DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2024 Páx. 22378

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2024 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás probas selectivas para cubrir, polo sistema de acceso libre, as prazas de PAS funcionario e PAS laboral do marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal.

Mediante a Resolución reitoral do 9 de xaneiro de 2024 (DOG do 18 de xaneiro e BOE do 29 de xaneiro) convocáronse probas selectivas para cubrir prazas de persoal funcionario e laboral da Universidade de Santiago de Compostela correspondentes ao procedemento de estabilización extraordinaria incluídas na oferta pública de emprego complementaria do ano 2023 desta institución, publicada pola Resolución do 11 de decembro (DOG do 18 de decembro).

Mediante a Resolución reitoral do 27 de febreiro de 2024 (DOG do 7 de marzo) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado este prazo e consonte o establecido na base 4.3 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as citadas listaxes definitivas están expostas no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:

Tribunal titular:

Presidenta: Diana Santiago Iglesias, profesora titular da USC.

Vogais:

– Ana González da Costa, funcionaria de carreira da escala de facultativos ABM da USC.

– José Luis Cruz Torres, funcionario de carreira da escala técnica superior de administración da USC.

– Fco. Xabier Redondo Abal, funcionario de carreira da escala de axudantes ABM da USC.

Secretaria: Rosalía Meitín Suárez, funcionaria de carreira da escala de xestión da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidenta: María Isabel Casal Reyes, funcionaria de carreira da escala de facultativos ABM da USC.

Vogais:

– María Villaverde Gómez, persoal directivo profesional da USC.

– Delfín Pérez González, funcionario de carreira da escala de xestión da USC.

– Félix Navaza Aller, funcionario de carreira da escala de xestión da USC.

Secretaria: Silvia M. Moreira Figueiras, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela