DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2024 Páx. 23479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 26 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica ás persoas solicitantes do dereito de asistencia xurídica gratuíta o requirimento de documentación, acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, no expediente PR204A 2024/1174-2 e un máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte das persoas destinatarias ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo de que dispón as persoas solicitantes do dereito para achegar a documentación requirida é de 10 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará resolución, que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificaren as persoas solicitantes, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.

Lugo, 26 de marzo de 2024

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/pasaporte

PR204A2024/1174-2

46900076V

PR204A2024/1343-2

76737343M