DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2024 Páx. 22426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 21 de marzo de 2024, de resolución do recurso de alzada no expediente de revisión do parcelario e estado das parcelas e trámites previos da investigación da titularidade das parcelas no polígono agroforestal de iniciativa pública de Cualedro, no concello de Cualedro (Ourense) (expediente PA-21-02).

De conformidade co disposto no artigo 90.e) da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, e artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non poder determinar a identidade das persoas titulares dos predios afectados, por ignorar o lugar de notificación, ou logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas que se indican no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada no expediente de revisión do parcelario e estado das parcelas e trámites previos da investigación da titularidade das parcelas no polígono agroforestal de iniciativa pública de Cualedro, no concello de Cualedro (Ourense).

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro edictal do Concello de Cualedro, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de quince (15) días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU):

a) De xeito presencial, nas dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (A Barcia, núm. 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

b) Na sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas, ou está obrigado a relacionarse de tal xeito. De tratarse dun procedemento que aínda non estea habilitado na sede electrónica, pode solicitar que se lle remita ou se poña á súa disposición o expediente.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2024

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Persoas interesadas ás cales, logo de intentada a notificación, non se lles puido efectuar:

Referencia catastral

Nome e apelidos

32029A5******8****HU

Herdeiros de Concepción Casas Sanmamed