes condicionados técnicos será da metade do prazo indicado. De non recibirse estes condicionados en prazo, entenderase a conformidade co proxecto, e continuarase a tramitación do procedemento.

Décimo segundo. O 3.1.2022, no procedemento de avaliación de impacto ambiental ordinaria, a xefatura territorial iniciou o trámite de consultas aos seguintes organismos: Concello de Beariz, Concello de Boborás, Concello de O Irixo, Axencia de Turismo de Galicia, CHMS, Dirección Xeral de Defensa do Monte, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Instituto de Estudos do Territorio, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural e Dirección Xeral de Saúde Pública, Federación Ecoloxista Galega, Sociedade Galega de Historia Natural (en adiante, SGHN), Sociedade Galega de Ornitoloxía.

A promotora prestou a súa conformidade ou deu resposta aos condicionados emitidos.

Décimo terceiro. Simultaneamente, o 3.1.2022, a xefatura territorial iniciou o trámite de consultas sobre o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) aos seguintes organismos: Axencia Galega de Infraestruturas, CHMS, Delegación do Goberno, Instituto de Estudos do Territorio, Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Telecomunicacións, e Servizo de Enerxía e Minas.

A promotora prestou a súa conformidade ou deu resposta aos condicionados emitidos.

Décimo cuarto. O 26.1.2022, a promotora presentou un escrito en que solicita que o período de información pública do expediente de referencia sexa por un prazo de trinta (30) días no canto dos quince (15) días en que xa estivo en exposición pública (DOG núm. 5, do 10.1.2022, en diante, IP 1).

Décimo quinto. Vista a sentenza nº 18/2022 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e aínda que esta non adquirira firmeza e estaba sendo obxecto de impugnación e discusión en vía de casación pola Xunta de Galicia, con base no principio de seguridade xurídica e por un criterio de precaución, o proxecto de instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste someteuse de novo a información pública por un prazo de trinta (30) días.

Así, mediante Acordo do 25.2.2022, da xefatura territorial, sometéronse a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto de instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste, sitas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo, da provincia de Ourense (expediente IN408A 2020/175) por un prazo de trinta (30) días.

O dito acordo publicouse por un prazo de trinta (30) días no DOG núm. 57, do 23.3.2022 (en diante, IP 2) e no xornal La Región da mesma data. Así mesmo, permaneceu exposto ao público nos taboleiros de anuncios do Concello do Irixo (Ourense), segundo o certificado de exposición pública asinado o 9.5.2022 e remitido á xefatura territorial xunto coas alegacións recibidas o 28.6.2022. Os concellos de Beariz e Boborás non remitiron os certificados de exposición pública solicitados o 29.4.2022. Asemade, o dito acordo estivo exposto no portal de transparencia da actual Consellería de Economía, Industria e Innovación para a súa consulta pública polo tempo regulamentario.

A documentación que se expuxo en cumprimento do artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, foi a seguinte:

1. O proxecto de execución (decembro 2020-visado o 22 de decembro de 2020).

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados (RBDA-outubro 2021).

3. Planos parcelarios (RBDA-outubro 2021).

4. O estudo de impacto ambiental (EIA) (outubro 2021).

5. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (decembro 2020-visado o 22 de decembro de 2020).

Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente, presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas pola promotora.

Décimo sexto. A xefatura territorial, de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e o previsto nos artigos 127, 131 e 146 do RD 1955/2000, remitiulles para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Concello de Beariz, Concello de Boborás, Concello do Irixo, CHMS, Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, UFD Distribución Electricidad, S.A., Red Eléctrica de España, S.A., Aguas do Paraño, S.L. Os informes recibidos foron remitidos á promotora para a aceptación dos condicionados impostos ou para a presentación dos seus reparos.

A seguir relaciónanse os organismos que emitiron, nas datas que se indican, os correspondentes condicionados técnicos nos trámites IP 1 e IP 2: UFD Distribución Electricidad, S.A. o 10.1.2022 e achegado o 13.1.2022, Red Eléctrica de España, S.A. o 17.3.2022 e Aguas do Paraño, S.L. o 7.4.2022. O antecedente de feito vixésimo contén, entre outros, un resumo do contido dos condicionados achegados durante a tramitación dos períodos da IP 1, IP 2 e mais da IP 3.

A promotora prestou a súa conformidade ou deu resposta aos condicionados emitidos.

Para o resto de organismos que non contestaron, e de acordo co establecido no artigo 33.14 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, o prazo para a emisión dos condicionados técnicos do proxecto de execución foi de dun mes desde a recepción da solicitude. Ao estar declaradas IEP as instalacións de conexión de Beariz 400 kV-eixe leste, tal e como está mencionado no antecedente de feito sétimo, o prazo para a emisión destes condicionados técnicos será da metade do prazo indicado. De non recibirse estes condicionados en prazo, entenderase a conformidade co proxecto, e continuarase a tramitación do procedemento.

Décimo sétimo. No procedemento de avaliación de impacto ambiental ordinaria, a xefatura territorial realizou o trámite de consultas aos seguintes organismos: Concello de Beariz, Concello de Boborás, Concello do Irixo, Axencia de Turismo de Galicia, CHMS, Dirección Xeral de Defensa do Monte, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Instituto de Estudos do Territorio, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural e Dirección Xeral de Saúde Pública, Federación Ecoloxista Galega, SGHN, Sociedade Galega de Ornitoloxía.

A promotora prestou a súa conformidade ou deu resposta aos condicionados emitidos.

Décimo oitavo. Ao mesmo tempo, a xefatura territorial realizou o trámite de consultas sobre o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) aos seguintes organismos: Axencia Galega de Infraestruturas, Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), Delegación do Goberno, Instituto de Estudos do Territorio, Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Telecomunicacións, e Servizo de Enerxía e Minas.

A promotora prestou a súa conformidade ou deu resposta aos condicionados emitidos.

Décimo noveno. O 22.4.2022 remitiuse á xefatura territorial a documentación actualizada da promotora relativa ao proxecto das instalacións de conexión de referencia. Con motivo da nova documentación actualizada, e tendo en conta a antedita sentenza nº 18/2022 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, someteuse o proxecto actualizado das instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste a un novo trámite de información pública por un prazo de trinta (30) días.

Mediante Acordo do 28.4.2022, da xefatura territorial, sometéronse a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto de instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste, sitas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo, da provincia de Ourense (expediente IN408A 2020/175) por un prazo de trinta (30) días.

O acordo publicouse no DOG núm. 88, do 6.5.2022 (en diante, IP 3) por un prazo de trinta (30) días e no xornal La Región da mesma data. A devandita documentación tamén se expuxo no taboleiro de anuncios do Concello do Irixo (Ourense), segundo o certificado de exposición pública asinado o 8.7.2022 e remitido á xefatura territorial xunto coas alegacións recibidas o 11.7.2022. A exposición na xefatura territorial acreditouse co certificado asinado o 18.7.2022. A xefatura territorial achega os xustificantes da solicitude do 29.4.2022, e reiterados o 27.6.2022, dos certificados de exposición pública aos concellos de Beariz e Boborás, non achegados ata a data de remisión do expediente o 10.8.2022 pola xefatura territorial a esta dirección xeral.

A documentación que se expuxo en cumprimento do artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, foi a seguinte:

1. O proxecto de execución (outubro 2021).

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados (RBDA-outubro 2021).

3. Os planos parcelarios (RBDA-outubro 2021).

4. O estudo de impacto ambiental (EIA) (outubro 2021).

5. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (outubro 2021).

Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente, presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas pola promotora.

Vixésimo. O 29.4.2022, a xefatura territorial, de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e o previsto nos artigos 127, 131 e 146 do RD 1955/2000, remitiu as separatas do proxecto de execución aos seguintes organismos e entidades para a emisión dos seus correspondentes condicionados técnicos: Concello de Beariz, Concello de Boborás, Concello do Irixo, CHMS, Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, UFD Distribución Electricidad, S.A., Red Eléctrica de España, S.A., Aguas do Paraño, S.L. Os informes recibidos foron remitidos á promotora para a aceptación dos condicionados impostos ou para a presentación dos seus reparos.

A seguir relaciónanse os organismos que emitiron, nas datas que se indican, os correspondentes condicionados técnicos no trámite IP 3: Red Eléctrica de España, S.A. o 12.6.2022 e achegado o 14.6.2022, Aguas do Paraño o 21.6.2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. o 19.7.2022 e achegado o 20.7.2022, Concello do Irixo o 3.5.2022.

Red Eléctrica de España, S.A. emitiu o 12.6.2022 condicionado relativo ao expediente solicitando a ampliación da información para poder emitir o seu correspondente condicionado. Entre outras cuestións, indicaba que o trazado da liña proxectada aféctalle a terreos propiedade de Red Eléctrica de España, polo que deberá poñerse en contacto co Departamento de Xestión de Patrimonio Inmobiliario co fin de subscribir o correspondente acordo que lexitime a ocupación do terreo. Tras o traslado á promotora, o 4.7.2022 achegou a información solicitada, manifestando que tivo en consideración as indicacións dos documentos técnicos postos a información pública correspondentes, que adicionalmente comprométese a realizar ante Red Eléctrica de España, S.A. as comunicacións que resulten necesarias, e que toma en consideración as observacións efectuadas ao respecto da propiedade dos terreos. Tras a remisión a Red Eléctrica de España, S.A. o 6.7.2022, emitiu un novo informe favorable o 4.8.2022 e achegado o 5.8.2023.

Aguas do Paraño, S.L. emitiu o 21.6.2022 a súa resposta na que expón a súa oposición e expresa, tal e como se cita textualmente:

– «Reiteramos a nosa máis firme oposición á construción da totalidade do proxecto (.) baixo a denominación de parque eólico Marcofán mediante dous expedientes distintos (IN408A 2017/020, IN408A 2020/175)». Ao respecto da tramitación, indícase que a presente resolución é obxecto do expediente IN408A 2020/175.

– «Dando resposta á última notificación recibida o 13.6.2023 facémoslle saber (.) que o condicionado foi enviado como contestación da primeira notificación recibida o 22.1.2022. De todos os xeitos xuntamos novamente a documentación solicitada». Ao respecto da emisión do condicionado técnico, a seguir expóñense os seguintes feitos vencellados:

• O 29.3.2022, a promotora achegou á xefatura territorial o documento separata de afección a bens dependentes de Aguas do Paraño. Proxecto técnico instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste. Marzo 2022, visado nº V200491-S9 o 23.3.2022, por considerar posibles afeccións da infraestrutura de evacuación e para que emitan o condicionado técnico que consideren oportuno. O 30.3.2022 déuselle traslado da separata á sociedade de Aguas do Paraño, S.L, que o 7.4.2022 traslada a súa oposición á construción dos aeroxeradores denominados nº 1 e nº 2, a subestación colectora Paraño 400/132/30 kV, a gabia de distribución da rede de media tensión 30 kW e os tramos dos viarios de acceso, xa que todo iso preténdese instalar sobre os terreos que ocupa o dereito mineiro protexido, e que no seu día foi concedido á nosa empresa Aguas do Paraño, S.L. polo Instituto Xeolóxico e Mineiro de España.

• O 8.4.2022 déuselle traslado a promotora e o 19.4.2022 contestou solicitando á sociedade de Aguas do Paraño, S.L. a emisión do seu condicionado técnico correspondente con base na separata presentada o 29.3.2022. En resposta á remisión, Aguas do Paraño, S.L. achegou a reiterada oposición baseándose na mesma contestación á primeira notificación.

O Concello do Irixo emitiu o informe condicionado en que formula, entre outras, cuestións ou reparos de carácter urbanístico e traslada determinadas observacións efectuadas en nome do presidente da Comunidade de Montes Charco Redondo (CMVMC). Ao respecto destas, cabe indicar o seguinte, tal e como se cita textualmente nas conclusións do dito informe do Concello: «Non obstante, e dado que se trata do informe sobre o procedemento de exposición pública sinálase no punto segundo do presente informe técnico a existencia de diversas canalizacións de augas de aproveitamento veciñal, que tal e como sinalaron os propios representantes da mancomunidade de montes que se atravesa, deberán ser respectadas e, en todo caso repostas en caso de dano. O 14.7.2022, a promotora emitiu a súa contestación, no que manifesta textualmente que se toman en consideración as afirmacións sobre urbanismo realizadas no informe do Concello do Irixo e no relativo ao alegado pola CMVMC Montes de Charco Redondo cítase textualmente: «Adelanta Corporación, S.A. adoptará as medidas oportunas para evitar toda afección ás canalizacións de auga que dan servizo aos veciños da citada comunidade de montes. Para tal fin, recadará información directa da propia CMVMV sobre a localización concreta das traídas de auga. En caso de que estas resultasen afectadas polas instalacións proxectadas, Adelanta Corporación, S.A. asume o compromiso de repoñer os servicios á maior brevidade».

A promotora prestou a súa conformidade ou deu resposta aos condicionados emitidos.

Para o resto de organismos que non contestaron, e de acordo co establecido no artigo 33.14 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, o prazo para a emisión dos condicionados técnicos do proxecto de execución foi dun mes desde a recepción da solicitude. Ao estar declaradas IEP as instalacións de conexión de Beariz 400 kV-eixe leste, tal e como está mencionado no antecedente de feito sétimo, o prazo para a emisión destes condicionados técnicos será da metade do prazo indicado.

Vixésimo primeiro. O 29.4.2022, no procedemento de avaliación de impacto ambiental ordinaria, a xefatura territorial iniciou o trámite de consultas aos seguintes organismos: Concello de Beariz, Concello de Boborás, Concello do Irixo, Axencia de Turismo de Galicia, CHMS, Dirección Xeral de Defensa do Monte, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Instituto de Estudos do Territorio, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Pública, Federación Ecoloxista Galega, Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Sociedade Galega de Ornitoloxía, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega).

No trámite ambiental, o 22.2.2022 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal achegou o informe emitido o 18.2.2022 polo Servizo de Montes da xefatura territorial por solicitude do Servizo da Propiedade Forestal sobre o estudio de impacto ambiental EIA en cumprimento do trámite de consultas e no que, entre outros, comprobouse que a liña de referencia situada nos concellos do Irixo, Boborás e Beariz, afecta entre outros, a trece (13) montes veciñais en man común.

– A seguir indícase, tal e como se expresan no dito informe, a identificación destes: A Ermida, dos veciños da Ermida (O Irixo); Peniña e Os Chaos, Pena Negra, dos veciños de Silvares (Peniña etc.) (O Irixo); de Cidá, dos veciños da parroquia da Cidá (Santa Mariña) (O Irixo); Coto de Surribas, dos veciños de Surribas (O Irixo); A Portela e A Estivada dos veciños de Froufe (O Irixo); de Cebral, dos veciños de Cebral (O Irixo); de Parada, dos veciños da parroquia de Parada de Labiote (San Xulián) (O Irixo); Charco e Redondo, dos veciños de Nogueiroa (O Irixo); de Espiñeiros, dos veciños de Espiñeiros (O Irixo); de Cerdeira dos veciños de Cerdeira (O Irixo); Sonelle, dos veciños de Sonelle (Boborás); As Santas, dos veciños das Santas (Beariz); Chancela, dos veciños de Muradás (Beariz).

