DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2024 Páx. 22259

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 7 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2024/024-1).

Expediente: IN407A 2024/024-1.

Solicitante/promotora: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.U.

Denominación: LMT interconexión Xesta-Toural e novo CS Navallos.

Concello: A Laracha.

1. Características técnicas:

Modificación do apoio nº 49-25 da LMT aérea derivada a interconexión LP2 (expediente IN407A 2002/104-1) de formigón tipo HV-1000/13, consistente na instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) e dun paso soterrado-aéreo (PS/A) dotados de cadanseus xogos de pararraios autoválvulas.

Instalación dun novo centro de seccionamento (CS) prefabricado de formigón, de manobra interior, cunha configuración de celas 3L+1SSAA (transformador de servizos auxiliares) con illamento e corte en SF6, dotado do seu correspondente conxunto de dispositivos de protección e manobra, que se situará na parcela con referencia catastral 15042A102001210000RI sita no lugar de Navallos (Soandres).

Nova liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV (tensión de servizo 15 kV), de 2×26 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm² Al), coa orixe no novo paso aéreo-soterrado (PA/S) para instalar no apoio nº 49-25 e remate no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado no mesmo apoio, tras entrar e saír no novo CS Navallos.

Nova liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV (tensión de servizo 15 kV), de 1.274 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm² Al), con orixe en cela de liña do CS Navallos proxectado e remate en cela de liña do CT Baiuca-Soandres (expediente IN407A 2024/17-1).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de trinta días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 7 de marzo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

LMT interconexión Xesta-Toural e novo CS Navallos (A Laracha).

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Natureza do terreo

Lugar

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Afección pleno dominio

(centro de seccionamento)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

Superficie edificio (m2)

Beirarrúa

(m2)

Acceso

(m2)

1

Herdeiros de Julio

Naveira Montero

15042A102001210000RI

Pradaría

Navallos

8

15

32