DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2024 Páx. 22424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 21 de marzo de 2024, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Carballo (expediente DH.V15.96877).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertido:

Solicitante: Xunta de Galicia-Consellería de Economía, Industria e Innovación.

NIF: S-1511001-H.

Expediente: DH.V15.96877.

Lugar: monte Neme.

Parroquia: Razo.

Concello: Carballo.

Tipo de vertido: Augas residuais industriais depuradas.

Caudal máximo: 35 m3/hora.

Punto de vertido: X=522.108; Y=4.792.469.

Medio receptor: Rego de Porriños (cunca da costa da Coruña entre A Coruña e Camariñas).

Tratamento/evacuación:

As augas residuais acumuladas nos ocos mineiros da antiga explotación mineira de Monte Neme bombéanse para o seu tratamento nun sistema de depuración conformado por un módulo de filtración-catalización-absorción seguido dun módulo de filtración-ultrafiltración-ósmose inversa.

O rexeite do proceso de ósmose inversa (concentrado) derívase á cabeceira do sistema de depuración, previo tratamento nun módulo de absorción de metais constituído por dúas etapas de filtración en serie.

As augas residuais industriais depuradas (permeado da ósmose inversa) vértense, mediante condución de polietileno de 90 mm de diámetro, ao rego de Porriños.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal de internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na Praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela solicitando cita previa no teléfono 981 54 50 87.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2024

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Vertidos