DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2024 Páx. 22246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 7 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Sada (expediente IN407A 2023/341-1).

Expediente: IN407A 2023/341-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: anexo 1-LMT, CT e RBT Tumbadoiro.

Concello: Sada.

1. Características técnicas:

Centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P con illamento e corte en SF6, con cadro de baixa tensión con tres saídas (unha de reserva). Instalaranse nunha nova localización dentro da parcela con referencia catastral 15076A012001660000EL sita no lugar de Tumbadoiro, para axustarse ao aliñamento de vía indicado polo Concello de Sada, o que implicará unha modificación das afeccións orixinais sobre a dita parcela nos termos indicados no anexo que se xunta a este acordo.

A nova localización do CT supón un incremento da lonxitude da nova LMT soterrada necesaria para a súa alimentación, que pasa dos 60 metros inicialmente proxectados a 78 metros, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×150 mm2 Al), con orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) por instalar no apoio núm. 8-1 modificado e con remate en cela de liña do CT proxectado, sen que resulten alteradas nin a modificación prevista no treito aéreo da LMT SAD-714 autorizado no expediente 27.402 nin as afeccións pola servidume de paso de enerxía eléctrica soterrada.

Igualmente, a reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) actualmente alimentada polo CT Meirás Igrexa (expediente IN407A 1997/27-1/matrícula 15AHW8) resultará modificada cun aumento da lonxitude do circuíto soterrado de baixa tensión (RBTS), que pasa dos 146 metros inicialmente proxectados a 166 metros, en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4 (1×150 mm2 Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente por realizar no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado en apoio de formigón tipo IB/9 existente.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará a disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 7 de marzo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Anexo 1-LMT, CT e RBT Tumbadoiro

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Sada

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(CT e/ou apoios)

LMT soterrada (servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Héctor García Barreiro

Sonia García Barreiro

15076A012001640000EQ

Torrón

5,5

16,5

Rústico. Agrario

2

Ernesto García Ureta

15076A012001660000EL

Torrón

CT e acceso

37,73

Rústico. Agrario