DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2024 Páx. 23477

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2024 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a de grao medio de investigación (análise instrumental), grupo II, en virtude das probas selectivas convocadas pola Resolución do 27 de abril de 2023.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 27 de abril de 2023 (Diario Oficial de Galicia do 10 de maio) para cubrir con persoal laboral fixo unha praza da categoría profesional de técnico/a de grao medio de investigación (análise instrumental), grupo II, pola quenda de promoción interna, unha vez comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos Estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a de grao medio de investigación (análise instrumental), a persoa que superou o proceso selectivo e que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a sinatura do contrato comezará a partir do día seguinte hábil ao da data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas de maternidade ou paternidade, dado que se poderá asinar o contrato durante esta situación.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***6952**

Gómez Dopazo, María Montserrat