DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2024 Páx. 22244

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 20 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a actualización do proxecto de aproveitamento das augas mineiromedicinais e termais do Balneario de Arteixo, situado no concello de Arteixo (A Coruña), promovido polo concello de Arteixo (expediente 2022/01).

O concello de Arteixo, con enderezo na praza Alcalde Ramón Dopico, 1, 15142 Arteixo (A Coruña), presentou nesta xefatura territorial unha solicitude de aprobación da actualización do proxecto de aproveitamento das augas mineiromedicinais das captacións do Balneario de Arteixo, das cales é titular, de acordo co establecido nos artigos 11 e seguintes do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineiromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 226, do 31 de outubro).

As instalacións sobre as que se desenvolve o proxecto afectan os mananciais existentes dentro do edificio do Balneario de Arteixo, na situación seguinte, en coordenadas xeográficas segundo o sistema de referencia ETRS89:

Manancial

UTM X

UTM Y

Auga quente

539.890,28

4.794.596,38

Auga tempada

539.888,37

4.794.607,54

Auga fresca

539.884,92

4.794.602,42

Todas as persoas que se consideren afectadas por esta solicitude poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º e 2º andar, A Coruña, ou no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería, no enderezo:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

E presentar as alegacións que consideren no prazo de quince (15) días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 13 do Regulamento de aproveitamento de augas mineiromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 20 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña