DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2024 Páx. 22255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 7 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Boiro (expediente IN407A 2023/442-1).

Expediente: IN407A 2023/442-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT lugar da Igrexa.

Concello: Boiro.

1. Características técnicas:

Modificación do CT non prefabricado tipo pombal Moimenta (expedientes 3.602 e IN407A 2016/1015-1/matrícula 15CIN2), pertencente á arquitectura da liña BOI-806, rural fin de liña, de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e cadro de baixa tensión con cinco saídas, consistente na substitución das actuais celas de media tensión en configuración 1L+1P por un novo conxunto compacto en configuración 2L+1P e na adecuación da aparellaxe de media e baixa tensión existente.

Modificación do treito aéreo da LMT BOI-806 rexistrado no expediente IN407A 2016/2090-1, de 602 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, denominado derivada ao CT Moimenta, consistente na substitución dos elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados no apoio nº 48 (matrícula 9N8KM1K1) metálico tipo celosía por novos elementos tipo SXS e a retirada dos elementos de protección e manobra tipo SXS actualmente instalados no apoio nº 48-4 (matrícula 9NJ8SAEF) de formigón tipo HVH, anterior ao CT.

Instalación, na parcela con referencia catastral 15011B501006540000GX, sita no lugar da Igrexa, a 4,5 metros de eixe viario municipal en cumprimento do requirido polo concello, dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres saídas (unha de reserva).

Nova LMT soterrada, a 20 kV, de 675 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×150 mm2 Al), con orixe en cela de liña telecontrolada do CT Moimenta modificado e remate en cela de liña do novo CT proxectado.

Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) existente actualmente alimentada polo CT Moimenta (expedientes 3.602 e IN407A 2016/1015-1/matrícula 15CIN2) que resulta parcialmente descargado, mediante a instalación de dous circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) de 834 metros de lonxitude total en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4 (1×240 mm2 Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate nos acoplamentos coa rede aérea de baixa tensión existente por realizar nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados en apoios de formigón tipo HV-630/11 e HV-250/9 existentes, o reforzo de varios treitos aéreos (RBTA) que suman 189 metros de lonxitude en condutores tipo RZ 3 (1×25/54,6 mm2 Al/Alm) e RZ 3 (1×50/54,6 mm2 Al/Alm) nos cales se instalará novo condutor tipo RZ 3 (1×95/54,6 mm2 Al/Alm) e a retirada do auto transformador de tensión actualmente instalado nun apoio de formigón tipo HV-250/9 que alimenta as acometidas do campo de golf e da igrexa parroquial de Macenda.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 7 de marzo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

LMT, CT e RBT lugar da Igrexa (Boiro)

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(CT e/ou apoios)

LMT soterrada (servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecido

15011B501006540000GX

Agro de Abaixo

CT e acceso

22,54

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño