DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 2024 Páx. 22970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 96/76 e oito máis).

Na sesión do día 11.3.2024, o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Lugo, por unanimidade, acordou aprobar os seguintes deslindamentos entre montes veciñais e realizar as oportunas modificacións nos expedientes correspondentes:

– MVMC Coto Redondo (expediente 96/76), pertencente aos veciños de Casela e Parada, da parroquia de Santalla (Samos); e MVMC Carballal (expediente 18/73), pertencente aos veciños de Carballal, na parroquia de Vilamor (Folgoso do Courel).

O 20.6.2023 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegaron acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 22.12.2023, o Servizo de Montes emitiu un informe (2023_34) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Coto Redondo: 842,76 hectáreas.

– MVMC Carballal: 598,59 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– MVMC Coto Redondo (expediente 96/76), pertencente aos veciños de Casela e Parada, da parroquia de Santalla (Samos); e MVMC Trascastro (expediente 78/78), pertencente aos veciños da parroquia de Trascastro (O Incio).

O 25 .11.2022 tivo entrada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegaron acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 2.1.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_301) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Coto Redondo: 879,21 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento co MVMC Carballal.

– MVMC Trascastro: 953,56 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

– MVMC Coto Redondo (expediente 96/76), pertencente aos veciños de Casela e Parada, da parroquia de Santalla (Samos); e MVMC Escrita e Monteiros (expediente 13/77), pertencente aos veciños de Seceda, parroquia de Seceda (Folgoso do Courel).

O 28.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegaron acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 2.1.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_168) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Coto Redondo: 879,45 hectáreas. Esta modificación ten en conta os deslindamentos cos MVMC Carballal e MVMC Trascastro.

– MVMC Escrita e Monteiros: 1.295,39 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

– MVMC Cortes (expediente 17/73), pertencente aos veciños de Cortes, da parroquia de Seceda; e MVMC Sudros e Miranda (expediente 19/73), pertencente aos veciños de Eiriz, da parroquia de Folgoso, ambos no concello de Folgoso do Courel.

O 29.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegaron acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 9.1.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_216) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Cortes: 274,97 hectáreas.

– MVMC Sudros e Miranda: 577,44 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.

– MVMC Cortes (expediente 17/73), pertencente aos veciños de Cortes, da parroquia de Seceda; e MVMC Escrita e Monteiros (expediente 13/77), pertencente aos veciños de Seceda, parroquia de Seceda, ambos no concello de Folgoso do Courel.

O 29.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegaron acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 11.1.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_213) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Cortes: 272,91 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento co MVMC Sudros e Miranda, así como a revisión do esbozo.

– MVMC Escrita e Monteiros: 1247,64 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento co MVMC Coto Redondo, así como a revisión do esbozo

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo V, ao final deste anuncio.

– MVMC Rao (expediente 48/77), pertencente aos veciños de Rao, parroquia de Rao; e MVMC Robledo (expediente 49/77), pertencente aos veciños de Robledo, parroquia de Rao, ambos no concello de Navia de Suarna.

O 29.9.2022 foi presentada unha solicitude (mellorada o 2.1.2024) relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegaron acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 9.1.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_230) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Rao: 520 hectáreas.

– MVMC Robledo: 625 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo VI, ao final deste anuncio.

– MVMC Rao (expediente 48/77), pertencente aos veciños de Rao, parroquia de Rao; e MVMC Meda (expediente 45/77), pertencente aos veciños de Meda, parroquia de Rao, ambos no concello de Navia de Suarna.

O 29.9.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegaron acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 9.1.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe (2022_229) en que se recollen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:

– MVMC Rao: 530 hectáreas. Esta modificación ten en conta o deslindamento anterior co MVMC Robledo

– MVMC Meda: 309 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e realizar as oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo VII, ao final deste anuncio.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 1 de abril de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO I

Deslindamento entre o MVMC Coto Redondo e MVMC Carballal

missing image file

ANEXO II

Deslindamento entre o MVMC Coto Redondo e MVMC Trascastro

missing image file

ANEXO III

Deslindamento entre o MVMC Coto Redondo e MVMC Escrita e Monteiros

missing image file

ANEXO IV

Deslindamento entre o MVMC Cortes e MVMC Sudros e Miranda

missing image file

ANEXO V

Deslindamento entre o MVMC Cortes e MVMC Escrita e Monteiros

missing image file

ANEXO VI

Deslindamento entre o MVMC Rao e MVMC Robledo

missing image file

ANEXO VII

Deslindamento entre MVMC Rao e MVMC Meda

missing image file