– Na proposta do informe conclúese que ademais das afeccións indicadas anteriormente, afecta a propiedades particulares, á infraestrutura viaria e á defensa contra incendios forestais. Indícase a necesidade de constituír as faixas de biomasa descrita na Lei 3/2007 ao redor das instalacións que transporten enerxía eléctrica de xeito aéreo, de ser o caso, así como da operatividade dos puntos de auga para a carga de medios terrestres e das pistas forestais. O 22.3.2022, a promotora achega a súa resposta en que expón una serie de aclaracións e compromisos con base nas puntualizacións feitas pola antedita dirección xeral.

– Entre os feitos vencellados hai que sinalar que tras a achega de documentación actualizada, o 6.6.2022, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal achegou o segundo informe emitido o 30.5.2022 polo Servizo de Montes da xefatura territorial por solicitude do Servizo da Propiedade Forestal sobre o estudio de impacto ambiental EIA en que ratifica as afeccións do seu informe emitido o 18.2.2022 indicando de tal xeito que as modificacións non alteran o sentido do informe emitido no seu día, o cal se ratifica en todos os seus termos. O 5.7.2022 a promotora achega a súa resposta na que se remite ao seu escrito presentado o 22.3.2022 como contestación ao segundo informe da Dirección Xeral do 30.5.2022.

Ao respecto do trámite ambiental, o 7.3.2022 a promotora achegou á xefatura territorial o documento ambiental complementario requirimento CHMS. Xustificación drenaxe transversal. Febreiro 2022, en contestación ao condicionado técnico da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil asinado o 14.2.2022. O 19.4.2022, a promotora achegou nova proposta ao informe da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), que invalida o anterior. A nova proposta de execución trasladada o 19.4.2022, que substitúe a proposta inicial (en diante, proposta final), baséase en:

– Evitar o cruzamento directo na zona de dominio público hidráulico co Rego da Touza, posto que conforme se indica na documentación achegada pola promotora, a proposta de execución de drenaxe transversal transcorre mediante o trazado paralelo á subestación Paraño proxectada.

– O acceso alternativo ao apoio nº 37 e polo que a promotora achegou as capas SIG de acceso ao apoio nº 37 modificado, e o 28.4.2022 enviou os arquivos Shapefiles V3 actualizados conforme a proposta final.

No trámite ambiental, o 14.3.2022 a promotora achegou á xefatura territorial o documento instalacións de conexión á rede eléctrica. Beariz 400 kV-eixe leste estudo de impacto ambiental. Anexo 14: estudo de impacto turístico. Marzo 2022, en contestación ao condicionado técnico da Axencia de Turismo de Galicia asinado o 14.2.2022 e remitido o 15.2.2022 pola xefatura territorial á promotora.

A promotora prestou a súa conformidade ou deu resposta aos condicionados emitidos.

Os informes non emitidos no trámite ambiental na IP 3 e solicitados o 29.4.2022 foron os que a seguir se indican e que así se citan na data de remisión do expediente o 10.8.2022: Dirección Xeral de Defensa do Monte; CHMS; Concello do Irixo; Concello de Boborás; Concello de Beariz; Federación Ecoloxista Galega; Sociedade Galega de Ornitoloxía; Adega.

Con respecto da emisión dos condicionados, cabe indicar o seguinte en relación cos organismos que non emitiron condicionado na IP 3 e, non obstante, si o emitiron na IP 1 e IP 2:

– Dirección Xeral de Defensa do Monte, o 21.2.2022 con respecto dos trámites da IP 1 e IP 2, emitiu informe favorable condicionado e o 7.3.2022 a promotora manifesta a súa conformidade.

– Concello de Beariz, o 15.2.2022 con respecto dos trámites da IP 1 e IP 2, emitiu informe favorable condicionado, e aceptado pola promotora o 5.3.2022.

Vixésimo segundo. O 2.5.2022, a xefatura territorial realizou o trámite de consultas sobre o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) aos seguintes organismos: Axencia Galega de Infraestruturas, CHMS, Delegación do Goberno, Instituto de Estudos do Territorio, Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Telecomunicacións, e Servizo de Enerxía e Minas.

A promotora prestou a súa conformidade ou deu resposta aos condicionados emitidos.

A xefatura territorial realizou o trámite de audiencia do proxecto sectorial aos concellos afectados para dar cumprimento ao artigo 82.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; presentou alegacións o Concello do Irixo.

Vixésimo terceiro. O 3.5.2022, remitiuse á xefatura territorial a documentación actualizada da promotora relativa a arquivos Shapefiles V3, presentados pola promotora o 28.4.2022. A xefatura territorial remite a actualización aos organismos e entidades afectadas.

Vixésimo cuarto. O 26.7.2022, e tras rematar o período de información pública, a xefatura territorial achegou aa promotora un requirimento coa solicitude de aclaracións ao proxecto de execución, quen o 3.8.2022 contestou, substituíndo integramente o anterior documento presentado polo novo proxecto técnico:

– Proxecto técnico instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste. Xullo 2022, visado nº V220336 do 3.8.2022.

Vixésimo quinto. O 10.8.2022, a xefatura territorial, logo de rematar a tramitación do expediente citado e de conformidade co disposto no artigo 33.16 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, remitiu o expediente do proxecto a esta dirección xeral para continuar coa súa tramitación.

Achegou o seu informe asinado o 29.7.2022 por persoal facultativo da xefatura territorial, conforme non se dan as prohibicións e limitacións de servidume de paso establecidas no artigo 161 do RD 1955/2000, do 1 de decembro.

Achegou o seu informe técnico favorable asinado o 9.8.2022 relativo ao cumprimento da normativa de instalacións industriais e eléctricas das instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste, para os efectos do disposto no artigo 33.16 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Achegou o documento resumo da tramitación feita ata o 10.8.2022 e asinada na mesma data, identificado como 1º) Proposta de autorización administrativa previa e de construción; 2º) Comunicación da existencia de aproveitamentos enfrontados; 3º) Continuación dos trámites ambientais e do proxecto sectorial (en diante, documento resumo). Ao respecto do documento resumo especifícanse, entre outros:

– Os informes solicitados o 29.4.2022 e non emitidos ata a data de remisión do expediente a esta dirección xeral. No caso de recibirse os informes tras a achega do expediente pola xefatura territorial, foron remitidos e tramitados por esta dirección xeral, tal e como se indica entre outros no antecedente de feito vixésimo sétimo.

– Na epígrafe específica 14. Proposta, indícase tal e como se cita de xeito literal «(.) conforme coa documentación que obra no expediente na data de sinatura da proposta, infórmase de xeito favorable a solicitude de Adelanta Corporación, S.A. no que respecta á tramitación das autorizacións administrativas previa e de construción (.)».

– Así mesmo, tamén na epígrafe específica 14. Proposta, exprésase ao respecto do trámite de compatibilidade, tal e como se reproduce de xeito literal: «(.) poñendo en coñecemento desa dirección xeral a existencia de aproveitamentos que puidesen resultar incompatibles para que poida iniciar o procedemento de declaración de compatibilidade ou prevalencia de utilidades públicas segundo o punto 2 do artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, así como a continuación dos trámites ambiental e do proxecto sectorial das instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste».

Vixésimo sexto. Logo da remisión do expediente, a xefatura territorial remitiu como complemento a esta dirección xeral a seguinte documentación que se detalla a seguir e nas datas indicadas:

– O 12.8.2022 achegouse a resposta da promotora do 10.8.2022 ao informe sobre o EIA da Sociedade Galega de Historia Natural.

– O 18.8.2022 achegouse informe sobre o proxecto sectorial emitido pola Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Desde esta dirección xeral deuse traslado o 16.9.2022 e a promotora emitiu a súa contestación o 19.9.2022.

– O 5.9.2022 remitiuse o informe emitido pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Desde esta dirección xeral deuse traslado o 16.9.2022 e a promotora emitiu a súa contestación o 20.9.2022.

Vixésimo sétimo. O 20.9.2022 esta dirección xeral reiterou aos concellos de Boborás e Beariz (Ourense) a emisión do certificado de exposición pública solicitado con anterioridade pola xefatura territorial.

– O 21.9.2022, o Concello de Boborás achega entrada co certificado de exposición pública asinado o 29.6.2022.

– O 17.10.2022, o Concello de Beariz achega o certificado de exposición pública asinado o 7.10.2022.

Vixésimo oitavo. O 21.10.2022 esta dirección xeral, como órgano substantivo por razón da materia, enviou ao órgano ambiental o expediente ambiental do proxecto para continuar coa tramitación de avaliación de impacto ambiental ordinaria de cara á formulación da DIA. Entre outra documentación, achegouse o EIA titulado instalacións de conexión á rede eléctrica. Beariz 400 kV-eixe leste. Estudo de impacto ambiental. Outubro 2021.

Vixésimo noveno. No mes de marzo de 2023, á vista do resultado das tramitacións doutros parques e liñas no ámbito, producíronse cambios que afectan aos elementos de referencia para o estudo de sinerxías, así como á propia liña de evacuación LAT 132 kV Valdepereira-SEC Paraño, que forma parte do proxecto das instalacións de conexión de Beariz 400 kV-eixe leste. Hai que sinalar que entre outras modificacións pérdese o ramal ao pórtico SEC A Estivada.

O 31.3.2023, polo anteriormente exposto, a promotora achegou a esta dirección xeral a separata impactos sobre a fauna por colisións con liñas e aeroxeradores (marzo 2023) ao anexo 8 (estudo de sinerxias) do estudo de impacto ambiental, no que se actualiza o estudo de impactos sobre a fauna. Esta dirección xeral remite a separata o 14.4.2023 á Dirección Xeral de Patrimonio Natural para os efectos correspondentes, e o 20.6.2023 ao órgano ambiental como complemento para a tramitación da DIA.

Trixésimo. Como consecuencia do anterior antecedente de feito e do outorgamento de DIA desfavorable para determinados parques eólicos, entre outros A Estivada, que formaba parte da infraestrutura de evacuación, o 16.6.2023 a promotora achegou a actualización dos bosquexos, conformada entre outros pola comparativa entre a versión sometida a información pública e mais a actualizada (tras o trámite de información pública). Os arquivos actualizados identifícanse coa denominación bosquexo SF IIC BE ES galego para DIA 03 e bosquexo SF IIC BE ES castelán para DIA 03. Hai que sinalar que, conforme se indica na documentación, elimínanse determinados tramos de acceso debido á desafección, entre outros, do parque eólico referido A Estivada.

Trixésimo primeiro. Cumprida a tramitación ambiental, o 3.7.2023 o órgano ambiental emitiu a resolución pola que formulou a DIA relativa ao proxecto das instalacións de conexión á rede eléctrica Beariz 400 kV-eixe leste, nos concellos do Irixo, Boborás e Beariz (Ourense), promovido por Adelanta Corporación, S.A. (clave 2021/0051), que se fixo pública mediante o Anuncio do 4 de xullo de 2023 do órgano ambiental (DOG núm. 135, do 17 de xullo). Nesta resolución conclúese que o proxecto é ambientalmente viable sempre que cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo do documento de formulación da DIA, tendo en conta que no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto na DIA.

O 4.7.2023, o órgano ambiental notificoulle a esta dirección xeral a resolución da DIA e o 22.8.2023 esta dirección xeral comunicoulle á promotora a devandita resolución.

Trixésimo segundo. O 14.7.2023, a promotora presentou nesta dirección xeral a documentación técnica refundida para continuar o procedemento en resposta ao requirimento do 1.6.2023 desta dirección xeral e conforme o artigo 47.4 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e o artigo 33.15 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. A documentación, en substitución da anteriormente presentada, está conformada polos seguintes documentos:

– Proxecto técnico instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste. Xuño 2023.

– Capas shapefile do proxecto instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste. Xuño 2023.

– Ficheiro excel de coordenadas do proxecto instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste. Xuño 2023.

– Documento RBDA do proxecto instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste. Xuño 2023.

Trixésimo terceiro. O 6.9.2023 a promotora, en cumprimento do previsto no artigo 123.2 do RD 1955/2000, achegou o acordo dos titulares das instalacións con permisos de acceso e de conexión outorgados no nó Beariz 400 kV, actualizado o 27.7.2023 «Acordo de promotores relativo á compartición de infraestruturas comúns de evacuación á subestación Beariz 400 kV».

Trixésimo cuarto. Na mesma data a promotora solicita, con carácter preferente, a autorización administrativa previa e de construción e que se pospoña para un posterior acto administrativo diferenciado a declaración de utilidade pública (DUP).

Trixésimo quinto. O 13.10.2023, tras advertirlle á promotora determinadas discrepancias na documentación, este achegou para tal efecto os seguintes documentos substitutivos dos presentados o 14.7.2023 e que configuran a documentación técnica refundida conformada por:

– Proxecto técnico instalacións de conexión Beariz 400 k-eixe leste. Outubro 2023, visado nº V200491 do 11.10.2023 (en diante, proxecto refundido).

– Capas shape proxecto instalacións conexión Beariz 400 k-eixe leste. Outubro 2023.

– Ficheiro excel de coordenadas proxecto instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste. Outubro 2023.

Polo que respecta ás separatas técnicas do proxecto, a promotora expuxo na declaración responsable que as modificacións do proxecto refundido non afectan o sentido dos condicionados xa emitidos polos organismos afectados, e non é tampouco necesario solicitar novos informes para os efectos de outorgamento da autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción. Ademais do exposto, a promotora reitera a solicitude da preferencia na tramitación da autorización administrativa previa e de construción e que se pospoña para un posterior acto administrativo diferenciado a declaración de utilidade pública (DUP).

O 20.10.2023, a promotora achega os documentos das declaracións responsables substitutivas das anteriores presentadas. Entre outras epígrafes, recóllense tal e como se reproduce de xeito literal «O citado proxecto técnico recolle a totalidade das características do proxecto para o cal se outorgou declaración de impacto ambiental mediante Resolución do 3 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, coa única excepción das dimensións da plataforma da subestación colectora Paraño, a cal se reduce na superficie inicial ata os actuais 12.143 m2, resultando inferiores as afecciones pola dita infraestrutura, e o tipo de condutor en dous dos tramos da liña de tensión 132 kV (tipo anterior LA-380; actual LA-280)». Ao respecto dos bosquexos presentados para a súa incorporación na DIA, declárese que o proxecto técnico recolle, así mesmo, a totalidade das características do proxecto descrito nos bosquexos actualizados presentados o 16.6.2023 (…), coa única excepción da redución actual das dimensións da plataforma da subestación colectora Paraño. Entre outras epígrafes indícase que se planifican dúas fases de execución e que se inclúen os correspondentes orzamentos identificados como fase I e fase II.

Trixésimo sexto. O 25.10.2023, a xefatura territorial emite o informe técnico favorable para as instalacións que se relacionan conforme o proxecto refundido indicado no antecedente de feito trixésimo cuarto, proxecto técnico instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste. Outubro 2023, visado V200491 do 11.10.2023.

Trixésimo sétimo. O 23.11.2023 a promotora achegou, entre outros, o arquivo capas shape proxecto instalacións conexión Beariz 400 kV-eixe leste. Novembro 2023, en substitución dos anteriormente presentados.

Trixésimo oitavo. O 21.12.2023 esta dirección xeral no trámite de audiencia puxo de manifesto a documentación correspondente do expediente aos interesados ou, se for o caso, aos seus representantes, para o cal se tiveron en conta as limitacións previstas, se for o caso, na Lei 19/2013, do 9 de decembro.

O 15.1.2024, a promotora achegou a súa contestación á alegación do 29.12.2023 formulada pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), actualmente Consellería de Economía, Industria e Innovación conforme ao Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 113, do 15 de xuño), no Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño), e no artigo 34.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro) e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), e no artigo único do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para resolver os procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, de acordo co artigo 51 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, conservouse a validez de todas as alegacións presentadas que figuran no expediente de referencia.

O 10.8.2022, a xefatura territorial remitiu a esta dirección xeral as alegacións recibidas na primeira, na segunda e na terceira información pública (IP 1, IP 2, IP 3) e o 12.8.2022, o 19.9.2022 e o 22.9.2022 achegou información complementaria vencellada co tratamento das alegacións.

a) Cómpre manifestar que se deu traslado aa promotora das alegacións achegadas a esta dirección xeral, posteriormente á remisión do expediente o 10.8.2022 pola xefatura territorial. O 28.11.2023 a xefatura territorial remitiu informe complementario de tramitación, da mesma data, en que se recolle a resposta ás alegacións achegadas durante a tramitación, as cales se incorporan textualmente a esta resolución.

1. En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas. Non obstante, corresponde á fase de levantamento de actas previas a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento,…), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

2. No que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, só no caso de que non se chegase a un acordo entre a promotora eólico e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

3. En relación coas parcelas para incluír na relación de bens e dereitos afectados, o artigo 44 da Lei 8/2009, especifica que a solicitude de declaración, en concreto, de utilidade pública, incluirá a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos sobre os que non se obtivo un acordo cos seus titulares e sobre os que se considera necesaria a expropiación.

4. No que respecta ás alegacións de carácter ambiental cómpre indicar que estas foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático que foi feita pública no Anuncio do 4 de xullo de 2023 (DOG núm. 135, do 17 de xullo), e onde se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental en que se pode desenvolver o proxecto, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias e a necesidade dun plan de vixilancia ambiental. Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que o proxecto foi sometido, recibíronse informes dos seguintes organismos: Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Saúde Pública, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Dirección Xeral de Defensa do Monte, Instituto de Estudos do Territorio, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e Axencia de Turismo de Galicia.

5. No que respecta ás alegacións de carácter urbanístico, estas serán tidas en conta para a emisión do informe a que fai referencia o artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, en relación co proxecto sectorial das instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste.

6. A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, define o fraccionamento de proxectos como o mecanismo artificioso de división dun proxecto co obxectivo de evitar a avaliación de impacto ambiental ordinaria, no caso de que a suma das magnitudes supere os limiares establecidos no anexo I. O pretendido fraccionamento tería como fin último eludir a avaliación ambiental ordinaria. Porén, no caso de parques eólicos próximos entre si, non é posible (mediante o fraccionamento) evitar o seu sometemento ao procedemento ordinario de avaliación ambiental, pola obriga de considerar os efectos sinérxicos ou acumulativos con outros parques xa construídos e/ou avaliados.

Así, no ámbito dos parques eólicos, o referido anexo I establece que estarán sometidas á avaliación ambiental ordinaria, entre outras, as instalacións para a utilización da forza do vento para a produción de enerxía (parques eólicos) que teñan 50 ou máis aeroxeradores, ou que teñan máis de 30 MW ou que se atopen a menos de 2 km doutro parque eólico en funcionamento, en construción, con autorización administrativa ou con declaración de impacto ambiental. Polo tanto, no caso das instalacións de aproveitamento eólico, o fraccionamento que se alega de adverso non produce os efectos denunciados (evitar que o proxecto teña que ser sometido a unha avaliación ambiental ordinaria). Por outra banda, a Lei 21/2013 obriga a que os estudos de impacto ambiental que presenten os promotores deban recoller os efectos sinérxicos ou acumulativos derivados da existencia doutros parques eólicos ou outro tipo de instalacións nas proximidades. Polo tanto, ese suposto fraccionamento dos proxectos non evita que a avaliación ambiental deba ter en conta o efecto derivado da proximidade doutras instalacións e infraestruturas. O proxecto das instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste conta cun estudo de sinerxías incluído no estudo de impacto ambiental, cunha zona de estudo nun radio de 10 km dos parques eólicos e liñas eléctricas situadas na súa contorna. Segundo este estudo, atopamos:

• Liñas de alta tensión:

– Unha liña de alta tensión de Red Eléctrica Española, correspondente á liña de 380-400 kV, tramo Beariz-Cartelle, con 21.691,7 m dentro do ámbito.

– Unha liña de alta tensión de Unión Fenosa Distribución, de 132 kV, O Irixo-O Carballiño, cunha lonxitude de 3.405,8 m dentro do ámbito.

– Tres liñas de 220 kV, na parte oeste do ámbito, que teñen unha lonxitude total de 37.101 m dentro do ámbito.

Ademais, tense coñecemento das seguintes liñas de alta tensión proxectadas na contorna:

– Unha liña 132 kV, O Irixo-Lalín, con proxecto sectorial recollido no Plan básico autonómico, cunha lonxitude de 15.705 m dentro do ámbito.

– Unha liña 132 kV, As Penizas-Paraño, que parte da SEC Paraño cara ao noroeste, cunha lonxitude dentro do ámbito de 11.156 m.

– Dúas liñas de 400 kV de REE, que parten da SE Beariz cara ao sur e cara ao leste, cunha lonxitude de 11.442 e 2.158 m, respectivamente.

