DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2024 Páx. 22423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 8 marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 417.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 7 de marzo de 2024 se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:

Identificación e localización: parcela número 417 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 106,77 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Actuais titulares: María Josefa Camiño Pérez (***4192**), Margarita Mercedes Camiño Pérez (***4908**), Susana Camiño Pérez (***4843**) e David Camiño Pérez (***6065**).

Novo titular: José Luis Otero Abelenda (***5636**).

O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Condicións particulares baixo as que se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 8 de marzo de 2024

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo