DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2024 Páx. 22581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de marzo de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución dos recursos de reposición presentados contra o acordo de revisión do esbozo do monte de Enciñeira, concello de Quiroga (expediente 117_75/2022_220).

Na sesión realizada polo xurado provincial o día 11.3.2024 figura o seguinte acordo:

Monte Enciñeira, pertencente aos veciños da parroquia de Enciñeira, no concello de Quiroga (expediente Quiroga/117_75/2022_220).

O 18.12.2023, o xurado ditou a resolución pola que aprobou a revisión do esbozo do MVMC de Enciñeira por instancia da comunidade propietaria do monte. Este acordo foi publicado no Diario Oficial de Galicia o 1.2.2024.

O 6.2.2024, tivo entrada un recurso de reposición presentado por Celso Mondelo Quintillán no que, en síntese, expón que dentro do esbozo aprobado incluíronse as parcelas catastrais da súa propiedade identificadas coa referencia 2262, 2314, 2389, 3041 e 3167, do polígono 27, do concello de Quiroga.

O 14.2.2024, tivo entrada un recurso de reposición presentado por Venancio Mondelo Quintillán no que, en síntese, expón que dentro do esbozo aprobado incluíronse as parcelas catastrais da súa propiedade identificadas coa referencia 2257, 2309, 2396, 2412, 2413, 2480, 2482, 3035, 3036, 3076, do polígono 27; e 85, 95 do polígono 28, do concello de Quiroga.

En relación co anterior, o 20.2.2024 o Servizo de Montes emitiu un informe en que sinala que as devanditas parcelas, referidas en ambos recursos, están fóra do esbozo resultante da revisión do monte veciñal de Enciñeira.

Examinados os devanditos recursos de reposición, o xurado, por unanimidade, acorda desestimalos, de conformidade cos fundamentos que se recollen na correspondente resolución.

Contra esta resolución, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa notificación ou publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 20 de marzo de 2024

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo