DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2024 Páx. 22250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 7 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ponteceso (expediente IN407A 2023/436-1).

Expediente: IN407A 2023/436-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Pazos de Arriba.

Concello: Ponteceso.

1. Características técnicas:

Desconexión e desmontaxe (peche e desmantelamento) do CT prefabricado M. Figueroa (expedientes 11.220 e IN407A 2016/520-1/matrícula 15CCC4) de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, pertencente á arquitectura da liña BRT-803 (antes, CBL-803B) e de toda a súa aparellaxe de media e baixa tensión.

Modificación da LMT aéreo-soterrada autorizada nos expedientes 11.220 e IN407A 2016/2253-1 denominada derivada a CT M. Figueroa, de 231 metros de lonxitude en condutores tipo LA-30 e LA-56 (treito aéreo) e RHV 12/20 kV 3 (1×95 mm2 Al) (treito soterrado), consistente en:

• Desconexión e desmontaxe do treito aéreo de 156 m de lonxitude en condutores tipo LA-30 e LA-56 comprendido entre un punto situado a 60,6 m de distancia do apoio núm. 77-37 e o apoio núm. 77-37-3. Retirada dos apoios núm. 77-37-1, núm. 77-37-2 e 77-37-3 e desconexión e desmontaxe dos elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados no apoio núm. 77-37-1 e do paso aéreo-soterrado (PA/S) actualmente instalado no apoio núm. 77-37-3.

• Desconexión e desmontaxe do treito soterrado de 15 metros de lonxitude comprendido entre o paso aéreo-soterrado (PA/S) anterior e a cela de liña do CT M. Figueroa por desmantelar.

• Instalación, a cabalo das parcelas con referencia catastral 15069A501004310000OX e 15069A501004320000OI, a 60,6 m de distancia respecto do apoio núm. 77-37 existente, dun novo apoio metálico tipo FL-C-2000/12-H35-CAIII, en que se proxecta a instalación de novos elementos de protección e manobra tipo XS e dun paso aéreo-soterrado (PA/S) dotado de pararraios autoválvulas. Este novo apoio identifícase como apoio Proxectado 1 e terá a condición de frecuentado.

Instalación, na parcela con referencia catastral 15069A501004360000OZ sita no lugar de Pazos de Arriba, dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 250 kVA de potencia, relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres saídas (unha de reserva).

Nova LMT soterrada, a 20 kV, de 213 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×150 mm2 Al), con orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) por instalar no novo apoio identificado como Proxectado 1 e remate en cela de liña do novo CT proxectado.

Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) existente actualmente alimentada polo CT M. Figueroa (expedientes 11.220 e IN407A 2016/520-1/matrícula 15CCC4) que se vai desmantelar, mediante a instalación de tres circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) de 1.001 metros de lonxitude total en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4 (1×240 mm2 Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate nos acoplamentos (6) coa rede aérea de baixa tensión existente por realizar nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados en apoios de formigón existentes e o reforzo do treito aéreo (RBTA) de 118 metros de lonxitude en condutor tipo RZ 3 (1×50/54,6 mm2 Al/Alm) comprendido entre o apoio de formigón tipo HV-400/9 existente e o apoio de formigón tipo HV-630/9 proxectado, instalándose novo condutor tipo RZ 3 (1×95/54,6 mm2 Al/Alm).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de derei-tos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 7 de marzo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

LMT, CT e RBT Pazos de Arriba (Ponteceso)

Parcela

proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica)

LMT soterrada (servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Herdeiros de Manuel Castro Puñal

15069A501004130000OY

Seixo

112,31

Rústico. Agrario

2

Herdeiros de María Nieves Pose Carneiro

15069A501004310000OX

Camposa

Novo apoio Proxectado 1 (PA/S) (½)

1

2,62

3,94

Rústico. Agrario

4

Aurora Sánchez Varela

15069A501004360000OZ

Camposa

CT e acceso

15,73

Rústico. Agrario