– Proxecto de instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe sur.

missing image file

• Liñas de media tensión:

Existen as seguintes liñas de media tensión no ámbito dos 10 km, cunha lonxitude total de 257,18 km.

missing image file

• Parques eólicos:

Existen os seguintes parques eólicos situados no radio de 10 km:

Parque eólico

Nº aeros parque

Nº aeros dentro do ámbito

A Estivada

6

6

Ameixeiras-Testeiros

75

75

As Vides

4

4

Campos Vellos

7

7

Coto da Mina

5

5

Coto Frío

12

12

Irixo Fase I

11

11

Laxabranca

5

2

Marcofan

7

7

Masgalán-Campo do Coco

75

12

Monte do Seixo-Cando

37

12

Monte do Seixo-Cando AMP

16

9

Paraño Oeste

17

17

PES Lalín

4

4

Pico Seco

9

9

Puza

13

2

Suído I

7

7

Suído II

4

4

Uxo

6

3

Valdepereira

8

8

missing image file

Cómpre sinalar que nada impide, desde o punto de vista da lexislación ambiental e do sector eléctrico, a execución de parques próximos entre si por parte dun mesmo ou distintos promotores e compartindo certas instalacións. Así o ten declarado o Tribunal Supremo na súa sentenza do 11 de decembro de 2013 cando di que «… unha cousa é que os distintos elementos e instalacións dun parque eólico deban ter unha consideración unitaria e outra que iso impida que poidan existir parques próximos e que estes poidan compartir la localización dalgúns elementos o a liña de vertedura á rede». Pola contra, tanto a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, como o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como o Real decreto 1183/2020, do 29 de decembro, de acceso e conexión ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, obrigan a que se compartan as infraestruturas de evacuación, precisamente para evitar un maior impacto ambiental. En concreto, a disposición final segunda do Real decreto 1183/2020, modifica o Real decreto 1955/2000 para condicionar a autorización administrativa das infraestruturas de evacuación á presentación, por parte dos titulares das ditas liñas de evacuación, dun documento que acredite a existencia dun acordo vinculante para o seu uso compartido por parte de todos os titulares de permisos de acceso e conexión na mesma posición de liña. En palabras do Alto Tribunal, na devandita sentenza do 11 de decembro de 2013 «non podería darse un tratamento separado a grupos de aeroxeradores de forma artificiosa e tratalos como parques autónomos, ou duplicar instalacións co mesmo fin, pois iso comportaría efectivamente un fraude de lei que, á marxe do seu maior impacto ambiental, podería supoñer una alteración da competencia ou unha evitación de maiores exixencias ambientais». Pola súa parte, a Lei 8/2009 define parque eólico como a instalación de produción de electricidade a partir de enerxía eólica, constituída por un ou varios aeroxeradores interconectados electricamente con liñas propias, que comparten unha mesma estrutura de accesos e control, con medición de enerxía propia, así como coa obra civil necesaria. Polo tanto, de acordo con esta definición, pode colixirse o carácter unitario dun parque e considerarse autónomo e independente sempre que teña capacidade de funcionamento separado, sen prexuízo de que comparta infraestruturas de evacuación con outros parques. É máis, compartir infraestruturas de evacuación supón, como é lóxico, un menor impacto ambiental, obxectivo a perseguir neste tipo de instalacións. Nesta mesma liña, a utilización de accesos comúns supón un uso máis racional do terreo, reducindo a superficies afectadas polas instalacións. No que respecta á definición de instalacións de conexión, a Lei 8/2009 remítese ao establecido no artigo 30 do mencionado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, entendendo por instalacións de conexión de centrais de xeración aquelas que sirvan de ligazón entre unha ou varias centrais de xeración de enerxía eléctrica e a correspondente instalación de transporte ou distribución, incluíndo liñas e subestacións.

Neste caso concreto, os parques eólicos comparten entre si infraestrutura de evacuación, o que non impide que os parques que comparten evacuación teñan carácter unitario e que poidan funcionar de forma independente, posto que cada un deles dispón dos correspondentes equipos de corte e medida da enerxía, e que ao mesmo tempo supón unha redución dos impactos ambientais xerados.

7. No que respecta ás posibles afeccións ao medio forestal derivadas da execución do proxecto, o Servizo de Montes informou o 18 de febreiro de 2022: «As superficies definitivas de afección virán determinadas polas áreas ocupadas directamente polos elementos de apoio, construcións complementarias e mais as superficies determinadas polas distancias de servidume establecidas na normativa que regula as obras de produción e transporte de enerxía eléctrica e ademais pola superficie necesaria para o cumprimento das distancias de plantación da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e mais da normativa de prevención de incendios relativa a redes de faixas de xestión de biomasa. Será necesario constituír as faixas de biomasa descritas na Lei 3/2007 ao redor das instalacións que transporten enerxía eléctrica de xeito aéreo, de ser o caso. Os puntos de auga para carga de medios terrestres, así como a rede de pistas forestais deberán quedar completamente operativos. Así mesmo, a Dirección Xeral de Defensa do Monte informou o 22 de novembro de 2022, nas consideracións legais e técnicas, que non se observan afeccións sobre as infraestruturas forestais que puideran impedir o correcto funcionamento das actividades de prevención ou posible extinción de incendios para executar. Non obstante, deberá velarse porque se manteñan en todo momento operativas, transitables e libres de obstáculos, e de verse afectadas repoñelas o antes posible. Con base no anterior, e tendo en conta os condicionantes recollidos nas consideracións legais e técnicas, infórmase favorablemente a realización do proxecto das instalacións de conexión á rede eléctrica Beariz 400 kV-eixe leste, situado nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo na provincia de Ourense.

8. Asemade, en relación cos prexuízos xerados polo proxecto sobre explotacións agrícolas, gandeiras, forestais e madeireiras, cómpre indicar que non están previstas afeccións aos usos actuais máis alá das propias zonas de implantación das infraestruturas definidas no proxecto de execución. En todo caso, no que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegase a un acordo entre a promotora e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

9. Respecto do tipo de sociedade da empresa promotora do proxecto das instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste cómpre indicar que esta acreditou a capacidade legal, técnica e económica para a realización do proxecto, de acordo co establecido na Lei 8/2009.

10. Respecto ás alegacións sobre a falta de información ambiental, de difusión e claridade da información pública cabe remitirse as diferentes publicacións do Acordo do 28 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto de instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste, sitas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo, da provincia de Ourense (expediente IN408A 2020/175). Así mesmo, a dita resolución e a documentación obxecto da información pública estiveron á disposición de todas aquelas persoas interesadas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo e na entón Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xefatura Territorial de Ourense. Así mesmo, realizouse a notificación individual da solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, aos titulares que figuraban na relación de bens e dereitos afectados. No que respecta á participación do público no procedemento de avaliación ambiental, cómpre sinalar que a normativa que rexeu este procedemento incorpora as disposicións previstas no convenio Aarhus sobre participación pública, polo que os dereitos que nel se establecen quedan debidamente garantidos.

11. No que respecta á validez e aplicación do Plan sectorial eólico de Galicia, cómpre subliñar que este segue vixente e resulta plenamente aplicable. A Lei 8/2009, do 22 de decembro, ampara a plena vixencia e aplicabilidade do plan preexistente en tanto non se aprobe o novo previsto, ao establecer na súa disposición transitoria terceira que en tanto non se aprobe un novo plan sectorial eólico de Galicia entenderase aplicable o actualmente vixente en todo aquilo que non se opoña ao establecido nesta lei. Á marxe do anterior, cómpre lembrar que na tramitación de cada procedemento de autorización de parques eólicos a Administración observa a normativa ambiental en vigor, incorporando aos expedientes os informes e as actuacións legalmente exixibles. Así mesmo, en relación coa necesidade de someter o Plan sectorial eólico de Galicia ao trámite de avaliación ambiental estratéxica, cómpre manifestar que este plan foi aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia o 1 de outubro de 1997, e publicouse o acordo no DOG do 15.12.1997. Posteriormente, publicouse no DOG do 3.1.2003 o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5.12.2002 polo que se aproba definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Plan Eólico de Galicia.

Á marxe do anterior, cómpre lembrar que na tramitación de cada procedemento de autorización de parques eólicos a Administración observa a normativa ambiental en vigor, incorporando aos expedientes os informes e as actuacións legalmente exixibles.

Así mesmo, en relación coa necesidade de someter o Plan sectorial eólico de Galicia ao trámite de avaliación ambiental estratéxica, cómpre manifestar que este plan foi aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia o 1 de outubro de 1997, e publicouse o acordo no DOG do 15.12.1997.

