En cumprimento do previsto no artigo 78 ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización/legalización de obras:
Solicitante: José Antonio Rodríguez Martínez.
DNI: 7932*****.
Expediente: DH.W15.94954.
Lugar: Arnados (referencia catastral 4129806NH2942S0001HR).
Parroquia: Razo (San Martiño).
Concello: Carballo.
Descrición das obras:
As obras solicitadas consisten na construción dunha vivenda illada de planta soto, baixa e piso.
A documentación estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así como nas oficinas deste servizo situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, cita previa no teléfono 981 18 25 30.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 25 de xaneiro de 2024
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Norte