DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 2024 Páx. 22986

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

CÉDULA do 1 de abril de 2024, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 10 de marzo de 2024, ditada no expediente sancionador da Coruña RITGA-E-2023-014861 (AC-131/2023) por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, ante o director da Axencia de Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que xulguen oportuno.

De non presentaren recurso no dito prazo, a sanción devirá firme e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non se efectuar o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).

A Coruña, 1 de abril de 2024

Ana T. Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: RITGA-E-2023-014861 (AC-131/23).

NIF: 33286641Y.

Establecemento: café bar Estanco.

Enderezo: rúa Manuel Gómez Lorenzo, núm./km 8.

Localidade: Vedra.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, alíneas a) e b), da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: 10 de marzo de 2024.

Sanción: multa por importe de catrocentos euros (400,00 €).