Posteriormente, publicouse no DOG do 3.1.2003 o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5.12.2002 polo que se aproba definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Plan eólico de Galicia.

En ambos casos cumpriuse co disposto no procedemento de aprobación, segundo o establecido na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Cómpre ter en conta que coa aprobación da primeira lei de avaliación ambiental estratéxica, Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, todos os plans tramitados polas administracións públicas deben someterse a avaliación ambiental. Non obstante, a propia lei recollía unha moratoria para os plans que estaban nese ano nun estado moi avanzado de tramitación. Logo, este procedemento ambiental soamente obriga aos plans que iniciaron a súa tramitación a partir do ano 2006 e non pode aplicarse con efectos retroactivos.

b) Cómpre sinalar que, no que respecta á existencia de aproveitamentos forestais e afeccións á minaría, a compatibilidade entre os aproveitamentos ou, de ser o caso, a prevalencia dun deles resolverase no trámite posterior correspondente, de acordo co establecido no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

c) No caso de alegacións presentadas con posterioridade á declaración de impacto ambiental, inadmítense, de conformidade co artigo 23 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, por presentarse fóra dos prazos de información pública e consultas regulados nos artigos 21 e 22 da devandita lei.

d) No caso de escritos de oposición á declaración de impacto ambiental do 28.12.2022 procede sinalar que, segundo o establecido no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a declaración de impacto ambiental non será obxecto de recurso sen prexuízo dos que, de ser o caso, procedan en vía administrativa e xudicial fronte ao acto polo que se autoriza o proxecto.

Cuarto. A seguir recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, con respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) das instalacións de conexión á rede eléctrica Beariz 400 kV-eixe leste, nos concellos do Irixo, Boborás e Beariz (Ourense), promovido por Adelanta Corporación, S.A. (clave 2021/0051) formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 3.7.2023:

a) Na epígrafe 6 da DIA recóllese a proposta, que literalmente di: «Logo de finalizar a análise técnica do expediente de avaliación de impacto ambiental, proponse formular a declaración de impacto ambiental do proxecto nos termos recollidos ao longo deste documento, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental».

De conformidade coa mencionada proposta, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolve formular a declaración de impacto ambiental do proxecto instalacións de conexión á rede eléctrica. Beariz 400 kV-eixe leste, nos concellos do Irixo, Boborás e Beariz (Ourense), promovido por Adelanta Corporación, S.A., en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, concluíndo que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA.

Esta declaración de impacto ambiental emítese sen prexuízo da obriga da promotora de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que resulten legalmente esixibles e remitirase ao órgano substantivo para os efectos do artigo 42 da Lei de avaliación ambiental.

Mediante o anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia farase pública esta declaración de impacto ambiental que estará dispoñible na páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

De acordo co punto 4 do artigo 41 da Lei de avaliación ambiental, a declaración de impacto ambiental non será obxecto de ningún recurso, sen prexuízo dos que, de ser caso, procedan na vía administrativa e xudicial fronte o acto polo que se autoriza o proxecto.

b) A DIA que nos ocupa refírese ás instalacións das instalacións de conexión á rede eléctrica. Beariz 400 kV-eixe leste. Nas epígrafes 4 e 5 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

4. Condicións ambientais.

4.1. Condicións particulares.

4.2. Condicións xerais.

4.2.1. Protección da atmosfera.

4.2.2. Protección das augas e leitos fluviais.

4.2.3. Protección do solo e infraestruturas.

4.2.4. Xestión de residuos.

4.2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

4.2.6. Integración paisaxística e restauración.

4.3. Outras condicións.

5. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

5.1. Aspectos xerais.

5.2. Aspectos específicos.

5.3. Informes do programa de vixilancia.

Consonte o disposto no artigo 52 da dita Lei 21/2013, correspóndelle ao órgano substantivo o seguimento e vixilancia do cumprimento da declaración de impacto ambiental.

Quinto. No expediente administrativo, e polo que respecta á tramitación realizada pola xefatura territorial, o 10.8.2022 remitíronse a esta dirección xeral as seguintes consideracións legais e técnicas recollidas no expediente de remisión e que tivéronse en conta:

– Na epígrafe 12, achegouse o informe favorable do 9.8.2022 relativo ao cumprimento da normativa de instalacións industriais e eléctricas das instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste.

– Na epígrafe 13, achegouse a acta de comprobación, asinada por persoal facultativo da xefatura territorial, conforme non se dan as prohibicións e limitacións establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– Na epígrafe 14 da proposta de autorización administrativa previa e de construción, a xefatura territorial expresa a seguinte consideración que se incorpora textualmente a esta resolución:

«Tendo en conta o anterior, e coa documentación que obra no expediente na data de sinatura desta proposta, infórmase de xeito favorable a solicitude de Adelanta Corporación, S.A. no que respecta á tramitación das autorizacións administrativas previa e de construción (.)».

A este respecto, establécese que desde un punto de vista técnico, non se encontrou ningún impedimento para emitir a autorización administrativa previa e de construción, en concreto, das instalacións de conexión de Beariz 400 kV-eixe leste, sitas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense), e promovido por Adelanta Corporación, S.A. (IN408A 2020/175).

Sexto. De acordo co establecido no artigo 45.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, ao suscitarse a compatibilidade ou prevalencia entre o aproveitamento eólico e os dereitos mineiros e a existencia de aproveitamentos forestais, a declaración de utilidade pública e, de ser o caso, a declaración de compatibilidade entre os aproveitamentos ou, de ser o caso, a prevalencia dun deles, resolverase no trámite posterior correspondente, de acordo co establecido no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. A este respecto, na documentación do expediente achegada pola xefatura territorial o 10.8.2022, na epígrafe 14 da proposta de autorización administrativa previa e de construción exprésase a seguinte consideración que se incorpora textualmente a esta resolución:

– «(.) poñendo en coñecemento desa dirección xeral a existencia de aproveitamentos que puidesen resultar incompatibles para que poida iniciar o procedemento de declaración de compatibilidade ou prevalencia de utilidades públicas segundo o punto 2 do artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, así como a continuación dos trámites ambiental e do proxecto sectorial, das instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste».

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar autorización administrativa previa ás Instalacións de conexión de Beariz 400 kV-eixe leste, sitas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense) e promovido por Adelanta Corporación, S.A. (expediente IN408A 2020/175).

Segundo. Outorgar autorización administrativa de construción ao proxecto de execución proxecto técnico instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste. Outubro 2023, redactado polo enxeñeiro técnico industrial Sergio Rodríguez Rodríguez, colexiado nº 482 do COITI Ourense (Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais), con visado V200491 do 11.10.2023.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

– Solicitante/promotora: Adelanta Corporación, S.A.

– Denominación: instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste.

– Concellos afectados: Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense).

– Orzamento de execución material: 17.776.525,38 €.

– Localización (coordenadas UTM, fuso 29 ETRS 89):

Coordenadas indicadas no proxecto que definen a orixe e final do primeiro tramo da liña proxectada (LAT aérea):

Inicio/fin

UTM-X

UTM-Y

Apoio T-60 (LAT 132 kV SE Serra do Faro-SEC Valdepereira; expediente núm. IN408A 2021/15)

(Non definidas no proxecto)

Apoio 2 LAT 132 SET Valdepereira-SEC Paraño

569.384,54

4.708.756,24

Coordenadas indicadas no proxecto que definen a orixe e o final do segundo tramo da liña proxectada (LAT aérea):

Inicio/fin

UTM-X

UTM-Y

Pórtico metálico da subestación SEC Valdepereira

569.360,62

4.708.758,66

Apoio 2 LAT 132 SET Valdepereira-SEC Paraño

569.384,54

4.708.756,24

Coordenadas indicadas no proxecto que definen a orixe e o final do terceiro tramo da liña proxectada (LAT aérea):

Inicio/fin

UTM-X

UTM-Y

Apoio 2 LAT 132 SEC Valdepereira-SEC Paraño

569.384,54

4.708.756,24

Pórtico metálico da subestación SEC Paraño

561.948,84

4.704.260,52

Coordenadas previstas no proxecto para a subestación colectora SEC Paraño son:

Vértice

UTM-X

UTM-Y

A

561.827,39

4.704.323,64

B

561.901,95

4.704.377,72

C

561.979,36

4.704.271,00

D

561.904,80

4.704.216,92

Referencia

561.903,38

4.704.297,32

Coordenadas indicadas no proxecto que definen a orixe e o final do cuarto tramo da liña proxectada (LAT aérea):

Inicio/fin

UTM-X

UTM-Y

Pórtico metálico da subestación SEC Paraño

561.875,55

4.704.327,08

Pórtico metálico da subestación SE REE Beariz

561.747,82

4.704.389,37

Características técnicas recollidas no proxecto:

1) LAT 132 kV SEC Valdepereira-SEC Paraño:

• Tramo 1: LAT aérea, a 132 kV, de lonxitude aproximada 163,23 m, en condutor LA-280, con orixe no apoio T60 da liña colectora 132 kV SEC Serra de Faro-SEC Valdepereira (expediente IN408A 2021/15) e remate no apoio 2 da LAT 132 kV SEC Valdepereira-SEC Paraño.

• Tramo 2: LAT aérea, a 132 kV, de lonxitude aproximada 23,34 m, en condutor LA-280, con orixe no pórtico metálico situado no interior da subestación SEC Valdepereira e remate no apoio 2 da LAT 132 kV SEC Valdepereira-SEC Paraño.

• Tramo 3: LAT aérea, a 132 kV, de lonxitude aproximada 9.704,18 m, en condutor LA-280 DUPLEX, con orixe no apoio 2 da LAT 132 kV SEC Valdepereira-SEC Paraño e remate en pórtico metálico situado no interior da SEC Paraño.

2) Subestación colectora principal: SEC Paraño 30/132/400 kV.

• Subestación colectora principal SEC Paraño 30/132/400 kV, coa seguinte configuración: i) Parque a nivel 400 kV, con esquema de simple barra, con tecnoloxía convencional, coas seguintes posicións de intemperie: unha (1) posición de liña, unha (1) posición de transformador de potencia (TP1), unha (1) posición de medida de barras, unha (1) posición de transformador de potencia (TP2) equipadas cada unha destas posicións coa aparellaxe de intemperie correspondente. ii) Parque a nivel de 132 kV, con esquema de simple barra, con tecnoloxía híbrida, coas seguintes posicións de intemperie: tres (3) posicións de liña, unha (1) posición de medida de tensión de barras, unha (1) posición de transformador de potencia (TP3) equipadas cada unha destas posicións coa aparellaxe de intemperie correspondente. iii) Parque a nivel de 30 kV, con esquema de simple barra, con tecnoloxía GIS, composta coas seguintes posicións: unha (1) cela de protección de transformador, unha (1) cela de protección de batería de condesadores, dúas (2) celas de protección de liña, unha (1) cela de protección de transformador de SSAA, unha (1) cela de protección de reserva equipadas cada unha destas posicións coa aparellaxe correspondente. iv) Transformadores: un (1) transformador de potencia, con r/t 400/132 kV y cunha potencia aparente de 240/290 MVAs (ONAN/ONAF); un (1) transformador de potencia, con r/t 132/30 kV y cunha potencia aparente de 45/50 MVAs (ONAN/ONAF); un (1) transformador de potencia, con r/t 400/132 kV e cunha potencia aparente de 240/290 MVAs (ONAN/ONAF); (1) transformador de intemperie con illamento en seco, para SSAA, con r/t 30/0,4 kV, y cunha potencia nominal aparente de 100 kVAs. v) Equipamento complementario para as funcións de control, mando e protección da subestación.

3) LAT 400 kV SEC Paraño-SE REE Beariz.

• LAT aérea, a 400 kV, de lonxitude aproximada 84,25 m, sen incluír o van destensado de aproximadamente 31,71 m na conexión a SEC Paraño e o van destensado de aproximadamente 68,92 m na conexión a SE REE Beariz, en condutor LA-455 dúplex, con orixe no pórtico metálico situado no interior da subestación SEC Paraño e remate no pórtico metálico situado no interior da SE REE Beariz.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, previamente ao inicio das obras Adelanta Corporación, S.A. deberá depositar un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do custo da restauración. O importe do aval, que fixará o órgano substantivo, será actualizable, e unha parte corresponderá á fase de obras e outra á de desmantelamento e abandono das instalacións, de conformidade co disposto na DIA. Polo anteriormente exposto, este órgano substantivo fixa en 311.089 € a contía do aval, dos que 133.324 € corresponderán á fase de obras e 177.765 € á fase de desmantelamento e abandono das instalacións deste expediente.

Para a cancelación do dito aval será preciso o informe favorable do órgano ambiental, logo do levantamento dunha acta de comprobación pola inspección ambiental conforme establece o referido Decreto 455/1996.

A solicitude de cancelación realizarase a través do órgano substantivo, e só se poderá efectuar unha vez estean totalmente rematados as labores de restauración e integración paisaxística e logo de que a promotora acredite, mediante os informes do programa de vixilancia ambiental e calquera outra documentación que se considere oportuna, de ser o caso, a suficiencia e o éxito dos traballos efectuados, tanto os referentes á restauración (coa vexetación debidamente implantada) como ás demais actuacións relacionadas coa imposición do aval ambiental.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. De acordo coas condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 3.7.2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, a promotora deberá levar a cabo unha prospección minuciosa para constatar a presenza ou ausencia de especies do Catálogo Galego de Especies Ameazadas e o caso de detección informarase á Dirección Xeral de Patrimonio Natural, xunto coas medidas que propoñan. O documento que elabore a promotora co resultado da dita prospección deberá contar, con carácter previo ao inicio das obras, co informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Natural de acordo co requirido na condición 4.3.3 da DIA.

3. Con anterioridade ao prazo dun mes do inicio das obras, a promotora deberá achegar á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o programa de vixilancia e seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas no punto 5 da declaración de impacto ambiental.

4. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, a promotora deberá presentar ante a xefatura territorial un certificado de final de obra subscrito por técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución que por esta resolución se aproba, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais un plano cartográfico as built en formato shape das instalacións deste expediente.

5. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Industria e Innovación inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuados e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

6. En canto aos bens e dereitos afectados polas instalacións deste expediente e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a promotora cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes, para os que mostrou a súa conformidade.

No caso de que se manifestasen perturbacións ou interferencias nos servizos de telecomunicacións legalmente autorizados, directamente atribuíbles ás instalacións deste expediente, a promotora deberá adoptar as medidas necesarias para restablecer as condicións previas de calidade dos servizos afectados e para eliminar calquera posible afectación a estes.

7. De conformidade co artigo 34.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a promotora disporá dun prazo de tres anos, a contar desde o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no apartado 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

8. A promotora deberá cumprir todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 3.7.2023, así como as establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.

9. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

10. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou doutros condicionados técnicos de organismos ou empresas de servicios públicos ou de interese xeral afectados, necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

11. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais