DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2024 Páx. 22266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 12 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Coristanco (expediente IN407A 2023/443-1).

Expediente: IN407A 2023/443-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación CT Cerqueiras 15CCS1 e adecuación LMT.

Concello: Coristanco.

1. Características técnicas:

Desconexión e desmontaxe (peche e desmantelamento) do CT non prefabricado tipo caseta alta Cerqueiras (expediente 50.148/matrícula 15CCS1) de 100 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, pertencente á arquitectura da liña CBL-707B e de toda a súa aparellaxe de media e baixa tensión.

Modificación do treito da LMT CBL-707B autorizado no expediente 50.148, de 161,6 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, consistente en:

• Instalación, sen alterar a traza da LMT CBL-707B, na parcela con referencia catastral 3204908NH2830S0001FU, intercalado entre os apoios nº 45-21 e nº 45-22 existentes, a 63,6 metros de distancia respecto do apoio nº 45-21 metálico tipo AL-AM-C-2000/14-H35-CAIII, dun novo apoio metálico tipo FL-C-2000/14-H35-CA-XS en que se proxecta a instalación de novos elementos de protección e manobra tipo XS e dun paso aéreo-soterrado (PA/S) dotado de pararraios autoválvulas e que terá a condición de apoio frecuentado.

• Desconexión e desmontaxe do treito aéreo de 98 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30 comprendido entre o novo apoio metálico anterior e o CT Cerqueiras para desmantelar, o que implicará a retirada dos apoios de formigón nº 45-22 (matrícula 9WM2G5S5) e nº 45-23 (matrícula 9WLM8PS/apoio anterior ao CT Cerqueiras para desmantelar).

• Instalación, na parcela con referencia catastral 3204906NH2830S0001LU sita no lugar de Cerqueiras de Abaixo, dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres saídas (unha de reserva).

• Nova LMT soterrada, a 15 kV, de 26 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm² Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) para instalar no novo apoio intercalado entre os apoios nº 45-21 e nº 45-22 e remate en cela de liña do novo CT proxectado.

• Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) existente actualmente alimentada polo CT Cerqueiras (expediente 50.148/matrícula 15CCS1) para desmantelar, mediante a instalación de dous circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) de 134 metros de lonxitude total en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4 (1×240 mm2 Al), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate nos acoplamentos coa rede aérea de baixa tensión existente para realizar nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados no apoio de formigón existente e o reforzo do treito aéreo (RBTA) de 61 metros de lonxitude en que se substituirá o condutor existente por novos condutores tipo RZ 3(1×25/54,6 mm2 Al/Alm), RZ 3(1×95/54,6 mm2 Al/Alm) e RZ 3(1×150/80 mm2 Al/Alm).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 12 de marzo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Regulamentación CT Cerqueiras 15CCS1 e adecuación LMT (Coristanco).

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (CT
e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

José Pérez Recarey

3204906NH2830S0001LU

Cerqueiras de Abaixo

CT e acceso

34,53

Urbano. Solo sen edificar

2

Carmen Martínez

López

3204908NH2830S0001FU

Cerqueiras de Abaixo

Novo apoio

(PA/S-XS)

2

3

7

Urbano. Solo sen edificar