DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2024 Páx. 22583

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia do requirimento de documentación relativa ao expediente 27/50079/16/A de axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (código de procedemento MR404A).

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento de documentación no expediente 27/50079/16/A de axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (código de procedemento MR404A).

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Explotación Agrarias da xefatura territorial que corresponda da Consellería do Medio Rural, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do dito requirimento e a constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada terá un prazo de 10 días a partir da data de notificación, segundo o artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, para que emenden a falta ou acompañen os documentos preceptivos. No caso de non facelo no prazo indicado, entenderase que desiste da súa petición. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o devandito prazo para presentar a documentación contarase a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2024

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
P.S. (Resolución do 16.1.2024)
Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Procedemento: axuda para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (código de procedemento).

Expediente número: 27/50079/16/A.

DNI: 22758034V.

Acto de notificación: requirimento de documentación.