DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2024 Páx. 23481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 26 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica á persoa solicitante do dereito de asistencia xurídica gratuíta o requirimento de documentación, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo, no expediente PR204A 2024/913-2.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición da persoa interesada na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo de que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de 10 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no TEU do BOE. Transcorrido o dito prazo, a comisión ditará resolución, que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.

Lugo, 26 de marzo de 2024

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/pasaporte

Acto notificado

PR204 A2024/913-2

34253932D

Requirimento de documentación para valorar insustentabilidade